DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 5 de novembro de 2025 Páx. 57281

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2025 pola que se aproba e se fai pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes á realización do primeiro exercicio (proba de lingua galega) do proceso selectivo para cubrir unha praza na categoría profesional técnico/a superior de linguas modernas, perfil inglés, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 19 de maio de 2025 (DOG do 2 de xuño e BOE do 23 de xuño), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional técnico/a superior de linguas modernas, perfil inglés, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 26 de agosto de 2025 (DOG do 5 de setembro), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada lista definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar a persoa aspirante admitida que non está exenta deste exame para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (proba de lingua galega), o día 12 de decembro de 2025, ás 10.00 horas, na sala de xuntas do Servizo de Normalización Lingüística da USC, sita no edificio Vivendas de Funcionarios, na avenida das Ciencias, 7, 15782 Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mencionado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2025

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela