DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 5 de novembro de 2025 Páx. 57361

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO da convocatoria e bases específicas do proceso selectivo para o ingreso como persoal laboral fixo, en prazas incluídas na oferta de emprego público dos anos 2022 e 2024.

No Boletín Oficial da provincia (BOP) de Lugo núm. 233, do 10 de outubro de 2025, publícase a convocatoria e bases específicas, que regulan os procesos selectivos para o ingreso nas prazas de persoal laboral fixo, na Deputación Provincial de Lugo, incluídas na oferta de emprego público dos anos 2022 (refundidas na OEP do ano 2023) e 2024, que a continuación se sinalan:

– Tres prazas de peón/peoa de granxa, do cadro de persoal laboral, agrupacións profesionais, mediante o sistema de concurso-oposición, cota xeral, acceso libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e bases no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no BOP de Lugo, no taboleiro de edictos desta entidade e na páxina web da Deputación Provincial de Lugo.

Lugo, 14 de outubro de 2025

O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto do 25.6.2025)
Pablo Rivera Capón
Deputado provincial de Lugo