Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase a persoa titular que figura no cadro anexo da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria en relación coa expropiación sobre o ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Roma Piñor, situada no concello de Barbadás.
Así mesmo, e de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, requírese para que presente ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación no taboleiro de edictos único do BOE, a súa folla de valoración, na cal concretará de xeito motivado o valor en que estima a servidume imposta e poderá alegar cantas alegacións considere convenientes ao seu dereito. A dita valoración poderá estar avalada pola sinatura dun perito.
Ourense, 23 de outubro de 2025
A directora territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 140/2024, artigo 40.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Industria de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados
Núm. de expediente: IN407A 2024/113-3.
Instalación: LMT, CT e RBT Roma Piñor.
Concello: Barbadás.
Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
|
Predio núm. |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Data do depósito previo |
|
1 |
Caño |
32009A007001190000UM |
Descoñecido/a |
8 de outubro de 2025 |
