De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración,
Ao non ser posible practicar a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.
|
Acto que se notifica |
Referencia catastral Polígono/parcela |
Localización |
Interesado/a Persoa responsable |
|
Orde de execución (expediente 1189-2025) Resolución inicio O.E. do 6.10.2025 |
36043A019001500000JU (polígono 19-parcela 150) |
A Reigosa Ponte Caldelas |
Crisanto Olegario Regueira Arocas |
|
Orde de execución (expediente 1513-2025) Resolución inicio O.E. do 7.10.2025 |
36043A043001560000JP (polígono 43-parcela 156) |
A Insua Ponte Caldelas |
Arturo Pacheco Amoedo |
|
Orde de execución (expediente 1514-2025) Resolución inicio O.E. do 7.10.2025 |
36043A043001540000JG (polígono 43-parcela 154) |
A Insua Ponte Caldelas |
Elena Amoedo Parada |
|
Orde de execución (expediente 1718-2025) Resolución inicio O.E. do 7.10.2025 |
36043A053005070000JO (polígono 53-parcela 507) |
Sorreira Ponte Caldelas |
María Saladina Gómez Blanco |
|
Orde de execución (expediente 1720-2025) Resolución inicio O.E. do 15.10.2025 |
36043A012009900000JW (polígono 12-parcela 990) |
Cuñas Ponte Caldelas |
En investigación |
En virtude do que antecede, comunícaselle que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente están á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.
O artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non poida determinarse a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación, efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.
O artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita a este concello a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa, repercutindo os custos ás persoas responsables.
O artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.
Ponte Caldelas, 15 de outubro de 2025
Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente
