DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 6 de novembro de 2025 Páx. 57522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 27 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se fai pública a autorización da ampliación da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Castro, número 143, no concello de Vilar de Santos (provincia de Ourense).

O Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria fai público que o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, por delegación de competencias da conselleira de Economía e Industria, asinou, o 16 de outubro de 2025, a resolución de autorización da ampliación da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Castro, número 143, no concello de Vilar de Santos (provincia de Ourense), cos seguintes datos:

Nome: Castro.

Número de expediente: 143.

Recurso: sección A).

Concello: Vilar de Santos.

Titular: Arenera Norteña, S.L.

Superficie: 45.042 m².

O que se fai público para o coñecemento xeral e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

En cumprimento das obrigas de publicidade recollidas no artigo 29 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, esta resolución poderá examinarse no portal desta consellería:

https://economia.xunta.gal/es/transparencia/informacion-publica/autorizacions-administrativas/instalacions-mineiras

Ourense, 27 de outubro de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense