DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 6 de novembro de 2025 Páx. 57545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 22 de outubro de 2025, do Servizo de Consumo de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador 27S001/035/2025.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015 sen que esta se puidese efectuar, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola directora territorial de Lugo do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante o Servizo de Consumo de Lugo, con enderezo no Edificio Multiusos da Xunta de Lugo (rolda da Muralla, núm. 71, Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 22 de outubro de 2025

Manuel Ángel Barros González
Xefe do Servizo de Consumo de Lugo

ANEXO

Expediente: 27S001/035/2025.

CIF/NIF da persoa interesada: 09769899M.

Acto notificado: resolución do expediente sancionador.