Mediante a Resolución reitoral do 22 de agosto de 2025 (DOG do 9 de setembro e BOE do 29 de setembro), convocáronse probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional de arquitecto/a pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.
Segundo. Indicar que a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. As persoas aspirantes excluídas, ou que non figuren na relación de admitidas, dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.
Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:
https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm
Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.
Sexto. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo. Estará composto polas seguintes persoas:
Tribunal titular:
Presidente:
– Rubén Camilo Lois González, catedrático de universidade da USC.
Vogais:
– Fernando María Tabernero Duque, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
– Martín Cacheiro Martínez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
– José Antonio Burés Liñares, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
Secretario:
– José Rodríguez Dopazo, funcionario de carreira da escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos da USC, que actuará con voz e voto.
Tribunal suplente:
Presidenta:
– Isabel González García, profesora contratada doutora da UPM.
Vogais:
– Juan Manuel Pintos Martínez, funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
– Alejandra Martínez Maquieira, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
– Rufino Vieira Lanero, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
Secretaria:
– Maruxa Casal Reyes, persoal directivo profesional da USC, que actuará con voz e voto.
Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2025
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
