DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 5 de novembro de 2025 Páx. 57317

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 21 de outubro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal de Pepín (ampliación), no concello de Castrelo do Val.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, na sesión do 6 de outubro de 2025, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Nome do monte: Comunal de Pepín (ampliación).

Superficie: 1,51 ha.

Pertenza: CMVMC de Pepín.

Parroquia: Pepín (San Vicente).

Concello: Castrelo do Val.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Predio único:

Os terreos incluídos neste predio conforman un couto redondo cun dos predios xa clasificados do MVMC Comunal de Pepín.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Estremas

Referencia catastral

32022A02300578 (parte)

32022A02309013 (parte)

Norte

32022A02300491

32022A02300490

32022A02300578 (resto)

32022A02300502

32022A02300503

32022A02309013 (resto)

Leste

32022A02300597

Sur

32022A02300597

32022A02309001

32022A02300500

32022A02300499

32022A02300498

32022A02300497

32022A02300496

Oeste

32022A02300496

32022A02300492

32022A02300491

O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunos, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 21 de outubro de 2025

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense