Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Pazos de Arriba, no concello de Ponteceso (expediente IN407A 2023/436-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 22 de outubro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/436-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT, CT e RBT Pazos de Arriba.
Concello: Ponteceso.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
|
1 |
Seixo |
Parcela: 413 Polígono: 501 |
Herdeiros de Manuel Castro Puñal |
7.10.2025 |
