De conformidade co Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, polo que se regula o concurso de traslados de ámbito estatal entre persoal funcionario dos corpos docentes recollidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e outros procedementos de provisión de prazas para seren cubertas por estes, modificado polo Real decreto 677/2024, do 16 de xullo, e existindo prazas vacantes nos centros docentes e na inspección educativa, que deben proverse entre o persoal funcionario dos corpos que a continuación se citan, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional dispuxo convocar concurso de traslados de acordo coas seguintes bases:
Primeira. Obxecto
1. Convócase concurso de traslados (código de procedemento ED012A), de acordo coas especificacións que se citan nesta orde, para a provisión de prazas vacantes entre o persoal funcionario docente dos corpos que a seguir se relacionan cos códigos de corpo que se indican:
|
Corpo
|
Código do corpo
|
|
Inspectores ao servizo da Administración educativa
|
509
|
|
Inspectores de educación
|
510
|
|
Catedráticos de ensino secundario
|
511
|
|
Profesores de ensino secundario
|
590
|
|
Profesores técnicos de formación profesional
|
591
|
|
Catedráticos de escolas oficiais de idiomas
|
512
|
|
Profesores de escolas oficiais de idiomas
|
592
|
|
Catedráticos de música e artes escénicas
|
593
|
|
Profesores de música e artes escénicas
|
594
|
|
Catedráticos de artes plásticas e deseño
|
513
|
|
Profesores de artes plásticas e deseño
|
595
|
|
Mestres de taller de artes plásticas e deseño
|
596
|
|
Mestres
|
597
|
|
Profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional
|
598
|
2. Con independencia do código do corpo a que pertence o persoal funcionario, os corpos que a seguir se relacionan terán o seguinte código de participación:
|
Corpo a que pertence
|
Descrición do corpo de participación
|
|
511 Catedráticos de ensino secundario
591 Profesores técnicos de formación profesional (1)
|
590
|
|
512 Catedráticos de escolas oficiais de idiomas
|
592
|
|
513 Catedráticos de artes plásticas e deseño
|
595
|
|
509 Inspectores ao servizo da Administración educativa
|
555
|
|
510 Inspectores de educación
|
555
|
|
590 Profesores de ensino secundario (1)
591 Profesores técnicos de formación profesional (1)
|
598
|
(1) O persoal funcionario do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional participará polo código 590 ou 598, en función do corpo en que se integraron as especialidades de que é titular e polas que concurse.
O persoal funcionario integrado no corpo de profesores de ensino secundario procedente do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, participará polo código do corpo 598 cando participe en prazas das especialidades integradas no corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional.
3. Este concurso rexerase, sen prexuízo doutra normativa que resulte de aplicación, polas seguintes disposicións:
– Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (TRLEBEP).
– Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro.
– Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, polo que se regula o concurso de traslados de ámbito estatal entre persoal funcionario dos corpos docentes recollidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación e outros procedementos de provisión de prazas para seren cubertas por estes, modificado polo Real decreto 677/2024, do 16 de xullo.
– Real decreto 1284/2002, do 5 de decembro, polo que se establecen as especialidades dos corpos de profesorado de artes plásticas e deseño e mestres de taller de artes plásticas e deseño.
– Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro, polo que se definen as condicións de formación para o exercicio da docencia na educación secundaria obrigatoria, o bacharelato, a formación profesional e as ensinanzas de réxime especial e se establecen as especialidades dos corpos docentes de ensino secundario.
– Real decreto 665/2015, do 17 de xullo, polo que se desenvolven determinadas disposicións relativas ao exercicio da docencia na educación secundaria obrigatoria, o bacharelato, a formación profesional e as ensinanzas de réxime especial, á formación inicial do profesorado e ás especialidades dos corpos docentes de ensino secundario.
– Real decreto 336/2010, do 19 de marzo, polo que se establecen as especialidades dos corpos de catedráticos e de profesores de escolas oficiais de idiomas a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificado polo Real decreto 516/2013, do 5 de xullo, e polo Real decreto 287/2014, do 25 de abril.
– Real decreto 427/2013, do 14 de xuño, polo que se establecen as especialidades docentes do corpo de catedráticos de música e artes escénicas vinculadas ás ensinanzas superiores de música e danza.
– Real decreto 428/2013, do 14 de xuño, polo que se establecen as especialidades docentes do corpo de profesores de música e artes escénicas vinculadas ás ensinanzas de música e danza.
– Real decreto 588/2022, do 19 de xullo, polo que se establecen as especialidades docentes dos corpos de profesores e de catedráticos de música e artes escénicas vinculadas aos ensinos de arte dramática.
– Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, polo que se establecen as especialidades docentes do corpo de mestres que desempeñen as súas funcións nas etapas de educación infantil e de educación primaria reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, parcialmente modificado polo Real decreto 1058/2015, do 20 de novembro.
– Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo.
– Real decreto 1138/2002, do 31 de outubro, polo que se regula a Administración do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no exterior.
– Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda do destino definitivo polas funcionarias e funcionarios docentes que prestan servizos nos centros educativos que imparten ensinanzas distintas das universitarias e o cómputo da antigüidade no centro en función das causas de acceso a este.
– Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da citada lei.
– Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
– Decreto 99/2004, do 21 de maio, polo que se regula a organización e o funcionamento da inspección educativa e o acceso ao corpo de inspectores de educación na Comunidade Autónoma de Galicia.
– Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
– Lei orgánica 3/2022, do 31 de marzo, de ordenación e integración da formación profesional.
Segunda. Vacantes que se convocan
1. Ao abeiro desta orde convócanse, ademais das vacantes previstas no momento da convocatoria, as que se produzan por xubilación forzosa por cumprimento dos 70 anos de idade durante o curso académico 2025/26, as que se produzan como consecuencia de xubilacións ou outras circunstancias ata o 31 de decembro de 2025 e as que resulten da resolución do concurso en cada corpo polo cal se concursa, así como as que se orixinen, no ámbito da xestión da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e os restantes departamentos das administracións educativas que se encontren en pleno exercicio das competencias en materia de educación. Todas elas sempre que se correspondan con prazas que teñan o seu funcionamento previsto na planificación xeral educativa ou na planificación do funcionamento da inspección educativa.
Non se ofertan, polo tanto, aquelas prazas que se poidan producir como resultas da resolución dos concursos de traslados, cando unha persoa obteña destino definitivo nun corpo, pero o seu destino definitivo de orixe o posúa noutro corpo con código distinto de participación.
Poderán ofertarse vacantes nos centros integrados de formación profesional nas especialidades con competencia docente para impartir os módulos formativos de Comunicación e Sociedade e de Ciencias Aplicadas da formación profesional básica.
2. Publicación das vacantes.
As vacantes provisionais e definitivas dos centros e postos publicaranse na páxina web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (www.edu.xunta.gal/), mediante resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos asinada electronicamente, con anterioridade ás seguintes datas:
– Vacantes provisionais: antes da resolución da adxudicación provisional.
– Vacantes definitivas: antes da resolución da adxudicación definitiva.
Na resolución pola que se fagan públicas as vacantes definitivas suprimiranse aquelas vacantes anunciadas na resolución provisional nas cales se produciu un erro de definición ou cando se trate de prazas cuxo funcionamento non se encontre previsto na planificación escolar.
Nas vacantes dos centros de educación infantil e primaria, primaria, educación especial, centros públicos integrados e institutos de ensino secundario incluiranse as vacantes itinerantes que procedan das especialidades de Pedagoxía Terapéutica. Ao mesmo tempo, considéranse itinerantes as prazas correspondentes aos colexios rurais agrupados das especialidades 032, 033, 034, 035, 036 e 037 do corpo 597.
Incluíranse tamén as vacantes existentes nas extensións das escolas oficiais de idiomas.
Terceira. Participación conxunta de persoal funcionario de distintos corpos ás mesmas vacantes
De conformidade co establecido no punto 5 da disposición adicional oitava da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no artigo 10 do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, o persoal funcionario dos corpos de catedráticos de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño participará no concurso de provisión de postos conxuntamente co persoal funcionario dos corpos de profesores dos niveis correspondentes, ás mesmas vacantes, sen prexuízo dos méritos específicos que lle sexa de aplicación pola súa pertenza aos mencionados corpos de catedráticos.
Así mesmo, o persoal funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario por integración procedente do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional e o persoal funcionario do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, participará no concurso de provisión de postos conxuntamente co persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario ou do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, segundo o corpo en que se integraron as especialidades de que sexa titular, realizada pola disposición adicional quinta da Lei orgánica 3/2022, de ordenación e integración da formación profesional.
Cuarta. Prazas que pode solicitar o persoal pertencente aos corpos de inspectores de educación e de inspectores ao servizo da Administración educativa
O persoal funcionario pertencente a estes corpos poderá solicitar as prazas das sedes que se relacionan no anexo II. Todas as prazas corresponderán á especialidade co código 600.
Quinta. Prazas que pode solicitar o persoal pertencente aos corpos de catedráticos e de profesores de ensino secundario e ao corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional
O profesorado pertencente a estes corpos poderá solicitar as prazas correspondentes ás especialidades de que sexa titular, para as localidades e os centros que figuran no anexo III desta orde, e para as especialidades que se indican no anexo IX. A petición de localidade implica que se solicitan todos os centros desta pola orde en que aparecen relacionados no anexo III.
Sexta. Prazas que pode solicitar o persoal pertencente ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e ao corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional
O profesorado pertencente a estes corpos poderá solicitar as prazas correspondentes ás especialidades de que sexa titular, para as localidades e os centros que figuran no anexo III e para as especialidades que figuran no anexo X. A petición de localidade implica que se solicitan todos os centros desta pola orde en que aparecen relacionados no anexo III. As prazas dos centros de educación especial non serán adxudicadas de oficio nin se considerarán solicitadas nas peticións á localidade.
Sétima. Prazas que pode solicitar o persoal pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas
O profesorado pertencente a estes corpos, de acordo coas especialidades de que sexa titular, poderá solicitar as prazas dos centros que aparecen no anexo IV e para as especialidades que figuran no anexo XI.
Oitava. Prazas que pode solicitar o persoal pertencente ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas
O profesorado pertencente ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas, de acordo coas especialidades de que sexa titular, poderá solicitar as prazas dos centros que aparecen no anexo V e para as especialidades que aparecen no anexo XII.
Novena. Prazas que pode solicitar o persoal pertencente ao corpo de profesores de música e artes escénicas
O profesorado de música e artes escénicas, de acordo coas especialidades de que sexa titular, poderá solicitar as prazas dos centros que aparecen no anexo VI e para as especialidades que figuran no anexo XIII.
Poderá, polo tanto, solicitar prazas nos conservatorios superiores (anexo V), para impartir as materias propias do corpo de profesores de música e artes escénicas.
Décima. Prazas que pode solicitar o persoal pertencente aos corpos de catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño
1. Os catedráticos e catedráticas e o profesorado do corpo de profesores de artes plásticas e deseño, de acordo coas especialidades de que sexan titulares, poderán solicitar as prazas dos centros que aparecen no anexo VII, para as especialidades que figuran no anexo XIV.
2. O persoal funcionario do corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño, de acordo coas especialidades de que sexa titular, poderá solicitar as prazas dos centros que aparecen no anexo VII, para as especialidades que figuran no anexo XV.
Décimo primeira. Prazas que pode solicitar o persoal pertencente ao corpo de mestres
1. O persoal funcionario do corpo de mestres, de acordo coas especialidades de que sexa titular ou que teña recoñecidas, poderá solicitar as prazas dos centros que aparecen no anexo VIII para as especialidades que figuran no anexo XVI.
De conformidade co establecido no artigo 10 da Orde do 23 de xuño de 2020 pola que se establece o procedemento de recoñecemento de especialidades do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres (código de procedemento ED020A), a especialidade de educación primaria será recoñecida de oficio ao persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que posúa algunha das titulacións que para esta especialidade se determinan no anexo do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro.
2. Ademais, os titulares da especialidade de Pedagoxía Terapéutica poderán solicitar as prazas do código 60 nos centros públicos integrados e nos institutos de educación secundaria que figuran no anexo VIII.
Con todo, o persoal do corpo de mestres que posúa destino definitivo por esta especialidade en institutos de educación secundaria ou en centros públicos integrados pola especialidade do código 60 non poderá optar ás prazas das especialidades indicadas no parágrafo seguinte.
3. De conformidade co establecido na disposición transitoria primeira do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, o persoal funcionario do corpo de mestres, que no momento da entrada en vigor da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, estivese adscrito con carácter definitivo a postos dos dous primeiros cursos de educación secundaria obrigatoria, poderá exercer o dereito á súa mobilidade en relación coas vacantes destes dous primeiros cursos, nos centros que figuran no anexo VIII, sempre que acredite a habilitación correspondente de acordo coas seguintes equivalencias:
|
Mestres con certificación de habilitación en:
|
Prazas de 1º e 2º curso da ESO para as cales queda habilitado
|
|
Ciencias Sociais
|
Xeografía e Historia
|
|
Matemáticas e Ciencias Naturais
|
Matemáticas
|
|
Matemáticas e Ciencias Naturais
|
Ciencias da Natureza
|
|
Filoloxía: Lingua Castelá
|
Lingua Castelá e Literatura
|
|
Filoloxía: Lingua Galega
|
Lingua Galega e Literatura
|
|
Lingua Estranxeira: Inglés
|
Lingua Estranxeira: Inglés
|
|
Lingua Estranxeira: Francés
|
Lingua Estranxeira: Francés
|
|
Educación Física
|
Educación Física
|
|
Música
|
Música
|
Así mesmo, poderá exercer a súa mobilidade a prazas ou postos de educación infantil e primaria para os cales estea habilitado e, no caso de obtelas, perderá toda opción a futuras vacantes dos cursos primeiro e segundo de educación secundaria obrigatoria.
4. No caso de supresión do posto, nos cursos primeiro e segundo de educación secundaria obrigatoria, en que estivese adscrito con carácter definitivo, poderá seguir optando nos concursos de traslados á obtención dun novo destino nos devanditos postos.
Décimo segunda. Requisitos específicos para determinadas prazas
1. Requisitos para cubrir determinadas prazas dos centros plurilingües.
Para acceder ás prazas dos centros plurilingües, o profesorado das especialidades correspondentes deberá acreditar, como mínimo, o nivel B2 do Marco común europeo da lingua correspondente, acreditado cunha das titulacións que se publican como anexo da Orde do 18 de febreiro de 2011, modificada pola Orde do 21 de xuño de 2016, pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (DOG do 26 de abril de 2011 e do 7 de xullo de 2016). Será válido, así mesmo, o certificado de nivel intermedio expedido polas escolas oficiais de idiomas, equivalente ao nivel B2 do Marco común europeo de referencia das linguas, expedido conforme o plan de estudos aprobado polo Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro.
2. Requisito de acreditación de coñecemento da lingua galega.
Nas especialidades de Educación Infantil, Primaria, Ciencias Sociais –Xeografía e Historia– do corpo de mestres, nas de Xeografía e Historia, Bioloxía e Xeoloxía e en todas as especialidades do corpo de profesores de ensino secundario referentes á formación profesional específica, en todas as especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional e en todas as especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas, será requisito imprescindible posuír o certificado de lingua galega (Celga 4), ou superar o curso de perfeccionamento de lingua galega, ou ter a validación correspondente ou telo superado a través de proba libre ou ter o nivel avanzado de galego da escola oficial de idiomas das ensinanzas reguladas polo Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro, ou o nivel intermedio B2 das ensinanzas reguladas polo Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro. Para estes únicos efectos, entenderase que reúnen este requisito os que superasen, no ano en que accederon á fase de prácticas, a proba de coñecementos de lingua galega no procedemento selectivo de acceso ao corpo de mestres, profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, ou no acceso a calquera dos corpos de catedráticos.
Décimo terceira. Modalidade de participación voluntaria
1. Poderá participar con carácter voluntario neste concurso de traslados:
a) O persoal funcionario que está en situación de servizo activo con destino definitivo en centros dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, sempre que, de conformidade co establecido na disposición adicional sexta da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no artigo 12.1 do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, transcorresen ao final deste curso académico, polo menos, dous anos desde a toma de posesión do último destino definitivo.
b) O persoal funcionario que se encontre en situación de servizos especiais declarada desde centros actualmente dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, sempre que transcorresen ao final deste curso académico, polo menos, dous anos desde a toma de posesión do último destino definitivo.
c) O persoal funcionario que estea en situación de excedencia voluntaria concedida pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia.
Se se trata do suposto de excedencia voluntaria por interese particular recollida no artigo 173 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, só poderán participar se ao finalizar o curso escolar en que se realicen as convocatorias transcorrese un ano desde que pasan a esta situación e dous anos desde que obtiveron o destino definitivo en que lles foi concedida, se for o caso, a excedencia.
d) O persoal funcionario que se encontre en situación de suspensión declarada desde centros actualmente dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, sempre que ao finalizar este curso escolar transcorrese o tempo de duración da sanción disciplinaria de suspensión.
2. Para os efectos previstos no punto 1, entenderase como data de finalización do curso o 31 de agosto de 2026.
3. As persoas participantes que desexen exercer un dereito preferente para a obtención de destino deberán aterse ao que se determina nas bases décimo quinta, décimo sexta, décimo sétima e décimo oitava desta convocatoria.
Décimo cuarta. Modalidade de participación forzosa
1. Está obrigado a optar ás prazas anunciadas nesta convocatoria, dirixindo a súa solicitude á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional nos termos indicados na base vixésima, o persoal funcionario que se encontre nalgunha das situacións que se indican a seguir:
a) Persoal funcionario que, procedente da situación de excedencia ou suspensión de funcións, reingresase con destino provisional no ámbito de xestión da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional con anterioridade á data de publicación desta convocatoria.
No suposto de que non participe neste concurso ou non solicite suficiente número de prazas vacantes, adxudicaráselle de oficio destino definitivo en prazas que poida ocupar de acordo coas especialidades de que sexa titular ou, teña recoñecidas no caso do corpo de mestres, en centros situados na comunidade autónoma.
De non se lle adxudicar destino definitivo, permanecerá na situación de destino provisional.
b) O persoal funcionario que se encontre na situación de excedencia forzosa ou suspensión de funcións con perda do posto de destino e que, cumprida a sanción, non obtivese un reingreso provisional, e que fose declarado nestas situacións desde un centro dependente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
O persoal funcionario incluído no parágrafo anterior, no suposto de non participar neste concurso ou se, participando, non solicitase suficiente número de centros dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional en que corresponde impartir ensinanzas do seu corpo, cando non obteña destino definitivo, quedará na situación de excedencia voluntaria prevista no artigo 173 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do empregado público de Galicia.
c) O persoal funcionario que, estando adscrito a prazas no exterior, deba reincorporarse ao ámbito territorial de xestión da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no curso 2025/26 ou que, despois de reincorporarse en cursos anteriores, non obtivese un destino definitivo.
O profesorado que desexe exercer o dereito preferente á localidade previsto no artigo 17.1.e) do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, deberá solicitar, de conformidade co establecido na base décimo oitava desta convocatoria, todas as prazas a que poida optar en virtude das especialidades de que sexa titular ou teña recoñecidas, correspondentes aos centros da localidade en que tivo o seu último destino definitivo. No caso de que non obteña destino, quedará adscrito provisionalmente á devandita localidade.
d) O persoal funcionario que perdese o seu destino definitivo en cumprimento de sentenza ou resolución de recurso, ou por atoparse en situación de desprazado por falta de horario ou suprimido do posto que desempeñaba con carácter definitivo.
O profesorado que no curso académico 2025/26 está desprazado do seu centro de destino definitivo por falta de horario participará no concurso cos mesmos dereitos que o profesorado suprimido, sen prexuízo da prioridade establecida no artigo 17 do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro.
A situación de desprazado por falta de horario acreditarase mediante certificación da dirección do centro educativo co visto e prace da inspección educativa, agás que xa figurase nos anexos da Resolución do 1 de agosto de 2025 (DOG núm. 160, do 22 de agosto), da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se adxudica destino provisional para o curso académico 2025/26 ao profesorado que non ten horario no seu centro.
Este profesorado poderá exercer o dereito preferente a centro, a localidade e a zona educativa na forma que se indica nas bases décimo sexta e décimo oitava.
O persoal docente do corpo de mestres que exerza este dereito preferente farao con carácter forzoso á localidade en que estaba situado o seu centro de destino, no caso de que exista outro ou outros centros na localidade; pola contra, participará á localidade en que se teña recoñecido o dereito preferente como consecuencia da escolarización do alumnado. Pode participar con carácter voluntario a unha ou máis localidades da zona do seu ámbito, podendo, neste suposto, priorizar na epígrafe de peticións estas localidades sobre as que acredita o dereito.
O persoal docente en situación de suprimido ou desprazado por falta de horario que cumpra co deber de participar no concurso de traslados e que exerza o dereito preferente á localidade ou zona educativa en que se encontraba o seu centro non será destinado de oficio.
Así mesmo, este persoal docente que non exerza o dereito preferente, sempre que cumpra co deber de participar no concurso de traslados, non será destinado de oficio mentres non se cumpran as seis convocatorias previstas no Decreto 140/2006, do 31 de agosto.
e) O persoal funcionario que, con perda da praza docente que desempeñaba con carácter definitivo, pasase a prestar servizos en postos non docentes da administración pública, mantendo a súa situación de servizo activo no corpo docente, sempre que cesase nos devanditos postos e obtivese un destino provisional en centros dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
f) O profesorado con destino provisional que durante o curso 2025/26 estea a prestar servizos en centros dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional sempre que accedese ao corpo por convocatoria de procedemento selectivo realizada pola Comunidade Autónoma de Galicia. Este persoal funcionario está obrigado a solicitar prazas da especialidade ou especialidades de que sexa titular ou teña recoñecidas de acordo coas bases desta convocatoria.
Ao profesorado incluído neste punto que non concurse ou que, facéndoo, non solicite suficiente número de prazas vacantes adxudicaráselle de oficio destino definitivo en postos a que poida optar polas especialidades de que sexa titular ou teña recoñecidas en centros situados na comunidade autónoma.
No caso de non obter destino definitivo será destinado provisionalmente pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, polo procedemento que se estableza.
g) O persoal funcionario en prácticas que superou o procedemento selectivo pola quenda libre ou reserva de persoas con discapacidade convocado pola Orde do 14 de febreiro de 2025 (DOG núm. 32, do 17 de febreiro).
Ao profesorado que, debendo participar por este punto, non presente solicitude ou que, participando, non solicite suficiente número de centros, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional adxudicaralle de oficio destino definitivo en prazas que poida ocupar segundo as especialidades de que sexa titular ou, se é o caso, destino provisional.
2. As persoas participantes no concurso pola letra g) do número anterior farano con cero puntos, e na orde en que figuren nese nomeamento como persoal funcionario en prácticas.
Non obstante, o persoal funcionario en prácticas, que participe nos concursos de traslados que se convoquen durante o segundo ano en que sexa nomeado como persoal funcionario en prácticas, cando única e exclusivamente o primeiro ano en prácticas gozase de permiso por nacemento para a nai biolóxica ou de permiso por adopción, por garda con fins de adopción ou acollemento, tanto temporal como permanente, ou permiso do proxenitor diferente da nai biolóxica por nacemento, garda con fins de adopción, acollemento ou adopción por un fillo ou filla, que lle impedise superar a fase de prácticas, a adxudicación dos destinos farase atendendo aos baremos de méritos que se establecen nos anexos desta orde.
A toma de posesión do destino que puidese corresponderlle estará supeditada á superación da fase de prácticas e ao nomeamento como persoal funcionario de carreira.
3. Queda exceptuado da obrigatoriedade de concursar:
O profesorado desprazado do centro cando nel teña destino definitivo un profesor ou profesora da mesma especialidade nado/a antes do 31 de agosto de 1962. Se existe máis dun profesor desprazado, non estará obrigado a concursar o que teña maior dereito, conforme os criterios establecidos no Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda do destino definitivo polas funcionarias e funcionarios docentes.
Décimo quinta. Dereito preferente a centro
Con ocasión de vacante no corpo docente polo que se participa, terá dereito preferente para obter destino definitivo no mesmo centro en que tivese destino definitivo o profesorado que, encontrándose nalgún dos supostos que se indican, reúna as condicións establecidas nesta convocatoria e pola orde de prelación en que se relacionan:
1. Por supresión da praza ou posto que desempeñaba con carácter definitivo nun centro, ata que obteña outro destino definitivo.
2. Por modificación da praza ou posto que desempeñaba con carácter definitivo nun centro, ata que obteña outro destino definitivo. Dentro deste suposto entenderase incluído aquel persoal docente ao cal se lle suprimiu a praza de carácter ordinario, creándose simultaneamente outra de carácter itinerante ou viceversa da mesma especialidade, e optou por cesar nela.
3. Por desprazamento do seu centro por insuficiencia total de horario ou por dispoñer de menos de cinco sesións lectivas da súa especialidade que poidan ser asumidas por profesorado doutro departamento, nas mesmas condicións que os titulares dos postos suprimidos.
Neste suposto está incluído o profesorado que resultou desprazado a outro centro por traslado de ensinanzas e que, durante os seis anos seguintes á realización do devandito traslado, ten dereito preferente ao seu centro de orixe en calquera das especialidades de que sexa titular, conforme o establecido no artigo 10 do Decreto 140/2006, do 31 de agosto.
4. Para o profesorado dos corpos de catedráticos de ensino secundario, profesores de ensino secundario, do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional e do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, por adquisición de novas especialidades no corpo en que se ten destino definitivo no centro, ao abeiro do disposto nos reais decretos 850/1993, do 4 de xuño; 334/2004, do 27 de febreiro, e 276/2007, do 23 de febreiro, para obter un posto da nova especialidade adquirida no centro onde tivese destino definitivo. Unha vez obtido o novo posto só se poderá exercer este dereito con ocasión da adquisición doutra nova especialidade.
Décimo sexta. Forma de exercer o dereito preferente a centro
Para exercer o dereito preferente a centro, a persoa interesada deberá cubrir na terceira lapela da solicitude o código do centro en que exerce o dereito preferente se se produce a vacante. Na mesma lapela marcará cun «X» o suposto polo que exerce este dereito e consignará, tamén na mesma lapela, en «tipo de praza», a especialidade ou especialidades de que é titular ou está habilitado, priorizándoas coas combinacións posibles, se é o caso, de vernáculo (V), bilingüismo (B) e itinerancia (I). Para estes efectos, poderá repetir a mesma especialidade todas as veces que sexan necesarias, ata as 40 combinacións que, como máximo, se poden efectuar.
A aplicación informática que resolve o concurso de traslados combinará o centro de dereito preferente coas prioridades explicitadas en «tipo de praza», e dará lugar a outras tantas peticións voluntarias, que serán priorizadas sobre todas as restantes. O persoal concursante que exerza o dereito preferente a centro non deberá incluír este centro na páxina 7 da solicitude.
De non explicitar todas as especialidades de que é titular ou teña recoñecidas, seranlle incorporadas de oficio pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Non se incorporarán de oficio as prazas con bilingüismo nin as itinerantes.
Sen prexuízo do anterior, o persoal que exerce o dereito preferente a centro poderá exercer na mesma solicitude o dereito preferente a localidade e poderá exercelo a zona educativa e/ou incluír outras peticións de centros ou localidades, se desexa concursar a elas fóra do dereito preferente.
Décimo sétima. Dereito preferente a localidade ou zona educativa
Conforme o establecido no artigo 12.c) do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, o persoal funcionario que teña dereito preferente a obter destino nunha localidade ou, no caso de mestres, zona educativa determinada, se desexa facer uso deste dereito ata que alcance aquel, deberá participar en todas as convocatorias que, para estes efectos, realice a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. De non participar, darase por decaído no dereito preferente.
Terá este dereito preferente, con ocasión de vacante, o persoal funcionario de carreira que se encontre nalgún dos supostos que se indican, e pola orde de prelación en que estes se relacionan:
1. Por supresión ou modificación da praza ou posto de traballo que se viña desempeñando con carácter definitivo nun centro.
2. Por desprazamento do seu centro por insuficiencia de horario, nas mesmas condicións que as persoas titulares de postos suprimidos. Neste apartado está incluído tamén o profesorado que estea a prestar servizos no seu centro noutra especialidade por non ter ningunha hora na súa.
En todo caso, considérase profesorado desprazado por falta de horario o que, como consecuencia de traslado de ensinanzas, non puido quedar adscrito definitivamente no centro receptor, segundo dispón o artigo 7.3 do Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda do destino definitivo polas funcionarias ou funcionarios docentes.
3. Por desempeñar outro posto na administración pública, con perda da praza docente que se viña desempeñando con carácter definitivo, e sempre que cesase no último posto.
4. Por reincorporación á docencia en España, de conformidade cos artigos 10.6 e 14.4 do Real decreto 1138/2002, do 31 de outubro, polo que se regula a Administración do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no exterior, por finalización da adscrición en postos ou prazas no exterior, ou por algunha outra das causas legalmente establecidas.
5. En virtude de execución de sentenza ou resolución de recurso administrativo.
6. As persoas que, tras seren declaradas xubiladas por incapacidade permanente, fosen rehabilitadas para o servizo activo.
Décimo oitava. Forma de exercer o dereito preferente a localidade e/ou zona educativa
O persoal docente pertencente ao corpo de mestres deberá exercer este dereito necesariamente na localidade de que dimana o dereito e poderá exercelo, igualmente, en calquera outra ou en todas as localidades do ámbito da zona. O restante profesorado deberá exercer o dereito preferente á localidade onde tivo o último destino definitivo.
Para exercer o dereito preferente a localidade e/ou zona educativa, a persoa interesada deberá cubrir na cuarta lapela da solicitude o código da localidade e, se é o caso, da zona en que exerce o dereito preferente se se produce a vacante. Na mesma lapela marcará cun «X» o suposto polo que exerce este dereito e consignará, tamén na mesma lapela, en «tipo de praza», a especialidade ou especialidades de que é titular ou está habilitada, priorizándoas coas combinacións posibles de vernáculo (V), bilingüismo (B) e itinerancia (I). Para estes efectos, poderá repetir a mesma especialidade todas as veces que sexan necesarias, ata as 40 combinacións que, como máximo, se poden efectuar.
O persoal docente que exerza este dereito preferente deberá, na páxina 7 da solicitude, nos recadros de centro ou localidade, especificar por orde de prioridade os códigos dos centros ou localidades en que exerce este dereito, especificando no recadro correspondente, referido a «tipo de praza», as siglas «DPL», que significan dereito preferente a localidade. Nestes casos en «tipo de praza» non se poñerá o código da especialidade.
Todas as peticións correspondentes á localidade ou zona en que se exerce o dereito preferente virán consignadas por bloques homoxéneos, de tal maneira que todas as peticións de centros dunha mesma localidade deben vir correlativas, sen que se poida repetir dúas veces un bloque correspondente a unha mesma localidade.
A aplicación informática que resolve o concurso de traslados combinará ambas as dúas táboas, a da páxina 4 da solicitude e a da páxina 7, e dará prioridade á localidade sobre a especialidade, pero á especialidade sobre o centro.
De non explicitar todas as especialidades de que é titular ou ten recoñecidas, seranlle incorporadas de oficio pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Non se incorporarán de oficio as prazas con bilingüismo nin as itinerantes.
Sen prexuízo do anterior, o persoal que exerce o dereito preferente a localidade e/ou zona educativa poderá realizar outras peticións de centros ou localidades, se desexa concursar a elas fóra do dereito preferente, e virán sempre consignadas con posterioridade ás peticións en que se exerce o dereito preferente.
Nestas peticións de carácter voluntario, no recadro «tipo de praza», especificarase o código da especialidade.
Nunha instrución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, sobre o concurso de traslados, que se publicará na páxina web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, exemplificaranse supostos de exercicio de dereito preferente a centro, localidade e zona educativa.
Décimo novena. Dereito de concorrencia
1. Enténdese por dereito de concorrencia a posibilidade de que varias persoas funcionarias de carreira dun mesmo corpo docente con destino definitivo condicionen a súa participación voluntaria á obtención de destino nun ou varios centros dunha provincia determinada.
Ademais, o persoal funcionario de carreira dos corpos de catedráticos de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño poderá participar conxuntamente co persoal funcionario dos respectivos corpos de profesores dos mesmos niveis de ensino.
Así mesmo, poderá exercer o dereito de concorrencia, coas condicións indicadas no primeiro parágrafo, desde o corpo de profesores de ensino secundario e desde o corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se participa a unha especialidade pertencente ao corpo de profesores de ensino secundario, ou desde o corpo de profesores de ensino secundario, o corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional e o corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional se participa a unha especialidade pertencente ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional.
2. Este dereito terá as seguintes peculiaridades:
2.1. As persoas participantes incluirán nas súas peticións centros ou localidades dunha soa provincia, a mesma para cada grupo de concorrencia. Os centros poderán corresponder á mesma provincia en que teña ou teñan destino definitivo.
2.2. O número de persoas participantes en cada grupo será, como máximo, de catro e cómpre que cada unha presente solicitude por separado.
2.3. A adxudicación de destino virá determinada pola aplicación do baremo de méritos que se indica no anexo XVII.
2.4. Esta modalidade de participación ten como finalidade que todas as persoas participantes dun mesmo grupo obteñan á vez destino nun ou varios centros dunha mesma provincia. No caso de que algunha delas non puidese obter unha praza, consideraranse desestimadas por esta vía as solicitudes das restantes persoas compoñentes do grupo.
3. O persoal docente que se acolla a esta modalidade de participación deberá cubrir os datos de identificación das persoas funcionarias que o exerzan conxuntamente coa persoa solicitante. A omisión ou a formalización incorrecta de calquera destes datos comportará a anulación de todas as solicitudes do conxunto de persoas concorrentes.
Vixésima. Forma de participación
1. As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED012A).
As solicitudes tamén poderán cubrirse na páxina web https://www.edu.xunta.gal/cxt e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a corrección.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Na solicitude consignarase o código do corpo e da especialidade que figuran nas bases desta convocatoria. Cando se concurse por máis dunha especialidade, o persoal concursante presentará unha única solicitude e, no suposto de participar no concurso de traslados por máis dun corpo, presentarase unha solicitude por cada corpo polo que se participa. No caso de presentar máis dunha solicitude do mesmo tipo, soamente se admitirá a última presentada na sede electrónica da Xunta de Galicia neste procedemento normalizado.
2. Documentación complementaria.
Non será necesaria a presentación de documentación complementaria xunto coa solicitude de participación no concurso de traslados. Con todo, o persoal concursante deberá proceder do modo que se indica a seguir:
2.1. Persoal concursante con expediente actualizado.
De conformidade co establecido no artigo 4.3 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A), todos os datos, tanto de identificación como académicos e profesionais, que figuren no expediente empregaranse na tramitación e valoración de requisitos e méritos nos correspondentes procesos, entre outros, de provisión de postos de traballo, de xeito que non é necesaria a súa xustificación.
O persoal concursante poderá verificar todos os méritos que constan no seu expediente mediante a lapela que permite o acceso ao expediente persoal desde a solicitude de participación no concurso xeral de traslados. Así mesmo, na solicitude de participación do concurso, poderá comprobar aqueles méritos que se consideran para os efectos de baremo desta convocatoria, así como a puntuación total e por apartados, epígrafes e subepígrafes, de ser o caso, que se lle outorga.
Para estes efectos, a baremación da epígrafe 4.1 do anexo XVIII desta convocatoria, para o corpo de inspectores de educación, e das epígrafes 6.1 e 6.3 do anexo XVII, para os restantes corpos, é a outorgada pola Comisión de Avaliación para o persoal que participou no concurso de traslados convocado pola Orde do 8 de novembro de 2010 (DOG do 16 de novembro) ou nas convocatorias seguintes. No suposto de estar de acordo coa puntuación outorgada, deberá marcar a opción de «Acóllome ao baremo do último concurso en que participei», na solicitude de actualización do expediente, e non será necesario neste caso presentar esta solicitude de actualización. No caso de posuír nestas epígrafes novos méritos perfeccionados con posterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes da última convocatoria pola que participou ou se, con carácter excepcional, o persoal interesado discrepa da puntuación outorgada nelas, deberá proceder segundo o establecido na subepígrafe 2.2 desta base para o persoal concursante sen expediente actualizado.
De estar conforme coa puntuación outorgada, o persoal concursante unicamente deberá presentar a solicitude de participación no concurso xeral de traslados de acordo co establecido no punto primeiro desta base.
2.2. Concursante con expediente sen actualizar.
No prazo de presentación de solicitudes establecido na base vixésimo segunda desta orde, o persoal docente que participe no concurso de traslados e non teña o seu expediente actualizado, ademais de presentar a solicitude de participación no concurso por medios electrónicos (código de procedemento ED012A), deberá presentar a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente, xunto coa documentación xustificativa, de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A).
Para optar a prazas dos centros plurilingües, deberá constar o título ou certificado acreditativo da competencia lingüística do idioma correspondente no expediente do persoal concursante.
2.2.1. Alegacións aos méritos recollidos nas epígrafes 4.1 do anexo XVIII e 6.1 e 6.3 do anexo XVII.
A baremación destas epígrafes é a outorgada pola Comisión de Avaliación para o persoal que participou no concurso de traslados convocado pola Orde do 8 de novembro de 2010 (DOG do 16 de novembro) ou nas convocatorias seguintes.
No suposto de posuír nestas epígrafes novos méritos perfeccionados con posterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes da última convocatoria pola que participaron, deberán marcar a opción «Acóllome ao baremo pero desexo alegar publicacións posteriores ao último concurso en que participei», na lapela correspondente da solicitude de actualización do expediente e, ademais de presentar a solicitude de participación no concurso por medios electrónicos (código de procedemento ED012A), deberá presentar, tamén por medios electrónicos, a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente xunto coa documentación xustificativa, de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A).
Se, con carácter excepcional, o persoal interesado discrepa da puntuación outorgada nestas epígrafes, deberá marcar, na lapela correspondente da solicitude de actualización do expediente, a opción «Non me acollo ao baremo e quero volver alegar todo» e, ademais de presentar a solicitude de participación no concurso por medios electrónicos (código de procedemento ED012A), deberá presentar, tamén por medios electrónicos, a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente xunto coa documentación xustificativa, de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A). Neste suposto concreto, no procedemento con código ED011A, deberá achegar, xunto coa solicitude, toda a documentación para a cal solicita baremación relativa a estas epígrafes.
No tocante á presentación dos arquivos electrónicos relativos á devandita documentación xustificativa, deberá aterse aos requirimentos técnicos soportados pola sede electrónica da Xunta de Galicia, que poden consultarse na lapela de presentación: «Presentar documentación de gran tamaño: consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos», que figura na guía de procedementos e servizos correspondente ao procedemento con código ED011A.
2.3. Incorporación das novas alegacións ao expediente persoal.
A Comisión baremadora a que se fai referencia no apartado segundo da base vixésimo sexta será a competente para a verificación da documentación presentada no procedemento con código ED011A e posterior incorporación ao expediente do persoal docente, sen prexuízo do establecido no artigo 6.1 da Orde do 2 de xuño de 2021 no relativo ás competencias de recoñecemento, certificación e rexistro das actividades de formación do profesorado.
A nova baremación resultante dos méritos alegados reflectirase no baremo do concurso de traslados cando as novas alegacións sexan validadas, de ser o caso, por esta comisión e poderá ser consultada polo persoal concursante na lapela do baremo existente na solicitude de participación do concurso.
3. Comprobación de datos.
3.1. Para a tramitación deste procedemento, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI/NIE da persoa solicitante ou representante.
3.2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3.3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. O persoal participante forzoso que nunca obtivo o seu primeiro destino definitivo poderá acollerse a non ter puntuación no concurso, marcando esta opción na lapela de baremación. Neste caso, participará no concurso unicamente coa puntuación que corresponda polas subepígrafes 1.1.2 e 1.2.1 do baremo que se publica como anexo XVII desta orde.
5. Aínda cando se concorra a prazas de diferentes especialidades, soamente poderá obterse un único destino.
Vixésimo primeira. Data en que se deben reunir os requisitos de participación e de méritos
Todos os requisitos de participación, sen prexuízo do establecido na base décimo terceira, así como os méritos alegados, teñen que reunirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, e serán acreditados na forma que se establece nesta convocatoria.
Non serán tidos en conta aqueles méritos alegados que non fosen debidamente xustificados no prazo de presentación de solicitudes establecido na base vixésimo segunda, así como aqueles que non se presenten por medios electrónicos e de acordo co establecido na Orde do 2 de xuño de 2021 (ED011A). Sen prexuízo do anterior, cando a documentación achegada non reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria, requirirase por medios electrónicos a persoa interesada para que achegue os documentos preceptivos, coa indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistida da súa petición ou non se terá en conta o mérito alegado correspondente.
Vixésimo segunda. Prazo de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes do concurso de traslados, mediante o procedemento normalizado ED012A, será desde o día 10 de novembro ao 28 de novembro de 2025, ambos os dous incluídos. Finalizado este prazo non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas e os seus termos terán carácter vinculante para as persoas solicitantes. Así mesmo, tampouco se admitirá ningunha documentación complementaria alegada mediante o procedemento ED011A, de conformidade co establecido no punto 2 da base vixésima, unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes do concurso de traslados.
Vixésimo terceira. Notificacións
1. As notificacións de resolucións e actos administrativos que non vaian ser obxecto de publicación de conformidade co previsto nesta orde practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal.
Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.
4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Vixésimo cuarta. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Vixésimo quinta. Forma de realizar as peticións
1. No prazo establecido na base vixésimo segunda, o persoal participante deberá manifestar na solicitude, de modo expreso, que reúne os requisitos exixidos na convocatoria, e consignará os centros que solicite por orde de preferencia, cos números de código e especialidade que figuran nos anexos desta orde.
2. Prazas dos centros plurilingües.
Nas prazas dos centros plurilingües especificarase na solicitude o código 1, 2 ou 3, segundo o idioma sexa francés, inglés ou alemán, respectivamente, no recadro correspondente da petición da sección bilingüe (B). Cando a praza no centro queira solicitarse sen impartirse en lingua estranxeira e posteriormente impartíndose en lingua estranxeira deberá repetirse o código do centro, nun caso sen poñer o código 1, 2 ou 3, e no outro poñéndoo.
3. Prazas itinerantes.
Se as prazas que se solicitan teñen carácter de itinerante deberá facerse constar tal circunstancia marcando cun «1» o recadro correspondente (columna «I»). Cando a praza no centro queira solicitarse sen itinerancia e posteriormente con itinerancia deberá repetirse o código do centro, nun caso sen marcar a columna «I», e no outro marcándoa.
No suposto de formular petición a localidade, deberá procederse do mesmo xeito se se queren solicitar prazas con itinerancia e sen itinerancia.
4. Prazas con requisito de coñecemento da lingua galega.
No suposto de solicitar prazas dalgunha das especialidades relacionadas no punto 2 da base común décimo segunda desta convocatoria, consignarase 1 no recadro referido ao perfil lingüístico. Nas prazas das restantes especialidades especificarase un 0 ou deixarase en branco.
5. Peticións a centro ou a localidade.
As peticións poderán facerse a centro concreto ou a localidade, e serán compatibles ambas as dúas modalidades.
Nas peticións formuladas a localidade non están incluídos os centros rurais agrupados. Para o suposto de que se desexe a adxudicación nos colexios rurais agrupados, deberán solicitarse preceptivamente por código de centro.
No caso do persoal participante polo corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional ou polo corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, nas peticións formuladas a localidade non están incluídos os centros de educación especial. Para o suposto de que se desexe a adxudicación nos centros de educación especial, deberán solicitarse preceptivamente por código de centro.
6. Número de peticións máximas que poden realizarse.
O número de peticións que cada participante pode incluír na súa solicitude non poderá exceder as 400 nos corpos de profesores de ensino secundario, e de 500 no corpo de mestres, aínda que estas poderán ser a centro e/ou localidades, como se específica no punto anterior.
Vixésimo sexta. Comisión de Avaliación
1. Para avaliar os méritos alegados polas persoas concursantes, a que se refiren ás epígrafes 4.1 do anexo XVIII e 6.1 e 6.3 do anexo XVII desta orde, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional designará unha comisión de avaliación, composta polas seguintes persoas:
Presidencia: unha persoa funcionaria do corpo de inspectores de educación ou do corpo de inspectores ao servizo da Administración educativa, designada pola persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
Vogais:
• Unha persoa funcionaria do corpo de inspectores de educación ou do corpo de inspectores ao servizo da Administración educativa.
• Dúas persoas funcionarias do corpo de catedráticos de ensino secundario ou do corpo de profesores de ensino secundario.
• Unha persoa funcionaria do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional ou do corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional.
• Unha persoa funcionaria do corpo de catedráticos ou de profesores de escolas oficiais de idiomas.
• Unha persoa funcionaria do corpo de profesores de música e artes escénicas.
• Unha persoa funcionaria do corpo de profesores ou de mestres de taller de artes plásticas e deseño.
• Dúas persoas funcionarias do corpo de mestres.
Actuará como persoa secretaria da Comisión a persoa vogal con menor antigüidade na función pública docente como persoal funcionario de carreira, agás que a Comisión acorde determinalo doutro xeito.
Os vogais serán designados por sorteo público entre o persoal funcionario de carreira do corpo correspondente con destino definitivo na localidade de Santiago de Compostela, e adecuarase ao criterio de paridade entre muller e home. A participación neste órgano ten carácter obrigatorio. Non obstante, a persoa que exerza a presidencia desta comisión concederá a suplencia a aquelas persoas que a soliciten e actuasen como membros desta comisión nos últimos catro anos, salvo cando non se poida constituír o dito órgano co número suficiente de persoal funcionario do corpo correspondente.
O sorteo terá lugar o día 10 de decembro de 2025 ás 10.00 horas, na sala de xuntas da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Poderá asistir ás reunións da Comisión de Avaliación unha persoa representante de cada organización sindical con presenza na Mesa sectorial docente non universitaria, con voz e sen voto.
A Comisión de Avaliación poderá solicitar o asesoramento que considere oportuno.
As persoas membros da Comisión estarán suxeitas ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
Esta Comisión de Avaliación terá a súa sede na Inspección Educativa de Santiago de Compostela, sita na rúa da Besada, San Lázaro, 107, código postal 15703.
2. A asignación de puntuación que corresponde ao persoal concursante polas restantes epígrafes do baremo de méritos será realizada por persoal destinado na Subdirección Xeral de Recursos Humanos ou por unha comisión constituída por persoas funcionarias destinadas na Subdirección Xeral de Recursos Humanos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
3. Estas comisións estarán cualificadas na categoría primeira, para os efectos do previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (DOG do 18 de xullo).
Vixésimo sétima. Criterios de prioridade na adxudicación de destinos
1. Dereito preferente a centro.
a) O dereito preferente a centro considerado no artigo 16 do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, implica, en canto á obtención de destino, unha prelación respecto ás persoas participantes que exerzan o dereito preferente a localidade e zona educativa.
b) Entre varios dereitos preferentes ao mesmo centro, a prelación virá determinada pola orde en que os supostos se relacionan na base décimo quinta desta convocatoria.
c) Se hai dúas ou máis persoas participantes con dereito a centro que participan polo mesmo apartado, a prioridade virá determinada pola maior puntuación total na aplicación do baremo de méritos.
d) No caso en que se produzan empates na puntuación total, utilizarase como primeiro criterio de desempate o maior tempo de servizos efectivos como persoal funcionario de carreira no centro.
e) De resultar necesario, aplicaranse os demais criterios previstos no punto 3 desta base común.
2. Dereito preferente a localidade ou zona educativa.
Coa finalidade de establecer o dereito á reserva dunha praza da localidade ou zona educativa, establecerase a seguinte prioridade:
a) Entre varios dereitos preferentes á mesma localidade, a prelación virá determinada pola orde en que os supostos se relacionan na base común décimo sétima desta convocatoria.
b) Se hai dúas ou máis persoas participantes con dereito a localidade que participan polo mesmo apartado, a prioridade virá determinada pola maior puntuación total na aplicación do baremo de méritos.
c) No suposto de que se produzan empates no total das puntuacións, aplicaranse os criterios de desempate establecidos no punto terceiro desta base.
