De conformidade co artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e ante a imposibilidade de efectuar a notificación aos titulares dos bens que se relacionan a seguir, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal do cumprimento de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas nas parcelas sinaladas a seguir, imposta polo artigo 22.1 da citada Lei 3/2007, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:
|
Referencia catastral |
Lugar |
Propietario/a |
Expediente |
|
15015A013010010000GE |
A Pedra do Couto, Cabanas |
Cándida García Fabal |
1933/22 |
|
15015A011017060000GM 15015A011017070000GO |
Camiño de Chamoso, Porto |
Francisco Meizoso Rodríguez Mª del Mar Sánchez Varela |
1078/23 |
|
15015A012015270000GR |
Cemiterio O Peteiro, Cabanas |
Nicolás Badía Gutiérrez |
118/24 |
|
15015A012010340000GB |
A Igrexa, Cabanas |
Nicolás Badía Gutiérrez |
191/24 |
|
15015A011018470000GS |
Tras da Aira, Cabanas |
Jesús Rodríguez López |
678/24 |
|
15015A013000430000GG |
Teloi, Cabanas |
En investigación |
1476/24 |
|
7676166NJ6077N0001LA |
Av. Areal, Cabanas |
En investigación |
72/25 |
|
6784101NJ6068N0001FQ 6784103NJ6068N0001OQ |
Trav. O Chao da Aldea, 11 Trav. O Chao da Aldea, 7 |
Argimira Casal Eduardo Sánchez |
147/25 |
|
7087713NJ6078N0001LT |
Estrada do Barreiro As Murgas, 7 |
Hr. Eduardo Sánchez Sánchez |
560/25 |
|
8277615NJ6087N0001KG |
Es. Pontes |
Nicolás Badía Decabiedes |
565/25 |
|
15015A011015980000GW |
A Costa, Porto |
Hr. José Mª Cabalo Sardiña |
665/25 |
|
15015A011013870000GF |
O Barreiro, Cabanas |
En investigación |
832/25 |
En virtude do anterior, as persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de quince días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), para o cumprimento voluntario da obriga de xestión da biomasa nas parcelas citadas.
Transcorrido o dito prazo, e en caso de persistencia no incumprimento, o Concello procederá á execución subsidiaria con repercusión á propiedade dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, anteriormente citada, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados poderán acudir ás oficinas municipais do Concello de Cabanas.
Cabanas, 17 de outubro de 2025
Fernando Couce Rodríguez
Alcalde
