De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal, emprázase a persoa interesada identificada no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acordo obxecto de notificación ditouno o director territorial de Ourense.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede do Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
O citado departamento territorial ten a súa sede en Ourense, rúa Concello, número 11, 4º andar.
Transcorrido o dito prazo sen que se produza a comparecencia, a notificación entenderase efectuada a partir do día seguinte ao último día do prazo fixado.
Ourense, 22 de outubro de 2025
Jorge Rubén Sampedro Grande
Director territorial de Ourense
ANEXO
Persoa interesada: David Rodríguez Barra.
DNI: ****8472*.
Asunto: reintegro por aboamentos indebidos.
Acto notificado: resolución de reintegro por aboamentos indebidos.
