DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 5 de novembro de 2025 Páx. 57315

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 21 de outubro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Vello, Coto, Cancelos, San Pedro, Abrigueiros e Carpazal (ampliación), no concello de Calvos de Randín.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 6 de outubro de 2025, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que deseguido se relacionan:

Nome do monte: Vello, Coto, Cancelos, San Pedro, Abrigueiros e Carpazal (ampliación).

Superficie: 1,88 ha.

Pertenza: CMVMC da Parroquia de Castelaus.

Parroquia: Castelaus (San Martiño).

Concello: Calvos de Randín.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Predio único:

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Linderos

Referencia catastral

32017A00100885 (parte)

32063A08600468 (parte)

Norte

32063A08600468 (resto)

Leste

32063A08600468 (resto)

32017A00100885 (resto)

32017A00100370

32017A00100369

Sur

32017A00100369

32017A00109007

Oeste

32017A00109007

32017A00100885 (resto)

32063A08600468 (resto)

O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que xulguen convenientes así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 21 de outubro de 2025

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense