A directora xerente de Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e as bases específicas para a selección de persoal por interinidade dunha praza de técnico de administración da Secretaría Xeral e doutra praza para o proxecto POEM.
As bases estarán expostas na sede de Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabelo, s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/). A data tope de entrega de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Vigo, 30 de outubro de 2025
Rosa Chapela Pérez
Directora xerente do Centro Tecnológico del Mar-Fundación Cetmar