Obtida a reserva a localidade e especialidade como consecuencia do exercicio do dereito preferente, o centro concreto adxudicarase en concorrencia coas persoas participantes que non exercen o dereito preferente, e determinarase a súa prioridade de acordo co baremo establecido.
Se, realizada a adxudicación das peticións voluntarias, a persoa interesada non obtivese unha praza, asignarase de oficio o centro que teña un número de orde máis baixa entre os que queden vacantes na localidade e especialidade reservada. A reserva previa garante que, polo menos, quedará sempre unha praza para cada persoa participante nesta situación.
3. Adxudicación ordinaria.
Sen prexuízo da prioridade determinada polo exercicio dos dereitos preferentes previstos na convocatoria, o concurso resolverase atendendo á puntuación resultante da aplicación do baremo de méritos contidos nos anexos XVII ou XVIII.
No caso de producirse empates no total das puntuacións, estes resolveranse atendendo sucesivamente á maior puntuación en cada unha das epígrafes do baremo, conforme a orde en que aparecen nel. Se persiste o empate, atenderase á puntuación obtida nas distintas subepígrafes pola orde, igualmente, en que aparecen no baremo. En ambos os dous casos, a puntuación que se tome en consideración en cada apartado ou epígrafe non poderá exceder a puntuación máxima establecida para cada un deles no baremo, nin, no suposto das subepígrafes, o que corresponda como máximo á epígrafe en que se atopen incluídas. Cando, ao aplicar estes criterios, algunha ou algunhas das subepígrafes alcance a máxima puntuación outorgada á epígrafe a que pertence, non se tomarán en consideración as puntuacións do resto de subepígrafes. De resultar necesario, empregarase como criterio de desempate o ano en que se convocou o procedemento selectivo a través do cal se ingresou no corpo e a puntuación pola que resultou seleccionada.
4. A adxudicación de destinos ao persoal funcionario en prácticas farase tendo en conta a puntuación obtida no proceso selectivo e, se é o caso, o número de orde obtido no devandito proceso.
Vixésimo oitava. Adxudicación de oficio
1. No caso das modalidades de participación obrigatoria, atenderase en primeiro lugar ás peticións voluntarias a centro ou localidade que a persoa interesada consignase na súa solicitude.
2. Cando a persoa participante estea obrigada a obter destino, de acordo coas normas desta convocatoria, no caso de non obter adxudicación entre as prazas consignadas voluntariamente, procederase a tentar a adxudicación de oficio, para o que a aplicación informática de resolución do concurso xerará tantas peticións como resulte de combinar as táboas para a adxudicación de oficio, referidas a ámbitos territoriais, especialidades, vernáculos e bilingüismo.
3. A aplicación informática de resolución do concurso xerará tantas peticións de oficio a cada provincia como combinacións sexan posibles de provincia máis especialidade, máis vernáculo, máis bilingüe, na orde de prioridade, que veñan consignadas nas correspondentes táboas e na orde que se consigne.
4. Cando a persoa concursante non consignase todas as provincias para a adxudicación de oficio, as que falten serán incorporadas pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. En primeiro lugar engadirá a provincia de orixe e, a continuación, as restantes por orde crecente de código.
Así mesmo, de non constar todas as especialidades de que é titular ou nas cales está habilitada, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional incorporaraas na orde de código da especialidade.
5. Durante o proceso de adxudicación de vacantes percorreranse sucesivamente, para cada provincia, especialidade e, se é o caso, vernáculo e bilingüe, todos os centros pola orde que figuran nos anexos desta convocatoria, en función do corpo polo que se concurse, ata que se encontre unha vacante para adxudicar.
6. Para os efectos de prioridade de obtención de destino, as peticións xeradas de oficio terán o mesmo tratamento que as peticións consignadas voluntariamente pola persoa interesada, é dicir, aplicaráselles o mesmo baremo e criterios de desempate, de modo que o persoal docente en participación obrigatoria, ao cal teña que adxudicárselle de oficio, obterá destino antes que outro con menor puntuación, aínda que este último solicitase a mesma praza voluntariamente.
7. En ningún caso se adxudicarán de oficio prazas itinerantes nin aquelas para as cales non se reúnen os requisitos. As prazas bilingües non se adxudicarán tampouco de oficio, agás que o persoal concursante as solicite expresamente na lapela correspondente á adxudicación de oficio.
Vixésimo novena. Resolución provisional do concurso
Unha vez recibidas na Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional as actas da Comisión de Avaliación, coas puntuacións asignadas ao persoal concursante, procederase, conforme as peticións e méritos das persoas participantes, á adxudicación dos destinos e faranse públicos mediante resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos na páxina web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (www.edu.xunta.gal).
A consellería poderá, de oficio, modificar a puntuación provisional, outorgada cando se producise un erro na baremación que supoña unha minoración desta. Daráselle un prazo de tres (3) días hábiles á persoa á cal se lle modifique a baremación para que formule alegacións.
Trixésima. Reclamacións e renuncias
O persoal concursante poderá presentar reclamacións á resolución provisional por medios electrónicos, mediante o trámite activado para este efecto na Carpeta cidadá, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (www.edu.xunta.gal).
Finalizado o prazo concedido para formular reclamacións, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publicará na páxina web www.edu.xunta.gal a resolución pola que se terá por desistido o persoal aspirante que, no prazo concedido para estes efectos, non formule reclamación.
Sen prexuízo do parágrafo anterior, o persoal concursante poderá presentar reclamacións á puntuación outorgada, con anterioridade á resolución provisional do concurso, unha vez que se fagan públicas na páxina web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Así mesmo, no mesmo prazo de dez (10) días hábiles, poderá presentar renuncia. Esta deberá realizarse na páxina web do concurso (www.edu.xunta.gal/cxt), na lapela habilitada para estes efectos, e presentarse por medios electrónicos mediante o trámite activado para este efecto na Carpeta cidadá. A renuncia afectará todas as peticións e especialidades consignadas na súa solicitude de participación.
As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso, deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obteñan destino na resolución provisional, xa que, de non o facer, poderán obter destino na resolución definitiva, cos efectos previstos na base seguinte.
De conformidade co establecido no artigo 9 do Decreto 140/2006, do 31 de agosto, o persoal funcionario docente desprazado por falta de horario, que participe no concurso de traslados exercendo o dereito preferente, poderá renunciar á participación no concurso nas catro primeiras convocatorias desde que se produciu a situación de desprazado, mantendo o dereito preferente a obter destino no centro ou localidade.
Trixésimo primeira. Resolución definitiva
Consideradas as reclamacións e renuncias a que se refire a base anterior, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos ditará as resolucións definitivas destes concursos de traslados. As ditas resolucións publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (www.edu.xunta.gal/). As prazas adxudicadas nas citadas resolucións son irrenunciables, polo que as persoas participantes deberán incorporarse ás prazas obtidas. Non obstante, cando se participe simultaneamente por distintos corpos docentes e se obteña destino en máis dun, deberase optar por un deles no prazo de dez (10) días hábiles seguintes á publicación da resolución definitiva, mediante escrito presentado a través da sede electrónica da Xunta de Galicia e dirixido á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. De non se realizar a devandita opción, deberase tomar posesión na praza obtida correspondente ao corpo desde o cal se participou en situación de servizo activo. As prazas a que non se opte terán a consideración de vacantes desertas e cubriranse regulamentariamente na forma que determine a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
As persoas concursantes que obteñan praza neste concurso, nalgunha das especialidades non relacionadas na base décimo segunda, estarán obrigadas, no prazo de dous (2) anos contados a partir do 1 de setembro de 2026, a obter, polo menos, o certificado de lingua galega (Celga 4), agás que acrediten telo superado con anterioridade ou que posúan algunha das súas validacións ou homologacións.
O prazo máximo para resolver e publicar a resolución definitiva non poderá exceder os seis (6) meses, contados a partir da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo sen se ditar resolución expresa, as solicitudes poderán entenderse desestimadas por silencio administrativo.
Contra a resolución definitiva, as persoas interesadas poderán interpor recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo establecen os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Trixésimo segunda. Reingreso ao servizo activo
O profesorado excedente que reingrese ao servizo activo, como consecuencia do concurso, presentará ante o departamento territorial de que dependa o centro obtido mediante o concurso de traslados declaración responsable de non se encontrar separado de ningún corpo ou escala da Administración do Estado, das comunidades autónomas ou da local, en virtude de expediente disciplinario, e de non estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas e o certificado negativo de antecedentes penais por delitos sexuais.
Trixésimo terceira. Retribucións
O persoal funcionario docente que, mediante a convocatoria realizada ao abeiro desta orde, obteña destino definitivo nun ámbito de xestión distinto ao do seu posto de orixe, percibirá as súas retribucións de acordo coas normas retributivas correspondentes ao ámbito en que se obtivo destino.
Trixésimo cuarta. Mobilidade por razón de violencia de xénero e violencia sexual
1. De conformidade co establecido no artigo 82 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, no artigo 4 do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, e no artigo 102 da Lei 2/2015, do 29 de abril, as funcionarias vítimas de violencia de xénero ou de violencia sexual que se vexan obrigadas a abandonar o posto de traballo na localidade en que viñan prestando os seus servizos, para facer efectiva a súa protección ou o dereito a asistencia integral, terán dereito ao traslado a outro posto de traballo propio do seu corpo, de análogas características, sen necesidade de que a dita vacante sexa de necesaria cobertura mediante o concurso de traslados. Aínda así, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional estará obrigada a comunicarlles as vacantes situadas na mesma localidade ou localidades que as interesadas expresamente soliciten.
2. Se concorren as circunstancias previstas legalmente, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional adxudicará unha praza ou posto propio do seu corpo e especialidade.
Esta adxudicación terá carácter definitivo, sempre que a interesada estea conforme. Este traslado terá a consideración de traslado forzoso.
3. Nas actuacións e procedementos relacionados coa violencia de xénero ou coa violencia sexual, protexerase a intimidade das vítimas, en especial os seus datos persoais, os dos seus descendentes e os de calquera persoa que estea baixo a súa garda ou custodia.
4. Para o devandito traslado, as interesadas indicarán a localidade ou localidades da súa preferencia, así como a especialidade ou especialidades solicitadas.
A situación de violencia de xénero acreditarase mediante a orde de protección a favor da vítima, cando esta estea en vigor; coa sentenza condenatoria definitiva, ou definitiva e firme, que conteña medidas de protección vixentes, que acrediten a actualidade da situación de violencia e, excepcionalmente, co informe do Ministerio Fiscal, que indique a existencia de indicios de que a denunciante é vítima de violencia de xénero, mentres non se dite a orde de protección.
Pola súa vez, a situación de violencia sexual acreditarase de conformidade co artigo 37 da Lei orgánica 10/2022, do 6 de setembro, de garantía integral da liberdade sexual.
Trixésimo quinta. Toma de posesión
A toma de posesión dos novos destinos terá efectividade administrativa do 1 de setembro de 2026.
Disposición adicional primeira. Recursos
De conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase recorrer potestativamente en reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2025
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
ANEXO IX
Especialidades do corpo de catedráticos e de profesores
de ensino secundario (corpo 590)
|
Código
|
Especialidade
|
|
001
|
Filosofía
|
|
002
|
Grego
|
|
003
|
Latín
|
|
004
|
Lingua Castelá e Literatura
|
|
005
|
Xeografía e Historia
|
|
006
|
Matemáticas
|
|
007
|
Física e Química
|
|
008
|
Bioloxía e Xeoloxía
|
|
009
|
Debuxo
|
|
010
|
Francés
|
|
011
|
Inglés
|
|
012
|
Alemán
|
|
015
|
Portugués
|
|
016
|
Música
|
|
017
|
Educación Física
|
|
018
|
Orientación Educativa
|
|
019
|
Tecnoloxía
|
|
053
|
Lingua e Literatura Galega
|
|
061
|
Economía
|
|
101
|
Administración de Empresas
|
|
102
|
Análise e Química Industrial
|
|
103
|
Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal
|
|
104
|
Construcións Civís e Edificacións
|
|
105
|
Formación e Orientación Laboral
|
|
106
|
Hostalaría e Turismo
|
|
107
|
Informática
|
|
108
|
Intervención Sociocomunitaria
|
|
109
|
Navegación e Instalacións Mariñas
|
|
110
|
Organización e Xestión Comercial
|
|
111
|
Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos
|
|
112
|
Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica
|
|
113
|
Organización e Proxectos de Sistemas Enerxéticos
|
|
114
|
Procesos de Cultivo Acuícola
|
|
115
|
Procesos de Produción Agraria
|
|
116
|
Procesos na Industria Alimentaria
|
|
117
|
Procesos Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortoprotésicos
|
|
118
|
Procesos Sanitarios
|
|
119
|
Procesos e Medios de Comunicación
|
|
120
|
Procesos e Produtos de Téxtil, Confección e Pel
|
|
121
|
Procesos e Produtos do Vidro e Cerámica
|
|
122
|
Procesos e Produtos en Artes Gráficas
|
|
123
|
Procesos e Produtos en Madeira e Moble
|
|
124
|
Sistemas Electrónicos
|
|
125
|
Sistemas Electrotécnicos e Automáticos
|
|
205
|
Instalación e Mantemento de Equipos Térmicos e Fluídos
|
|
206
|
Instalacións Electrotécnicas
|
|
207
|
Instalacións e Equipamentos de Cría e Cultivo
|
|
208
|
Laboratorio
|
|
210
|
Máquinas, Servizos e Produción
|
|
212
|
Oficina de Proxectos de Construción
|
|
213
|
Oficina de Proxectos de Fabricación Mecánica
|
|
214
|
Operacións e Equipos de Elaboración de Produtos Alimentarios
|
|
215
|
Operacións de Procesos
|
|
216
|
Operacións e Equipos de Produción Agraria
|
|
219
|
Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico
|
|
220
|
Procedementos Sanitarios e Asistenciais
|
|
221
|
Procesos Comerciais
|
|
222
|
Procesos de Xestión Administrativa
|
|
224
|
Produción Téxtil e Tratamentos Fisicoquímicos
|
|
225
|
Servizos á Comunidade
|
|
227
|
Sistemas e Aplicacións Informáticas
|
|
229
|
Técnicas e Procedementos de Imaxe e Son
|
|
231
|
Equipos Electrónicos
|
ANEXO X
Especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores
singulares de formación profesional (corpo 598)
|
Código
|
Especialidade
|
|
001
|
Cociña e Pastelaría
|
|
002
|
Estética
|
|
003
|
Fabricación e Instalación de Carpintaría e Moble
|
|
004
|
Mantemento de Vehículos
|
|
005
|
Mecanizado e Mantemento de Máquinas
|
|
006
|
Patronaxe e Confección
|
|
007
|
Peiteado
|
|
008
|
Produción de Artes Gráficas
|
|
009
|
Servizos de Restauración
|
|
010
|
Soldadura
|
ANEXO XI
Especialidades do corpo de catedráticos e de profesores
de escolas oficiais de idiomas (corpo 592)
|
Código
|
Especialidade
|
|
001
|
Alemán
|
|
002
|
Árabe
|
|
004
|
Chinés
|
|
006
|
Español
|
|
008
|
Francés
|
|
009
|
Galego
|
|
011
|
Inglés
|
|
012
|
Italiano
|
|
013
|
Xaponés
|
|
015
|
Portugués
|
|
017
|
Ruso
|
ANEXO XII
Especialidades do corpo de catedráticos de música
e artes escénicas (corpo 593)
|
Código
|
Especialidade
|
|
001
|
Acordeón
|
|
003
|
Arpa
|
|
005
|
Danza Clásica
|
|
006
|
Canto
|
|
007
|
Caracterización
|
|
008
|
Clarinete
|
|
009
|
Clave
|
|
010
|
Composición
|
|
012
|
Concertación
|
|
014
|
Contrabaixo
|
|
017
|
Danza Española
|
|
018
|
Baile Flamenco
|
|
020
|
Dirección de Coro
|
|
023
|
Dirección de Orquestra
|
|
025
|
Escena Lírica
|
|
029
|
Expresión Corporal
|
|
030
|
Fagot
|
|
031
|
Frauta de Pico
|
|
032
|
Frauta Travesa
|
|
033
|
Etnomusicoloxía
|
|
035
|
Guitarra
|
|
036
|
Guitarra Flamenca
|
|
039
|
Historia da Música
|
|
045
|
Lingua Alemá
|
|
046
|
Lingua Francesa
|
|
047
|
Lingua Inglesa
|
|
048
|
Lingua Italiana
|
|
050
|
Música de Cámara
|
|
051
|
Musicoloxía
|
|
052
|
Óboe
|
|
053
|
Órgano
|
|
057
|
Pedagoxía
|
|
058
|
Percusión
|
|
059
|
Piano
|
|
061
|
Improvisación e Acompañamento
|
|
063
|
Repertorio con Piano para Voz
|
|
066
|
Saxofón
|
|
072
|
Trombón
|
|
074
|
Trompa
|
|
075
|
Trompeta
|
|
076
|
Tuba
|
|
077
|
Viola
|
|
078
|
Violín
|
|
079
|
Violonchelo
|
|
080
|
Txistu
|
|
081
|
Baixo Eléctrico
|
|
082
|
Batería de Jazz
|
|
083
|
Cante Flamenco
|
|
084
|
Canto de Jazz
|
|
085
|
Composición de Jazz
|
|
086
|
Contrabaixo de Jazz
|
|
087
|
Dulzaina
|
|
088
|
Flabiol i Tamborí
|
|
089
|
Flamencoloxía
|
|
090
|
Gaita
|
|
091
|
Guitarra Eléctrica
|
|
092
|
Instrumentos de Corda Pulsada do Renacemento e Barroco
|
|
093
|
Instrumentos de Puga
|
|
094
|
Instrumentos de Vento de Jazz
|
|
095
|
Instrumentos Históricos de Corda Fretada
|
|
096
|
Instrumentos Históricos de Tecla
|
|
097
|
Instrumentos Históricos de Vento
|
|
098
|
Repertorio con Piano para Instrumentos
|
|
099
|
Teclados Piano Jazz
|
|
100
|
Tecnoloxía Musical
|
|
101
|
Tenora i Tible
|
|
102
|
Viola de Gamba
|
|
103
|
Análise e Práctica do Repertorio de Baile Flamenco
|
|
104
|
Análise e Práctica do Repertorio da Danza Clásica
|
|
105
|
Análise e Práctica do Repertorio de Danza Contemporánea
|
|
106
|
Análise e Práctica de Repertorio de Danza Española
|
|
107
|
Ciencias da Saúde Aplicadas á Danza
|
|
108
|
Composición Coreográfica
|
|
109
|
Danza Contemporánea
|
|
110
|
Danza Educativa
|
|
111
|
Escenificación Aplicada á Danza
|
|
112
|
Historia da Danza
|
|
113
|
Psicopedagoxía e Xestión Educativa
|
|
114
|
Tecnoloxías Aplicadas á Danza
|
|
115
|
Produción e Xestión de Música e Artes Escénicas
|
|
116
|
Acrobacia Aplicada á Arte Dramática
|
|
117
|
Creación Audiovisual
|
|
118
|
Dramaturxia e Escritura Dramática
|
|
119
|
Esgrima Aplicada á Arte Dramática
|
|
120
|
Estética e Historia da Arte
|
|
121
|
Indumentaria
|
|
122
|
Interpretación no Audiovisual
|
|
123
|
Interpretación no Teatro Musical
|
|
124
|
Interpretación no Teatro do Texto
|
|
125
|
Linguaxe Musical Aplicada á Arte Dramática
|
|
126
|
Pedagoxía Teatral
|
|
127
|
Pianista Acompañante Aplicado á Arte Dramática
|
|
128
|
Produción e Xestión Teatral
|
|
129
|
Técnicas Gráficas para a Escena
|
|
130
|
Teoría das Artes do Espectáculo
|
|
441
|
Canto Aplicado á Arte Dramática
|
|
443
|
Danza Aplicada á Arte Dramática
|
|
444
|
Dicción e Expresión Oral
|
|
445
|
Dirección Escénica
|
|
448
|
Espazo Escénico
|
|
450
|
Iluminación
|
|
452
|
Interpretación con Obxectos
|
|
454
|
Interpretación no Teatro do Xesto
|
|
455
|
Literatura Dramática
|
|
456
|
Técnicas Escénicas
|
ANEXO XIII
Especialidades do corpo de profesores de música
e artes escénicas (corpo 594)
|
Código
|
Especialidade
|
|
007
|
Caracterización
|
|
116
|
Acrobacia Aplicada á Arte Dramática
|
|
117
|
Creación Audiovisual
|
|
118
|
Dramaturxia e Escritura Dramática
|
|
119
|
Esgrima Aplicada á Arte Dramática
|
|
120
|
Estética e Historia da Arte
|
|
121
|
Indumentaria
|
|
122
|
Interpretación no Audiovisual
|
|
123
|
Interpretación no Teatro Musical
|
|
124
|
Interpretación no Teatro do Texto
|
|
125
|
Linguaxe Musical Aplicada á Arte Dramática
|
|
126
|
Pedagoxía Teatral
|
|
127
|
Pianista Acompañante Aplicado á Arte Dramática
|
|
128
|
Produción e Xestión Teatral
|
|
129
|
Técnicas Gráficas para a Escena
|
|
130
|
Teoría das Artes do Espectáculo
|
|
401
|
Acordeón
|
|
402
|
Arpa
|
|
403
|
Canto
|
|
404
|
Clarinete
|
|
405
|
Clave
|
|
406
|
Contrabaixo
|
|
407
|
Coro
|
|
408
|
Fagot
|
|
409
|
Flabiol i Tamborí
|
|
410
|
Frauta Travesa
|
|
411
|
Frauta de Pico
|
|
412
|
Fundamentos de Composición
|
|
413
|
Gaita
|
|
414
|
Guitarra
|
|
415
|
Guitarra Flamenca
|
|
416
|
Historia da Música
|
|
417
|
Instrumentos de Corda Pulsada do Renacemento e do Barroco
|
|
418
|
Instrumentos de Puga
|
|
419
|
Óboe
|
|
420
|
Órgano
|
|
421
|
Orquestra
|
|
422
|
Percusión
|
|
423
|
Piano
|
|
424
|
Saxofón
|
|
425
|
Tenora i Tible
|
|
426
|
Trombón
|
|
427
|
Trompa
|
|
428
|
Trompeta
|
|
429
|
Tuba
|
|
430
|
Txistu
|
|
431
|
Viola
|
|
432
|
Viola de Gamba
|
|
433
|
Violín
|
|
434
|
Violonchelo
|
|
435
|
Danza Española
|
|
436
|
Danza Clásica
|
|
437
|
Danza Contemporánea
|
|
438
|
Flamenco
|
|
439
|
Historia da Danza
|
|
441
|
Canto Aplicado á Arte Dramática
|
|
443
|
Danza Aplicada á Arte Dramática
|
|
444
|
Dicción e Expresión Oral
|
|
445
|
Dirección Escénica
|
|
448
|
Espazo Escénico
|
|
449
|
Expresión Corporal
|
|
450
|
Iluminación
|
|
452
|
Interpretación con Obxectos
|
|
454
|
Interpretación no Teatro do Xesto
|
|
455
|
Literatura Dramática
|
|
456
|
Técnicas Escénicas
|
|
460
|
Linguaxe Musical
|
|
461
|
Baixo Eléctrico
|
|
462
|
Dulzaina
|
|
463
|
Guitarra Eléctrica
|
|
464
|
Repertorio con Piano para Danza
|
|
465
|
Cante Flamenco
|
ANEXO XIV
Especialidades do corpo de catedráticos e de profesores
de artes plásticas e deseño (corpo 595)
|
Código
|
Especialidade
|
|
501
|
Cerámica
|
|
502
|
Conservación e Restauración de Materiais Arqueolóxicos
|
|
503
|
Conservación e Restauración de Obras Escultóricas
|
|
504
|
Conservación e Restauración de Obras Pictóricas
|
|
505
|
Conservación e Restauración de Téxtiles
|
|
506
|
Conservación e Restauración do Documento Gráfico
|
|
507
|
Debuxo Artístico e Cor
|
|
508
|
Debuxo Técnico
|
|
509
|
Deseño de Interiores
|
|
510
|
Deseño de Moda
|
|
511
|
Deseño de Produto
|
|
512
|
Deseño Gráfico
|
|
513
|
Deseño Téxtil
|
|
514
|
Edición da Arte
|
|
515
|
Fotografía
|
|
516
|
Historia da Arte
|
|
517
|
Xoiaría e Ourivaría
|
|
518
|
Materiais e Tecnoloxía: Cerámica e Vidro
|
|
519
|
Materiais e Tecnoloxía: Conservación e Restauración
|
|
520
|
Materiais e Tecnoloxía: Deseño
|
|
521
|
Medios Audiovisuais
|
|
522
|
Medios Informáticos
|
|
523
|
Organización Industrial e Lexislación
|
|
524
|
Vidro
|
|
525
|
Volume
|
ANEXO XV
Especialidades do corpo de mestres de taller
de artes plásticas e deseño (corpo 596)
|
Código
|
Especialidade
|
|
601
|
Artesanía e Ornamentación con Elementos Vexetais
|
|
602
|
Bordados e Encaixes
|
|
603
|
Complementos e Accesorios
|
|
604
|
Dourado e Policromía
|
|
605
|
Ebanistaría Artística
|
|
606
|
Encadernación Artística
|
|
607
|
Esmaltes
|
|
608
|
Fotografía e Procesos de Reprodución
|
|
609
|
Modelismo e Maquetismo
|
|
610
|
Moldes e Reproducións
|
|
611
|
Musivaria
|
|
612
|
Talla en Pedra e Madeira
|
|
613
|
Técnicas Cerámicas
|
|
614
|
Técnicas de Gravado e Estampación
|
|
615
|
Técnicas de Xoiaría e Bixutería
|
|
616
|
Técnicas de Ourivaría e Prataría
|
|
617
|
Técnicas de Patronaxe e Confección
|
|
618
|
Técnicas de Metal
|
|
619
|
Técnicas Murais
|
|
620
|
Técnicas Téxtiles
|
|
621
|
Técnicas Vidreiras
|
ANEXO XVI
Códigos das especialidades do corpo de mestres
|
LOXSE infantil e primaria
|
Código
|
LOXSE 1º ciclo da ESO
|
Código
|
|
Educación Infantil
|
31
|
Ciencias Sociais: Xeografía e Historia
|
21
|
|
Linguaxe Estranxeira: Inglés
|
32
|
Ciencias da Natureza
|
22
|
|
Linguaxe Estranxeira: Francés
|
33
|
Matemáticas
|
23
|
|
Educación Física
|
34
|
Lingua Castelá e Literatura
|
24
|
|
Música
|
35
|
Idioma Estranxeiro: Inglés
|
25
|
|
Pedagoxía Terapéutica
|
36
|
Idioma Estranxeiro: Francés
|
26
|
|
Audición e Linguaxe
|
37
|
Educación Física
|
27
|
|
Educación Primaria
|
38
|
Música
|
28
|
|
|
|
Educación Especial: Pedagoxía Terapéutica
|
60
|
|
|
|
Educación Especial: Audición e Linguaxe
|
61
|
|
|
|
Lingua Galega
|
67
|
ANEXO XVII
Baremo de prioridades na adxudicación de destinos por medio de concurso de traslados nos corpos de persoal funcionario docente que imparte docencia
|
Méritos
|
Valoración
|
Documentos xustificativos (1)
|
|
1. Antigüidade:
|
Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas tomas de posesión e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.
|
|
1.1. Antigüidade no centro:
1.1.1. Por cada ano de permanencia ininterrompida como persoal funcionario de carreira con destino definitivo no centro desde o cal concursa.
Para os efectos desta subepígrafe unicamente serán computables os servizos prestados como persoal funcionario de carreira no corpo ou corpos a que corresponda a vacante.
|
|
|
Polo primeiro e segundo ano:
A fracción de ano computarase a razón de 0,3333 puntos por cada mes completo.
|
4,0000 puntos por ano
|
|
Polo terceiro ano:
A fracción de ano computarase a razón de 0,5000 puntos por cada mes completo.
|
6,0000 puntos por ano
|
|
Polo cuarto ano e seguintes:
A fracción de ano computarase a razón de 0,6666 puntos por cada mes completo.
|
8,0000 puntos por ano
|
|
Para a valoración da subepígrafe 1.1.1 teranse en conta as seguintes situacións:
– Considérase como centro desde o cal se participa no concurso aquel a cuxo equipo pertenza a persoa aspirante con destino definitivo, ou no que se estea adscrito, sempre que esta situación implique perda do seu destino docente, sendo unicamente computables por esta subepígrafe os servizos prestados como persoal funcionario de carreira no corpo ou corpos a que corresponda a vacante.
– Nos supostos de persoal funcionario docente en adscrición temporal en centros públicos españois no estranxeiro, ou en supostos análogos, a puntuación desta subepígrafe virá dada polo tempo de permanencia ininterrompida na devandita adscrición. Seguirase este mesmo criterio cos que foron nomeados para postos ou outros servizos de investigación e apoio á docencia da Administración educativa, sempre que o nomeamento supuxese a perda do seu destino docente.
– Cando se cese na adscrición e se incorpore como provisional á súa Administración educativa de orixe, entenderase como centro desde o cal se participa o destino servido en adscrición, ao cal se acumularán, se é o caso, os servizos prestados provisionalmente con posterioridade en calquera outro centro.
– Cando se participe desde a situación de provisionalidade por suprimírselle a praza ou posto que se viña desempeñando con carácter definitivo, por perder o seu destino en cumprimento de sentenza ou resolución de recurso, ou por provir da situación de excedencia forzosa, considerarase como centro desde o cal se participa o último servido con carácter definitivo, ao cal se acumularán, se é o caso, os prestados provisionalmente con posterioridade en calquera centro. Así mesmo, terán dereito, ademais, a que se lle acumulen ao centro de procedencia os servizos prestados con carácter definitivo no centro inmediatamente anterior ao último servido con carácter definitivo. Se é o caso, a devandita acumulación estenderase aos servizos prestados con carácter definitivo nos centros que, sucesivamente, lle foron suprimidos.
– No suposto de que non se desempeñase outro destino definitivo distinto do suprimido, terá dereito a que se lle acumulen ao centro de procedencia os servizos prestados con carácter provisional antes da obtención deste; neste caso a puntuación que se outorgará axustarase ao disposto na subepígrafe 1.1.2 do baremo.
– O disposto nos dous parágrafos anteriores será igualmente de aplicación ás persoas que participen no concurso por perderen o seu destino en cumprimento de sanción disciplinaria de traslado forzoso con cambio de localidade de destino.
– Nos supostos de primeiro destino definitivo obtido tras a supresión da praza ou posto que se viña desempeñando anteriormente con carácter definitivo, consideraranse como servizos prestados no centro desde o cal se concursa os servizos que se acrediten no centro en que se lle suprimiu a praza e, se é o caso, os prestados con carácter provisional con posterioridade á citada supresión. Este mesmo criterio aplicarase aos que obtivesen o primeiro destino tras perderen o anterior por cumprimento de sentenza, resolución de recurso ou por provir da situación de excedencia forzosa.
|
|
1.1.2. Por cada ano como persoal funcionario de carreira en situación de provisionalidade, sempre que se participe desde esta situación:
A fracción de ano computarase a razón de 0,3333 puntos por cada mes completo.
Cando se trate de persoal funcionario de carreira que participe con carácter voluntario desde o seu primeiro destino definitivo obtido por concurso, á puntuación correspondente á subepígrafe 1.1.1 sumaráselle a obtida por esta subepígrafe. Unha vez obtido un novo destino, non poderá acumularse esta puntuación.
|
4,0000 puntos por ano
|
Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas tomas de posesión e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.
|
|
1.1.3. Por cada ano como persoal funcionario de carreira en praza, posto ou centro nunha situación de destino definitivo, destino provisional ou comisión de servizo sempre que, no momento en que se prestaron os servizos, o centro teña a cualificación de especial dificultade: (ver disposición complementaria segunda).
A fracción de ano computarase a razón de 0,3333 puntos por cada mes completo.
Esta puntuación engadirase á puntuación obtida polas subepígrafes 1.1.1 ou 1.1.2.
Non obstante, non se computará para estes efectos o tempo que se permanecese fóra do centro en situación de servizos especiais, en comisión de servizos, con licenzas por estudos ou en supostos análogos que non impliquen prestación efectiva de servizos no centro educativo.
Unha vez obtido un destino definitivo, só será baremable por esta subepígrafe a nova puntuación que poida acreditarse por aqueles servizos que se presten tras a obtención dese destino.
|
4,0000 puntos por ano
|
– Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente, acompañada dunha certificación expedida por esta, acreditativa de que a praza, posto ou centro ten esa cualificación ou
– Certificación da Administración educativa competente onde conste a data de comezo e fin da prestación efectiva dos servizos prestados na devandita praza, posto ou centro, especificando que teñen a cualificación de especial dificultade.
|
|
1.2. Antigüidade no corpo:
|
|
1.2.1. Por cada ano de servizos efectivos prestados en situación de servizo activo como persoal funcionario no corpo ou corpos a que corresponda a vacante:
As fraccións de ano computaranse a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo.
Para os efectos desta subepígrafe, terán a mesma valoración os servizos efectivos prestados en calquera das especialidades pertencentes ao mesmo corpo a que pertence a vacante, con independencia do corpo en que se prestasen.
|
2,0000 puntos por ano
|
Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas tomas de posesión e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.
|
|
1.2.2. Por cada ano de servizos efectivos como persoal funcionario noutros corpos docentes a que se refire a LOE do mesmo ou superior subgrupo:
As fraccións de ano computaranse a razón de 0,1250 puntos por cada mes completo.
|
1,5000 puntos por ano
|
|
1.2.3. Por cada ano de servizos efectivos como persoal funcionario noutros corpos docentes a que se refire a LOE de subgrupo inferior:
As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0625 puntos por cada mes completo.
|
0,7500 puntos por ano
|
|
– Nos supostos recollidos na epígrafe 1.1, ao persoal funcionario de carreira dos corpos de catedráticos de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño, para os efectos de antigüidade no centro, valoraránselle os servizos prestados como persoal funcionario de carreira dos correspondentes corpos de profesores, así como os prestados como persoal funcionario de carreira dos antigos corpos de catedráticos de bacharelato, de escolas oficiais de idiomas e de profesores de termo de artes aplicadas e de oficios artísticos.
– Nos supostos recollidos na epígrafe 1.2, ao persoal funcionario de carreira dos corpos de catedráticos de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño, para os efectos de antigüidade no corpo, valoraránselle os servizos prestados como persoal funcionario dos correspondentes corpos de profesores, así como os prestados como persoal funcionario de carreira dos antigos corpos de catedráticos de bacharelato, de escolas oficiais de idiomas e de profesores de termo de artes aplicadas e de oficios artísticos.
– Nos supostos recollidos nas epígrafes 1.1 e 1.2 do baremo, ao profesorado integrado no corpo de profesores de ensino secundario procedente do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, que concurse a prazas dese corpo de profesores de ensino secundario, computaránselle os servizos prestados no corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, considerándoos como prestados no mesmo corpo a que corresponda a vacante ou vacantes solicitadas, sempre que sexan servizos prestados en especialidades actualmente pertencentes ao corpo de profesores de ensino secundario.
– No caso dos profesores e profesoras integrados no corpo de profesores de ensino secundario procedentes do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, que concursen a prazas do corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, computaránselles nas epígrafes 1.1 e 1.2 do baremo aqueles servizos prestados no corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, así como os prestados desde a súa integración no corpo de profesores de ensino secundario, considerándoos como prestados no mesmo corpo a que corresponde a vacante ou vacantes solicitadas, sempre que sexan servizos prestados en especialidades actualmente pertencentes ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional.
