De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que as persoas titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidas ou ben non foi posible efectuar a notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
|
Nº de expediente |
Ref. catastral |
Titular |
|
481/2025 |
2155109PH1725N0001TP |
33763572D |
|
479/2025 |
2151901PH1725S0001FK |
33600709D |
|
422/2025 |
2355617PH1725N |
33319798C |
|
414/2025 |
2155101PH1725N0001WP |
33602361M |
|
411/2025 |
2253810PH1725S0001BK |
02469372T 50290893J 00102484L 50268784F |
|
410/2025 |
2255229PH1725N0001SP |
33606040G |
|
405/2025 |
1654908PH1715S0001HF |
33583436D |
|
400/2025 |
1356708PH1715N |
E27393974 |
|
364/2025 |
2453901PH1725S |
33809290A |
|
174/2025 |
1154913PH1715S0001TF |
Emilio Cabana Rey |
|
626/2024 |
1154905PH1715S0000TD |
33606049J |
As persoas titulares responsables dispoñen dun prazo de quince (15) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), para cumprir coas obrigas de xestión de biomasa indicadas.
Advírteselles ás persoas responsables da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas que se non realizan as actuacións indicadas voluntariamente no prazo conferido para o efecto o Concello procederá, previos os trámites pertinentes, á súa execución subsidiaria e á liquidación das cantidades que correspondan polos traballos efectuados ao inicio do correspondente procedemento sancionador.
Ponse á disposición das persoas interesadas o contido íntegro da notificación e o expediente completo para consulta nas oficinas do Concello de Rábade, sitas na Praza do 28 de maio, s/n, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.
Rábade, 13 de outubro de 2025
María Remedios González Cabarcos
Alcaldesa
