DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 5 de novembro de 2025 Páx. 57273

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro do disposto na Orde do 26 de decembro de 2024 pola que se modifica parcialmente a Orde do 13 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2023-2025 e se procede á primeira convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o financiamento de accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para o exercicio 2023, e se efectúa a terceira convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o financiamento de accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para o exercicio 2025 (código de procedemento TR301P).

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño), dispón no seu artigo 15.1, relativo á publicidade das subvencións concedidas, que os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a contía concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

A Orde do 13 de xuño de 2023 (DOG núm. 113, do 13 de xuño), en diante orde de bases, estableceu as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerán, no período 2023-2025 e no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as convocatorias públicas de subvención das accións formativas para o emprego en unidades formativas nas empresas e con compromiso de contratación (procedemento TR301P).

A finalidade da orde de bases consiste no financiamento de programas de formación con compromiso de contratación destinados á cualificación profesional das persoas traballadoras desempregadas, dirixidos á adquisición e mellora das competencias profesionais necesarias para o desempeño dos postos de traballo obxecto da contratación.

Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, e as agrupacións temporais de empresas que presenten unha solicitude conxunta, mediante un convenio que acredite a correspondente agrupación, que adquiran, no marco da actividade subvencionada, o compromiso de contratación das persoas traballadoras a que se refire esta orde.

Asi mesmo, poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións as empresas que sexan entidades de formación e que sexan titulares de centros ou entidades de formación inscritos para impartiren formación profesional para o emprego no ámbito laboral da Comunidade Autónoma de Galicia naquelas especialidades formativas para as cales soliciten subvención.

O 24 de xaneiro de 2025 publicouse no DOG a Orde do 26 de decembro de 2024 pola que se modifica parcialmente a Orde do 13 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2023-2025 e se procede á primeira convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o financiamento de accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para o exercicio 2023, e se efectúa a terceira convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o financiamento de accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para o exercicio 2025.

Destinouse a esta terceira convocatoria, correspondente á anualidade 2025, un crédito por importe total de oito millóns de euros (8.000.000,00 €), que se imputarán con cargo ás aplicacións orzamentarias que a seguir se relacionan, ou a aquelas que as substitúan de conformidade coa normativa orzamentaria aplicable, con código de proxecto 2013 00545. Estas aplicacións están financiadas con fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal.

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2025

14.03.323A.471.0

6.000.000,00 €

14.03.323A.481.0

2.000.000,00 €

Total

8.000.000,00 €

A relación de subvencións concedidas e empresas beneficiarias, ordenadas por código de expediente, publícase como anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2025

Zeltia Lado Lago
Directora xeral de Formación e Cualificación
para o Emprego

ANEXO

Expediente

Empresa

NIF

Aplicación orzamentaria

Subvención
concedida

TR301P-2025/000001-0

Stellantis España, S.L.

B50629187

14.03.323A.471.0

1.067.040,00 €

TR301P-2025/000002-0

Academia de Enseñanza Newton Vilalba, S.L.U.

B27358209

14.03.323A.471.0

106.835,40 €

TR301P-2025/000003-0

Cooperativas Orensanas, S. Coop. Ltda.-Coren

F32001976

14.03.323A.471.0

541.852,20 €

TR301P-2025/000004-0

Uro Vehículos Especiales, S.A.

A15047863

14.03.323A.471.0

86.970,00 €

TR301P-2025/000006-0

Novafrigsa, S.A.U.

A27199140

14.03.323A.471.0

143.846,10 €

TR301P-2025/000007-0

Forma-T 2011, S.L.U.

B27422302

14.03.323A.471.0

260.944,20 €

TR301P-2025/000008-0

Industrias Frigoríficas del Louro, S.A.

A36001998

14.03.323A.471.0

170.521,20 €

TR301P-2025/000010-0

Uro Vehículos Especiales, S.A.

A15047863

14.03.323A.471.0

124.020,00 €

TR301P-2025/000011-0

Sistemas de Seguridade A-1, S.L.

B15259765

14.03.323A.471.0

8.721,90 €

TR301P-2025/000012-0

Industrias Guerra, S.A.

A36018026

14.03.323A.471.0

37.417,80 €

TR301P-2025/000014-0

Soldega Formación, S.L.

B27431493

14.03.323A.471.0

177.120,00 €

TR301P-2025/000016-0

Hijos de Carlos Albo, S.L.U.

B27737022

14.03.323A.471.0

43.788,00 €

TR301P-2025/000017-0

Stellantis España, S.L.

B50629187

14.03.323A.471.0

842.400,00 €

TR301P-2025/000018-0

Deloitte Engineering Center, S.L.U.

B16436081

14.03.323A.471.0

25.605,30 €

TR301P-2025/000019-0

Quattro Formación Bueu, Sociedad Limitada

B02754620

14.03.323A.471.0

38.385,00 €

TR301P-2025/000020-0

Uro Vehículos Especiales, S.A.

A15047863

14.03.323A.471.0

70.980,00 €

TR301P-2025/000022-0

Lucus Market, S.L

B15735616

14.03.323A.471.0

36.697,02 €

TR301P-2025/000023-0

Escuela Naval Gallega, S.L.

B16401804

14.03.323A.471.0

177.280,20 €

TR301P-2025/000026-0

Inturasa-Pérez Rumbao, S.A.

A36122174

14.03.323A.471.0

33.615,60 €

TR301P-2025/000027-0

Coper, S.A.

A32105470

14.03.323A.471.0

52.260,00 €

TR301P-2025/000029-0

Asociación Provincial Talleres Reparación Vehículos Ourense (Atave)

G32005837

14.03.323A.481.0

30.810,00 €

TR301P-2025/000030-0

Carpintería Metálica Alumán, S.L.

B15042286

14.03.323A.471.0

12.640,80 €