Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 de la Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícaselles ás persoas interesadas a ocupación e o requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación Adecuación CT Lago-27C953 (Becerreá), segundo se sinala no cadro anexo.
Lugo, 21 de outubro de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/64-2.
Denominación: Adecuación CT Lago-27C953 (Becerreá).
Acordo de ocupación e requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación no Concello de Becerreá.
|
Nº predio |
Polígono |
Lugar |
Paraxe |
Cultivo |
Propietario |
Apoio (nº) |
Sup (m2) |
Afeccións |
Afeccións |
|
1 |
53 |
13 |
Lameiros |
Monte baixo |
Monte veciñal Tras do Teso |
7.0 |
111.0 |
||
|
2 |
98 |
1697 |
Encima das Cortiñas |
Monte baixo |
Monte veciñal Tras do Teso |
33-A-33-1-CT |
13.0 |
6.0 |
124.0 |
