No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 248, do 28 de outubro de 2025, publicáronse integramente as bases do proceso de provisión dunha praza de auxiliar administrativo para o organismo autónomo Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme, dependente do Concello de Sarria, incluída na oferta de emprego público do ano 2025, con persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición en quenda libre.
De conformidade co previsto nas referidas bases o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica do organismo autónomo: https://residenciamaioresnosasradocarme.sedelectronica.gal
Sarria, 28 de outubro de 2025
Claudio Melquiades Garrido Martínez
Alcalde
