DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 4 de novembro de 2025 Páx. 57184

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de información pública da proposta de convenio urbanístico para a execución do planeamento referido á execución da rede de saneamento común aos sectores SU-1 e SU-8 e a súa conexión á rede pública municipal.

Con data do 3 de outubro de 2025, o Concello de Sanxenxo, a Xunta de Compensación do SU-1 e a Xunta de Compensación do SU-8 do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo (PXOM) subscribiron un convenio urbanístico coa finalidade de definir, concretar e coordinar as actuacións que se van levar a cabo para executar a rede de saneamento común aos sectores SU-1 e SU-8 ata a súa conexión coa rede pública municipal que discorre pola estrada PO-308.

De conformidade co establecido no artigo 168 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, exponse o expediente a información pública polo prazo mínimo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG)e nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia.

Durante o devandito prazo, o texto inicial do convenio urbanístico poderá ser examinado por calquera persoa interesada nas dependencias municipais do Servizo de Urbanismo, das 9.00 ás 14.00 horas, cita previa no teléfono 986 72 00 75, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará ao dispor das persoas interesadas na sede electrónica deste concello (http://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal).

Sanxenxo, 7 de outubro de 2025

Paula Martínez Santos
Alcaldesa accidental