Expediente: 2019/U035/000002.
O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria que tivo lugar o xoves 30 de outubro de 2025, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
«Primeiro. Desestimar integramente as alegacións presentadas o 5.9.2025, con número de rexistro de entrada 202599900003001 por Marina Isabel Álvarez Santos, en nome e representación de Francisco Javier Pérez Vázquez, contra o acordo de aprobación provisional do Plan especial de infraestruturas e dotacións da senda fluvial do río Maior, cos fundamentos que a seguir se indican:
– No referente á falta de coincidencia entre o parcelario catastral e a realidade dos predios: corrixiuse xa no documento de aprobación provisional.
– No referente ao trazado do PEID da senda fluvial do río Maior: considerando que a ordenación territorial e a urbanística son funcións públicas non susceptibles de transacción que organizan e definen o uso do territorio e do solo de acordo co interese xeral, dado que o trazado da futura senda peonil estudouse en atención a criterios de índole técnica –incluíndo entre eles os de carácter económico– e a solicitude de cambio no trazado á outra parte do leito do río respondería exclusivamente, como indica o equipo redactor, a razóns de índole particular, pero en ningún caso a motivos de interese xeral, que son os tidos en conta ao expor a actuación no PEID da senda fluvial do río Maior.
– No referente á desconformidade cos importes dos prezos no procedemento de expropiación: será posteriormente, tras a aprobación definitiva do PEID, na formulación do proxecto de urbanización, que conterá o correspondente anexo de expropiacións, onde deberá e poderá discutirse o seu contido –a concreción dos bens que se expropiarán– así como as valoracións das expropiacións, pero que non corresponde neste momento procedemental.
Segundo. Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións-senda fluvial do río Maior, redactado e asinado dixitalmente pola enxeñeira de camiños, canles e portos Ana Adelina López López, Cerne Ingeniería, S.A., e presentado no concello o 17 de outubro de 2025, con número de rexistro de entrada 202599900003696, complementado coa documentación achegada o 21 de outubro de 2025, con número de rexistro de entrada 202599900003739, e o 22 de outubro de 2025, con número de rexistro de entrada 202599900003756, co seguinte detalle:
– 01_PEID_RIO_MAIOR_PDF.zip
– 01_PEID_RIO_MAIOR_PDF.zip.hexhash:
9A2244E21B010C2663B0975A0288EAEACB35FABCC87DB41C5E12C457987689CBh
– 01_PEID_RIO_MAIOR_EDIT.zip
– 01_PEID_RIO_MAIOR_EDIT.zip.hexhash:
6822AA714D749A3F06EBB10A65BCD4FEA5FF4FB60FA692E90E5FC6A1E9FDA2B8h
– ANEXO_3_NNTTPP.rar
– ANEXO_3_NNTTPP.rar.hexhash:
BE259404CD669FE25BA5DAC3D6C02FAC0B4F82795D9295DDC6FC39B1EF152220h
– Declaración responsable – anexo 9 das NNTTP.
Terceiro. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Esta publicación deberá realizarse no prazo dun mes desde a adopción do acordo da aprobación definitiva.
De acordo co disposto no artigo 82.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, indícase que as medidas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do citado plan especial se inclúen no propio documento técnico aprobado definitivamente, cuxo texto íntegro se poderá consultar na sede electrónica do Concello de Bergondo.
Cuarto. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, e xuntar un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado.
Quinto. Notificar individualmente a aprobación definitiva do plan especial a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados ás cales xa se lles notificou a súa aprobación inicial, de conformidade co artigo 186.4 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.
Sexto. De conformidade co disposto no artigo 82.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o documento que conteña a normativa e as ordenanzas publicarase no Boletín Oficial da provincia da Coruña.
En todo caso, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan aprobado quedan condicionadas á inscrición do planeamento no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, de conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e ao que dispoña para tal efecto a lexislación vixente en materia de réxime local.
Sétimo. Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do seu anuncio no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme co dereito».
Para os efectos do disposto no punto terceiro da parte dispositiva do acordo, publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia e poderá consultarse a documentación íntegra na seguinte ligazón: https://sede.bergondo.gal/sxc/gl/informacion/
Bergondo, 30 de outubro de 2025
Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa
