DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 6 de novembro de 2025 Páx. 57393

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, pola que se ordena a publicación da modificación dos estatutos da sociedade mercantil pública autonómica Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 16 de xuño de 2025, adoptou, por proposta do conselleiro de Facenda e Administración Pública, o acordo polo que se autorizou a modificación dos artigos 6 e 7 dos estatutos da sociedade mercantil pública autonómica Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A.

En cumprimento do disposto nos artigos 104.3 e 105.2 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, ordénase a publicación no Diario Oficial de Galicia, como anexo a esta resolución, dos artigos modificados dos estatutos da sociedade mercantil pública autonómica Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2025

José María Barreiro Díaz
Director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio