DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 4 de novembro de 2025 Páx. 57186

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

ANUNCIO do 14 de outubro de 2025 polo que se convoca proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal.

A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne convoca o proceso selectivo REF. PER.-2025/06 para a contratación de persoal laboral temporal polo procedemento de concurso de méritos.

As bases das convocatorias e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web (www.ceteca.net) e no taboleiro de anuncios da Fundación, no Parque Tecnolóxico de Galicia, avenida de Galicia, nº 4, 32900 San Cibrao das Viñas (Ourense).

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

San Cibrao das Viñas, 14 de outubro de 2025

Miguel Fernández Rodríguez
Director xerente da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne