DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 6 de novembro de 2025 Páx. 57536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de outubro de 2025, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesión de augas (expediente DH.A36.4039 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en adiante LPAC), sendo descoñecido o enderezo da/do interesada/o ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, por ter expirado o prazo concesional, ditados nos expedientes DH.A36.4039 e un máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, a/o interesada/o poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2025

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data do acordo

DH.A36.4039

Hermanos Gregorio Gil, S.L.

11.9.2025

DH.A15.10025

Santiago Bermejo García

11.9.2025