DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 5 de novembro de 2025 Páx. 57363

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para cubrir unha praza de persoal científico-técnico.

– 1 investigador/a (HPQC-25-INV1) na área de aplicacións da computación cuántica á optimización combinatoria ou outras solucións empregando computación híbrida clásico-cuántica. Esta praza está vinculada ao proxecto europeo Gravitational Storage (Graviteqa).

Contrato de actividade científico-técnica previsto no artigo 23.bis da Lei 14/2011, do 1 de xuño, a xornada completa. Aplicarase o Decreto 12/2024, do 11 de xaneiro.

O prazo de presentación de solicitudes para este posto será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

As bases do proceso selectivo para esta praza están expostas na sede do Cesga e na páxina web https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas na páxina web do Cesga.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2025

José Ignacio López Cabido
Xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia