DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 5 de novembro de 2025 Páx. 57294

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 10 de outubro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no expediente BS611A 2023/7192-1 e seis máis.

De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación dos actos administrativos de citación as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo.

Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican as ditas persoas interesadas, por si ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Discapacidade do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, calle Vicente Ferrer, 2, 15008 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, de non atender ao establecido no acto de citación unha vez efectuada a súa notificación por comparecencia ou tras o seu vencemento, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e acordarase o arquivamento das actuacións, logo da resolución que será notificada á dita persoa interesada.

A Coruña, 10 de outubro de 2025

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2023/7192-1

46908340R

Citación para o recoñecemento

10.9.2025

2023/6057-1

79312887D

Citación para o recoñecemento

4.9.2025

2024/3267-1

00979723S

Citación para o recoñecemento

3.9.2025

2025/2742-1

55585474V

Citación para o recoñecemento

2.9.2025

2024/1685-1

53306861Z

Citación para o recoñecemento

29.9.2025

2023/4770-1

33304423D

Citación para o recoñecemento

29.9.2025

2024/11923-1

Y7831305A

Citación para o recoñecemento

11.9.2025