En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 6 de outubro de 2025, adoptou a seguinte resolución:
Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Puzal, Castro, Costa e Serra, no concello de Celanova, resultan os seguintes feitos:
Primeiro. Con data do 24 de xullo de 2023 tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Manuel González Moreiro, no cal solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Puzal, Castro, Costa e Serra.
Segundo. Con data do 17 de febreiro de 2025, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designa instrutor e realiza as comunicacións e publicacións ás cales fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abre un período dun mes para efectuar as alegacións.
Terceiro. No prazo concedido para efectuar as alegacións non consta que se presentase ningunha.
Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:
Nome do monte: Puzal, Castro, Costa e Serra.
Superficie: 13,2 ha.
Pertenza: veciños/as do lugar de Piñeiro.
Parroquia: Castromao (Sta. María).
Concello: Celanova.
Descrición dos predios que constitúen o monte:
Predio 1 (monte Puzal):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
32025A04800282 |
Norte |
32025A04800281 |
|
Leste |
32025A04800536 32025A04800533 32025A04800534 32025A04800535 |
|
|
Sur |
32025A04800574 |
|
|
Oeste |
32025A04809009 |
|
Parcela poboada por piñeiro bravo (Pinus pinaster, sp.) en estado bastío-fuste.
Lindeiros:
Norte, parcela Puzal clasificada para a CMVMC A Gandarela, Canavelas, A Ferrería, A Buratiña e O Pazo.
Oeste, camiño que o separa do monte dos veciños de Castromao en trámite de clasificación.
Leste e sur, propiedades particulares.
Predio 2 (monte Castro de Castromao):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
32025A51005701 |
Norte |
32025A04809007 32025A51005019 32025A51009008 32025A51005033 |
|
Leste |
32025A51005039 32025A51005044 |
|
|
Sur |
32025A51009004 |
|
|
Oeste |
32025A04809007 |
|
Parcela con mestura de carballo e piñeiro bravo con zonas sen vexetación arbórea no contorno do asentamento castrexo de Castromao.
Lindeiros:
Norte, leste e oeste con predios particulares.
Sur, camiño que o separa do monte dos veciños de Castromao en trámite de clasificación.
Predio 3 (monte Costa):
Predio situado no contorno de instalacións públicas do concello de Celanova. Está atravesado pola vía de comunicación OU-0209 (Celanova-Leirado). Na parcela 5563 do polígono 510 ubícase un heliporto que habitualmente usan os servizos de emerxencia. E tamén estivo o lixeiro do concello agora clausurado.
Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, conectadas por varios camiños.
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
32025A50805563 32025A06500003 32025A06500015 32025A06500096 32025A06500002 32025A06500097 32025A06500001 |
Norte |
32025A50805553 32025A50805556 32025A50805557 32025A50805558 32025A50805559 32025A50805560 32025A50809014 32025A06509003 |
|
Leste |
6180101NG8658S 6180135NG8658S 6180134NG8658S |
|
|
Sur |
32025A06500016 32025A06500009 32025A06500007 32025A06500114 32025A06500056 32025A06509004 |
|
|
Oeste |
32025A06509003 32025A06709005 32025A06509004 |
|
Lindeiros:
Destacables polo sur o complexo do tanatorio municipal e polo oeste, separado por un camiño, a parcela 26 do polígono 66 que está en trámite de clasificación para os veciños de Castromao.
Predio 4 (monte Serra): couto redondo.
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
32025A04400182 (parte) 32025A04400254 00100300NG86H (parte) |
Norte |
00100300NG86H (parte) 32025A4409003 32025A04400198 32025A04400182 (parte) |
|
Leste |
32025A4309003 |
|
|
Sur |
32025A4309003 |
|
|
Oeste |
32025A04400233 32025A04400232 32025A04400220 32025A04400221 32025A04400219 32025A4409003 |
|
Este predio presenta pouco arborado, menos dun terzo do total da superficie.
É de resaltar na parcela 32025A04400254 as instalacións do Servizo de Incendios da Consellería do Medio Rural (aprox. 5.000 m2) realizadas despois da concesión do terreo polo Concello de Celanova.
Na mesma parcela tamén se poden apreciar restos dunha plantación de especies do xénero Sambucus realizada por un particular no ano 2015. O terreo foi cedido polo Concello.
A parcela 32025A04400182 (parte) non ten vexetación, foi decapada e forma parte do contorno do campo de fútbol (parcela 00100300NG86H) que comparte coa CMVMC A Gandarela, Canavelas, A Ferrería, A Buratiña, O Pazo.
Fundamentos de dereito:
Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».
Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.
Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común acreditarase mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.
En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, que establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial por unanimidade dos seus membros,
RESOLVE:
Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Puzal, Castro, Costa e Serra, no concello de Celanova.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Ourense, 20 de outubro de 2025
José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense
