No Diario Oficial de Galicia número 210, do 30 de outubro de 2025, publicáronse sete anuncios do 14 de outubro de 2025, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións. Por erro, en tres deles indicouse que se trataba de expedientes para publicar en edictos cando, en realidade, son expedientes que se deben someter a información pública (expediente DH.A36.6519 e vinte e tres máis, expediente DH.A27.2143 e catorce máis e expediente DH.A36.5202 e dezanove máis). Por tanto,
RESOLVO:
Deixar sen efecto eses tres anuncios do 14 de outubro de 2025, publicados no Diario Oficial de Galicia número 210, do 30 de outubro de 2025, páxinas 56554 a 56561, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións (expediente DH.A36.6519 e vinte e tres máis, expediente DH.A27.2143 e catorce máis e expediente DH.A36.5202 e dezanove máis).
Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2025
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
