DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 5 de novembro de 2025 Páx. 57261

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de outubro de 2025, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo do Instituto Galego da Vivenda e Solo, xustifícase polos cambios introducidos na súa estrutura orgánica polo Decreto 143/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo, así como polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

Esta modificación é unha modificación parcial que contén cambios de diversa natureza, pero que, por razóns de eficacia e operatividade, se estima máis axeitada unha publicación completa, e non parcial desta, de tal xeito que nesta publicación figuran postos cuxas clasificacións e características foron aprobadas polo Consello da Xunta en modificacións anteriores.

O importe dos complementos específicos non inclúe o incremento retributivo publicado o 2 de xullo de 2025 por Orde PJC/681/2025, do 1 de xullo, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros do 1 de xullo de 2025, polo que se aproba o incremento do 0,5 por cento das retribucións do persoal ao servizo do sector público previsto no artigo 6.2 do Real decreto lei 4/2024, do 26 de xuño, polo que se prorrogan determinadas medidas para afrontar as consecuencias económicas e sociais derivadas dos conflitos en Ucraína e Oriente Próximo e se adoptan medidas urxentes en materia fiscal, enerxética e social.

En consecuencia, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 27 de outubro de 2025, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo do Instituto Galego da Vivenda e Solo nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 27 de outubro de 2025, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo do Instituto Galego da Vivenda e Solo, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file