DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 5 de novembro de 2025 Páx. 57258

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 27 de outubro de 2025, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo derivada do proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia correspondente á Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, e clasificación na escala técnica de facultativos, especialidade traballo social.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo derivada do proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia correspondente á Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, e clasificación na escala técnica de facultativos, especialidade traballo social, xustifícase pola necesidade de dar cumprimento á Sentenza 783/2023, ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o 2 de novembro de 2023 en relación co procedemento ordinario PO 307/2022.

O importe dos complementos específicos non inclúe o incremento retributivo publicado o 2 de xullo de 2025 pola Orde PJC/681/2025, do 1 de xullo, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros, do 1 de xullo de 2025, polo que se aproba o incremento do 0,5 por cento das retribucións do persoal ao servizo do sector público, previsto no artigo 6.2 da Real decreto lei 4/2024, do 26 de xuño, polo que se prorrogan determinadas medidas para afrontar as consecuencias económicas e sociais derivadas dos conflitos en Ucraína e Oriente Próximo, e se adoptan medidas urxentes en materia fiscal, enerxética e social.

En consecuencia, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 27 de outubro de 2025, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo derivada do proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia correspondente á Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, e clasificación na escala técnica de facultativos, especialidade traballo social, aprobada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 17 de febreiro de 2022 (DOG núm. 36, do 22 de febreiro); (correccións de erros DOG núms. 53, do 17 de marzo de 2022, e 163, do 29 de agosto de 2023), nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 27 de outubro de 2025, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo derivada do proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia correspondente á Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, e clasificación na escala técnica de facultativos, especialidade traballo social, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda, do 8 de xaneiro de 2020, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

missing image file