En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: María Saleta Galego Sixto.
DNI: ***9180**.
Expediente: DH.A36.88352.
Volume total anual: 2.340 m³/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,27 l/s.
Destino: rega.
Orixes:
a) x=576222, y=4735938 (fuso 29 ETRS89).
b) x=576227, y=4735935.
c) x=576223, y=4735929.
d) x=576162, y=4735835.
Lugar: As Penas.
Parroquia: Santa Comba (San Xoán).
Concello: Agolada.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación de tres mananciais na parcela 36020C502000720000TY e un manancial na parcela 36020C505005230000TK para a rega por gravidade das parcelas 36020C505005220000TO, 36020C505005230000TK e 36020C505005250000TD.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 881 99 90 97.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2025
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica
Galicia Centro
