DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 6 de novembro de 2025 Páx. 57479

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 24 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de ampliación dunha explotación de gando vacún de leite no lugar de Barxa, no concello de Castro de Rei (Lugo) (expediente 2024/0207).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, o 23 de outubro de 2025, do proxecto de ampliación dunha explotación de gando vacún de leite no lugar de Barxa, no concello de Castro de Rei (Lugo), promovido por SAT Otero Novo 1170 Xuga.

A dita declaración poderase consultar na ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade