DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 5 de novembro de 2025 Páx. 57288

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 28 de outubro de 2025 polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convoca concurso público para a contratación de persoal docente.

De acordo co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo) en diante LOSU, no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, e polo establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro (DOG do 22 de febreiro), da Xunta de Galicia, este reitorado, en uso das competencias recoñecidas pola LOSU, resolve anunciar a convocatoria do seguinte concurso público:

Referencia: LA2502.

Categoría: listaxes de profesorado substituto.

Número de listaxes: 4.

A información completa pode consultarse na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/), así como na páxina electrónica https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index, filtrando por tipo: Concursos de profesorado e empregando como palabra chave a referencia da categoría. Para outra información e aclaración de dúbidas poden dirixirse ao teléfono 986 81 37 65 (Servizo de Persoal Docente e Investigador) e ao enderezo de correo electrónico consultapdi@uvigo.gal

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e débense dirixir ao reitor no modelo oficial, obrigatoriamente acompañadas dos documentos acreditativos previstos na convocatoria.

Vigo, 28 de outubro de 2025

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo