Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio cítase a persoa titular do predio relacionado no anexo para ser notificada por comparecencia, por non ser posible a notificación prevista na citada norma, da constitución, por parte da empresa beneficiaria, dos depósitos de pagamento do prezo xusto acordado mediante a Resolución do Xurado de Expropiación de Galicia, e dos xuros de demora, relativos ás afectacións derivadas da construción da instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA CCH802 no treito entre os apoios núm. 138-B28-11 e 138-B28-13, situada no concello de Bande.
A persoa titular ou o seu representante deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do BOE, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Na comparecencia terá que presentar unha copia do seu DNI/NIF, a documentación que o acredite como titular do predio afectado e unha certificación de titularidade da conta bancaria onde se lle ingresará a cantidade correspondente ao depósito constituído ao seu favor. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Ourense, 23 de outubro de 2025
A directora territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 140/2024, artigo 40.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Industria de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado
ou non notificados
Núm. de expediente: IN407A 2024/31-3.
Instalación: Regulamentación LMTA no treito entre os apoios núm. 138-B28-11 e 138-B28-13.
Concello: Bande.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
|
Predio núm. |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Data do depósito |
|
1 |
Castiñeiras |
32007A106004960000IF |
Descoñecido/a |
17 de outubro de 2025 |
