De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución reitoral do 21 de decembro de 2023 (DOG do 11 de xaneiro de 2024), para o ingreso na escala administrativa, subgrupo C1, da Universidade de Santiago de Compostela (USC), pola quenda de acceso libre, e comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, de acordo co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar a proposta efectuada polo tribunal cualificador e nomear persoal funcionario de carreira da escala administrativa, subgrupo C1, da USC, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo. No anexo da resolución relaciónanse as persoas nomeadas e os destinos adxudicados.
Segundo. Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas ás cales se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse o día 17 de novembro de 2025.
No caso de que a persoa aspirante estea en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2025
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Adxudicación de destinos
|
Núm. orde |
DNI |
Apelidos e nome |
Código |
Denominación e unidade de adscrición do posto |
Subgrupo |
Nivel |
Quenda |
Campus |
Observacións |
|
1 |
***4847** |
Varela Díaz, Julián |
PF000366 |
Responsable administrativo. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Matemáticas. |
C1/C2 |
18 |
Mañá |
Compostela |
Departamento de Matemáticas |
|
2 |
***0504** |
Calvo Villar, Sonia |
PF000331 |
Responsable administrativo. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Dereito. |
C1/C2 |
18 |
Mañá |
Compostela |
Departamento de Dereito Público Especial e da Empresa / Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado |
|
3 |
***3962** |
Vázquez Gómez, Iván |
PF000370 |
Responsable administrativo. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría. |
C1/C2 |
18 |
Mañá |
Compostela |
Departamento de Enxeñaría Química |
|
4 |
***6540** |
Lojo Hermo, María Lorena |
PF000371 |
Responsable administrativo. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Química. |
C1/C2 |
18 |
Mañá |
Compostela |
Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía |
|
5 |
***4994** |
Chantada Adán, Raquel |
PF000360 |
Responsable administrativo. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Física. |
C1/C2 |
18 |
Mañá |
Compostela |
Departamento de Física de Partículas |
|
6 |
***5828** |
Lombán Pazos, Alicia |
PF000384 |
Responsable administrativo. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. |
C1/C2 |
18 |
Mañá |
Compostela |
Departamento de Economía Cuantitativa |
|
7 |
***3540** |
Boo Carril, Almudena |
PF000362 |
Responsable administrativo. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Xeografía e Historia. |
C1/C2 |
18 |
Mañá |
Compostela |
Departamento de Xeografía |
|
8 |
***8409** |
Espino Cid, Lúa |
PF000357 |
Responsable administrativo. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Ciencias da Educación. |
C1/C2 |
18 |
Mañá |
Compostela |
