DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 4 de novembro de 2025 Páx. 57134

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2025/178-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMT, CT A Porteliña e substitución do CS 36CKM1.

Situación: Mos.

Características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1-20L 12/20 kV 3×(1×150), de 479 metros de lonxitude, con orixe no centro de seccionamento proxectado e final no centro de transformación proxectado.

– Centro de transformación compacto de 100 kVA, con relación de transformación 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36033A050002770000SW, no Camiño das Urces, Petelos, número 25.

– Centro de seccionamento (CS) telecontrolado con celas compactas e corte en SF6 (4L) situado nun terreo municipal xunto ao colexio CEIP Petelos, no Camiño das Pozas, Petelos, número 21, que substitúe o CS 36CKM1.

– A instalación está situada na Porteliña, parroquia de Petelos (San Mamede), no concello de Mos (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto está á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 14 de outubro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Núm. expediente: IN407A 2025/178-4.

Denominación: LMT, CT A Porteliña e substitución do CS 36CKM1.

Concello: Mos.

Núm.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

Pleno dominio (m2)

CT

Servidume

ml sub.

m2 sub.

1

A Porteliña

Rústico. Agrario. Labor ou labradío secaño

36033A050002770000SW

Descoñecido

19,46

-

-