Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «...cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio notifícaselle á persoa sinalada no anexo a resolución desta dirección territorial, do 15.9.2025, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A.
A citada resolución corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA CDR806 entre os apoios 34-7-6 e 34-7-17, no concello de Cedeira (expediente IN407A 2023/416-1).
O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 17 de outubro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Regulamentación LMTA CDR-806 entre os apoios 34-7-6 e 34-7-17
Relación de bens e dereitos afectados-concello de Cedeira
|
Parcela proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio |
LMT aérea-voo (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza |
||
|
CT/núm. do apoio |
Superficie (m²) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m²) |
|||||
|
7 |
María Belén Rodríguez Fernández |
15022A501012160000UU |
Ervellás |
Novo apoio nº 34-7-17 |
2 |
Urbano. Labor ou labradío de secaño |
||
