DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 4 de novembro de 2025 Páx. 57164

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 3 de outubro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Lalín (expediente DH.A36.105437).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Alfonso Iglesias Ferradas.

DNI: ***0521**.

Expediente: DH.A36.105437.

Volume total anual: 4.159,25 m³/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,5 l/s.

Destino: rega.

Orixe: manancial.

Lugar: Fontecabalos.

Parroquia: Sello (Santiago).

Concello: Lalín.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación dun manancial situado na parcela núm. 249 do polígono 54, e a súa condución mediante sucos en dirección norte-sur, duns 20 cm de fondo e 30 cm de largo, mediante gravidade, ata a parcela núm. 154, onde se utiliza para regar.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2025

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica
Galicia Centro