DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 5 de novembro de 2025 Páx. 57277

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de varias escalas e especialidades do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, e da agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a Resolución do 8 de xullo de 2025 (DOG núm. 135, do 16 de xullo), a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou un concurso ordinario para a provisión de varias escalas e especialidades do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, e da agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

A base VIII da convocatoria establece que «rematados os prazos de presentación das solicitudes de participación no concurso, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal ditará resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia, na cal se declararán aprobadas as listas de persoas admitidas e excluídas con indicación do lugar en que estarán á disposición das persoas interesadas».

En consecuencia, esta dirección xeral, logo de examinar as solicitudes das persoas participantes,

RESOLVE:

Aprobar a relación provisional de persoas solicitantes admitidas e excluídas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de varias escalas e especialidades do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, e da agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia, https://www.xunta.gal/funcion-publica, na epígrafe de <concurso de traslados>.

A listaxe de persoas solicitantes excluídas figura como anexo desta resolución.

As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para, de ser o caso, poder emendar o defecto que motivou a exclusión. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions e deberá cubrirse e presentarse electrónicamente.

Aquelas persoas que non figuren na relación de admitidas nin na de excluídas e solicitasen participar no concurso disporán de igual prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formular a súa reclamación.

A estimación ou desestimación das peticións de emenda ou reclamacións entenderanse implícitas na resolución pola cal se publique a listaxe definitiva.

As persoas solicitantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos motivo de exclusión serán definitivamente excluídas.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2025

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Motivo da exclusión

Astrar

Martínez

Laura

***2287**

12

Barreira

Bascoy

Manuel

***3319**

12

Basalo

Antelo

María del Carmen

***3215**

57, 84

Brandariz

Iglesias

Begoña

***8991**

13, 118

Calvo

Fernández

Manuel

***6709**

73

Casal

Rodríguez

Ana

***9357**

12

Cividanes

Gómez

Francisco

***9422**

73

Conde

Seguín

María José

***7169**

57, 84

Da Silva

Vecino

Jonatan

***6854**

12

Díaz

Valcarce

Inés

***1648**

4, 11, 12

Esmorís

Ferreiro

María Raquel

***7850**

12

Feijoo

Álvarez

Beatriz

***8604**

57, 84

Fernández

Collazo

María del Pilar

***5092**

57, 84

Fernández

Estévez

Jesús

***4852**

57, 84

Freire

Pol

Ana María

***1348**

118

Fuentes

Girgado

Julia

***3184**

12

García

Montes

María Purificación

***1067**

12

Gómez

Meitín

Luisa

***9242**

4

Lago

Martínez

Juan Carlos

***1584**

118

Lamas

Fariñas

María del Carmen

***2671**

12

Liñares

Rodríguez

Lucía

***6479**

12

Longa

Portabales

María Belén

***0889**

12

López

López

María Carmen

***5621**

12

Martínez

Bao

Josefa

***7399**

12

Martínez

Díaz

Beatriz

***1518**

4

Méndez

Vila

María Carmen

***9479**

57, 84

Novoa

Abalde

Beatriz

***3769**

12

Noya

Otero

María Carmen

***7305**

57, 84

Outeiral

Romero

Luis Alberto

***6640**

118

Portela

Ferreira

María José

***9167**

13

Quiroga

Iglesias

Lidia

***8618**

12

Real

Bernárdez

Ana María

***4642**

12

Reboiras

Quintas

Lúa María

***1040**

12

Riveira

Baño

María Avelina

***5491**

73

Rodríguez

González

Adelina

***7614**

12

Rodríguez

Novoa

María Carmen

***5237**

12

Romero

Roel

Beatriz

***9404**

12

Saborido

Soñora

Samuel

***3228**

4

Segade

Cortegoso

Ana Belén

***2325**

12

Seijas

Fernández

María Olguita

***0798**

12

Silva

Andújar

María Dolores

***7265**

12

Tizón

Collazo

María Asunción

***8847**

12

Touza

Veiga

Graciela

***3469**

12

Vales

González

Natalia

***5076**

12

Vázquez

Iglesias

Ana María

***7030**

12

Vázquez

Meréns

Raúl

***5597**

4

Vinjoy

Suárez

Mercedes

***0950**

12

Relación das causas de exclusión

Código do motivo de exclusión

Descrición do motivo exclusión

04

Falta de nomeamento para o corpo/categoría desde o que concursa

11

Tipo de relación laboral non corresponde ao tipo de concurso

12

Corpo-escala ou categoría, relación de servizo ou tipo de Administración non corresponde ás do concurso

13

Non cumpre o tempo exixido no posto definitivo

57

Funcionarios de novo ingreso sen destino definitivo

73

Non achega copia da solicitude do condicionado

84

Nomeamento provisional no seu proceso selectivo

118

Non posúe 2 anos na categoría profesional equivalente á escala/especialidade de funcionarización