DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 5 de novembro de 2025 Páx. 57301

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 21 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, logo de que fose devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecida a súa destinataria ou porque, intentadas dúas veces a notificación, non se puido efectuar.

A persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede deste departamento territorial, situado na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2º, en Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 21 de outubro de 2025

Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

CIF/NIF interesado/a

Núm. expediente

Acto que se notifica

33849218A

IN635A 2025/035-2

Resolución