DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 6 de novembro de 2025 Páx. 57548

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 7 de outubro de 2025, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario para a instalación dun pantalán de atracada de embarcacións tradicionais e oficina desmontable de divulgación da cultura mariñeira, no porto de Sada-Fontán (clave 12-13-24-C-1).

Está en trámite unha concesión administrativa a favor da Asociación Cultural Mariñeira de Sada, Os Patexeiros, pola ocupación de dominio público portuario para a instalación dun pantalán de atracada de embarcacións tradicionais e oficina desmontable de divulgación da cultura mariñeira, de acordo coa Resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 2.4.2025, e con base no proxecto construtivo dun pantalán para un ecomuseo flotante no porto de Sada, asinado o 1.4.2024 polo enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos, Gael Sánchez Rivas, e o estudo paisaxístico e urbano. Proxecto dun ecomuseo flotante para embarcacións tradicionais no porto de Sada, asinado o 29.9.2025 polo enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos, Gael Sánchez Rivas.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do xoves 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, núm. 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está dispoñible na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 7 de outubro de 2025

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro