En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:
Solicitante: Paula Morrazo Parada.
DNI: ***7240**.
Expediente: DH.W15.111388.
Lugar: Ledoño.
Parroquia: Ledoño.
Concello: Culleredo (A Coruña).
Descrición das actuacións:
As obras solicitadas consisten na execución das obras reflectidas no proxecto de remodelación topográfica dun conxunto de parcelas para o aproveitamento agrícola e mellora no mecanizado: núm. 147, 148, 155 e 366, no polígono 47.
A documentación pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, 15008 A Coruña.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 10 de outubro de 2025
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte
