DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 5 de novembro de 2025 Páx. 57276

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2025 pola que se anuncia o acordo do Pleno de publicación de dous informes.

De conformidade co disposto no artigo 19 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia anúnciase a aprobación e publicación polo Pleno, con data do 16 de outubro de 2025, dos Informes de Diagnóstico sobre a implantación dos sistemas de control interno e de xestión de riscos nas entidades dependentes do Sergas [1642017-06] e o Informe de avaliación da xestión de riscos na área de subvencións na administración xeral. Exercicio 2024 [1612020-03].

Enlace para acceder ao texto completo do informe:

https://www.ccontasgalicia.es/gl/menus-consello/corrupcion/actuacions

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2025

Juan Carlos Aladro Fernández
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia