DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 6 de novembro de 2025 Páx. 57543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 23 de outubro de 2025, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se fai pública a notificación da resolución do expediente de reclamación de danos RD/PO-107/2024 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselles ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica no expediente de reclamación de danos en materia de estradas (Lei 6/2015, do 7 de agosto, de estradas de Galicia), devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer na sede do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (avenida María Victoria Moreno, 43, 1º, edificio administrativo, 36003 Pontevedra), se desexan examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén o ofrecemento dun prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio, ou no de Pontevedra, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao do remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia da persoa interesada, se é o caso.

Para que conste e lles sirva de notificación as persoas interesadas, asino e selo este anuncio.

Pontevedra, 23 de outubro de 2025

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

Estrada

RD/PO-107/2024

Marmensa, S.L.

Resolución do expediente

PO-531 (Pontevedra-Baión)

RD/PO-116/2024

María Luz Villanueva Toubes

Resolución do expediente

PO-960 (A Susana-Vila de Cruces)