– Nos supostos recollidos nas epígrafes 1.1 e 1.2 do baremo, aos profesores e profesoras pertencentes ao corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, que concursen a prazas do corpo de profesores de ensino secundario, computaránselles os servizos prestados no corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, considerándoos como prestados no mesmo corpo a que corresponda a vacante ou vacantes solicitadas, sempre que sexan servizos prestados en especialidades actualmente pertencentes ao corpo de profesores de ensino secundario.
– No caso dos profesores e profesoras pertencentes ao corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional que concursen a prazas do corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, computaránselles, nas epígrafes 1.1 e 1.2 do baremo aqueles servizos prestados no corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional considerándoos como prestados no mesmo corpo a que corresponda a vacante ou vacantes solicitadas, sempre que sexan servizos prestados en especialidades actualmente pertencentes ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional.
– Os servizos aludidos nas subepígrafes 1.2.2 e 1.2.3 non serán tidos en conta nos anos en que fosen simultáneos entre si ou cos servizos das subepígrafes 1.1.1 ou 1.1.2.
– Para os efectos das subepígrafes 1.1.1, 1.1.2, 1.2.1, 1.2.2 e 1.2.3, serán computados os servizos que se prestasen en situación de servizos especiais, expresamente declarados como tales nos apartados previstos no artigo 87 do TRLEBEP aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, así como as situacións de idéntica natureza establecidas por disposicións anteriores á citada lei. Igualmente será computado, para estes efectos, o tempo de excedencia por coidado de familiares declarada de acordo co artigo 89.4 do citado TRLEBEP, que non poderá exceder os tres anos.
|
|
2. Pertenza aos corpos de catedráticos:
Por ser persoal funcionario de carreira dos corpos de catedráticos de ensino secundario, de música e artes escénicas, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño.
|
5,0000 puntos
|
Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente onde conste a pertenza ao corpo de catedráticos ou título administrativo ou credencial ou, se é o caso, o boletín ou diario oficial en que apareza o seu nomeamento.
|
|
3. Méritos académicos:
Para os efectos da súa valoración por este apartado, unicamente se terán en conta os títulos universitarios oficiais con validez no Estado español (ver disposición complementaria terceira).
|
Máximo
10 puntos
|
|
|
3.1. Doutoramento, posgraos e premios extraordinarios:
|
|
3.1.1. Por cada título de doutoramento.
|
6,0000 puntos
|
Título, ou certificación do pagamento dos dereitos de expedición do título, ou certificado supletorio da titulación, expedidos de acordo co previsto, se é o caso, na Orde do 8 de xullo de 1988 para a aplicación dos reais decretos 185/1985, do 23 de xaneiro, e 1496/1987, do 6 de novembro, en materia de expedición de títulos universitarios oficiais (BOE do 13 de xullo), na Orde ECI/2514/2007, do 13 de agosto, sobre expedición de títulos universitarios oficiais de máster e doutor (BOE do 21 agosto), ou no Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto, sobre expedición de títulos universitarios oficiais (BOE do 6 de agosto).
|
|
3.1.2. Por cada título oficial de máster universitario ou en ensinanzas artísticas distinto do requirido para o ingreso á función pública docente, para cuxa obtención se exixiran, polo menos, 60 créditos:
Naqueles supostos en que o título oficial de máster universitario ou en ensinanzas artísticas constitúa un requisito establecido para o ingreso na función pública docente no corpo correspondente, o devandito título non será valorado.
Este mérito non se valorará cando fose alegado o título de doutor ou doutora, salvo que se acredite que non foi utilizado como requisito de acceso ao doutoramento.
|
3,0000 puntos
|
|
3.1.3. Por cada recoñecemento de suficiencia investigadora ou o certificado-diploma acreditativo de estudos avanzados.
Non se valorará este mérito cando os devanditos títulos fosen utilizados para a obtención do título de doutor que se alegue.
|
2,0000 puntos
|
Certificado-diploma correspondente.
|
|
3.1.4. Por obter premio extraordinario no doutoramento, na licenciatura ou grao ou, no caso das ensinanzas artísticas superiores, por obter un premio extraordinario no grao ou, no caso das titulacións outorgadas polos conservatorios e escolas que impartan ensinanzas artísticas superiores, pola mención honorífica no grao superior.
|
1,0000 punto
|
Documentación xustificativa deste.
|
|
3.2. Outras titulacións de nivel superior:
As titulacións universitarias ou de ensinanzas artísticas superiores de carácter oficial, no caso de que non fosen as exixidas con carácter xeral para o ingreso no corpo desde o cal se participa, valoraranse da forma seguinte:
|
|
3.2.1. Titulacións de grao:
Por cada título oficial de grao universitario ou de grao en ensinanzas artísticas superiores, distintos do exixido con carácter xeral para o ingreso do corpo:
Cando a obtención do título de grao se realice a través doutras titulacións universitarias ou de ensinanzas artísticas superiores, das cales derive que non se cursaron a totalidade das ensinanzas que conformen o correspondente título, valorarase con 2,500 puntos.
Non se considerarán como títulos distintos as diferentes mencións ou especialidades que se asenten nunha mesma titulación.
|
5,0000 puntos
|
A mesma documentación xustificativa que se indica para xustificar os méritos da subepígrafe 3.1.1.
|
|
3.2.2. Titulacións de primeiro ciclo:
Pola segunda e restantes diplomaturas, enxeñarías técnicas, arquitecturas técnicas ou títulos declarados legalmente equivalentes e polos estudos correspondentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría:
No caso de persoal funcionario docente do subgrupo A2, non se valorará por esta subepígrafe, en ningún caso, o primeiro título ou estudos desta natureza que se presente, con independencia de que se ingresase no corpo a través dunha titulación declarada como equivalente para os efectos de docencia.
No caso de persoal funcionario docente do subgrupo A1, non se valorarán por esta subepígrafe, en ningún caso, o título ou estudos desta natureza que fose necesario superar para a obtención do primeiro título de licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou grao que se presente, con independencia de que se ingresase no corpo a través dunha titulación declarada como equivalente para os efectos de docencia.
Non se considerarán como títulos distintos as diferentes mencións ou especialidades que se asenten nunha mesma titulación.
Non se valorarán os primeiros ciclos que permitisen a obtención doutras titulacións académicas de ciclo longo que se aleguen como méritos.
|
3,0000 puntos
|
Todos os títulos que se posúan ou certificado do pagamento dos dereitos de expedición expedidos de acordo co previsto na Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).
Para a valoración dos estudos correspondentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría, certificación académica onde conste de forma expresa que se superaron todas as materias ou créditos conducentes á obtención dos devanditos títulos ou ciclos.
|
|
3.2.3. Titulacións de segundo ciclo:
Polos estudos correspondentes ao segundo ciclo de licenciaturas, enxeñarías, arquitecturas ou títulos declarados legalmente equivalentes:
No caso de persoal funcionario docente do subgrupo A1, non se valorarán por esta epígrafe, en ningún caso, os estudos desta natureza que fose necesario superar (primeiro ciclo, segundo ciclo ou, se é o caso, ensinanzas complementarias), para a obtención do primeiro título de licenciatura, enxeñaría ou arquitectura ou grao que se presente, con independencia de que se ingresase no corpo a través dunha titulación declarada como equivalente para os efectos de docencia.
As titulacións de só segundo ciclo e os títulos declarados equivalentes para todos os efectos ao título universitario de licenciatura unicamente se valorarán como un segundo ciclo.
Non se considerarán como títulos distintos as diferentes mencións ou especialidades que se asenten nunha mesma titulación.
|
3,0000 puntos
|
|
3.3. Titulacións oficiais de ensinanzas de formación profesional, das ensinanzas profesionais artísticas, deportivas e das ensinanzas de idiomas:
As titulacións de ensinanzas de réxime especial outorgadas polas escolas oficiais de idiomas, conservatorios profesionais e escolas de arte, así como as de formación profesional, no caso de que non fosen as exixidas como requisito para o ingreso na función pública docente ou, se é o caso, que non fosen necesarias para a obtención do título alegado, valoraranse da forma seguinte:
|
|
Para valorar os certificados das escolas oficiais de idiomas e título profesional de música ou danza:
Título que se posúa ou, se é o caso, certificación acreditativa da expedición do devandito título ou certificación acreditativa de que se superaron os estudos conducentes á súa obtención.
Para valorar as titulacións do apartado e) deberá presentarse certificación académica en que conste de forma expresa que se superaron todas as materias ou créditos conducentes á obtención dos devanditos títulos.
|
|
a) Por cada certificado de nivel C2 do Consello de Europa:
|
4,0000 puntos
|
|
b) Por cada certificado de nivel C1 do Consello de Europa:
|
3,0000 puntos
|
|
c) Por cada certificado de nivel B2 do Consello de Europa:
|
2,0000 puntos
|
|
d) Por cada certificado de nivel B1 do Consello de Europa:
|
1,0000 punto
|
|
Cando proceda valorar as certificacións sinaladas nos puntos anteriores só se considerará a de nivel superior que presente a persoa participante por cada idioma.
Os certificados de coñecemento dun idioma estranxeiro, acreditados de acordo co disposto neste apartado ou no apartado 5, valoraranse por unha soa vez nun ou noutro apartado. Así mesmo, cando se presenten neses apartados, para a súa valoración, varios certificados dos diferentes niveis acreditativos da competencia lingüística nun mesmo idioma, valorarase un só certificado nun dos apartados, que se corresponderá con aquel que acredite un nivel superior de coñecemento dese idioma.
|
|
e) Por cada título de técnico superior de artes plásticas e deseño, técnico deportivo superior ou técnico superior de formación profesional ou equivalente:
|
2,0000 puntos
|
|
f) Por cada título profesional de música ou danza:
|
2,0000 puntos
|
|
4. Desempeño de cargos directivos e outras funcións (ver disposición complementaria cuarta).
|
Máximo
30 puntos
|
|
|
4.1. Por cada ano como director/a de centros públicos docentes, en centros de profesores e recursos ou institucións análogas establecidas polas administracións educativas nas súas convocatorias específicas, así como director/a de agrupacións de lingua e cultura españolas:
A fracción de ano computarase a razón de 0,3750 puntos por cada mes completo.
|
4,5000 puntos
|
Folla de servizos, expedida pola Administración educativa competente, en que consten as tomas de posesión e cesamentos nas devanditas funcións, ou nomeamentos, con dilixencia de posesión e cesamento, ou, se é o caso, certificación en que conste que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes se continúa no cargo.
|
|
4.2. Por cada ano como vicedirector/a, subdirector/a, xefe/a de estudos, secretario/a e asimilados en centros públicos docentes:
A fracción de ano computarase a razón de 0,2500 puntos por cada mes completo.
|
3,0000 puntos
|
|
4.3. Cargos de coordinación docente, función titorial e figuras análogas:
|
Máximo 10 puntos
|
|
|
Por cada ano como coordinador/a de ciclo, coordinador/a do proxecto Abalar, coordinador/a e-dixgal, asesor/a Amtega, asesor/a desta consellería, coordinador/a de centro plurilingüe, coordinador/a de sección bilingüe, coordinador/a de auxiliares de conversa, responsable/coordinador/a do equipo de actividades complementarias e extraescolares, responsable/coordinador/a da dinamización das TIC, responsable/coordinador/a de biblioteca, responsable/coordinador/a da convivencia escolar, responsable de dinamización da mellora da calidade educativa e de programas internacionais, coordinador/a do equipo de dinamización da lingua galega, coordinador/a de formación en centros de traballo, coordinador/a do bacharelato internacional, coordinador/a de emprendemento, coordinador/a do equipo de dinamización do plan dixital de centro, coordinador/a de benestar e convivencia, coordinador/a de programas internacionais, coordinador/a de innovación e formación do profesorado, coordinador/a de biblioteca de centro integrado, coordinador/a de residencia, xefe/a de seminario, departamento ou división de centros públicos docentes, coordinador/a de polos creativos ou director/a dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica, así como polo desempeño da función titorial exercida a partir da entrada en vigor da LOE.
A fracción de ano computarase a razón de 0,1250 puntos por cada mes completo.
|
1,5000 puntos
|
Folla de servizos, expedida pola Administración educativa competente en que consten as tomas de posesión e cesamentos nas devanditas funcións, ou nomeamentos, con dilixencia de posesión e cesamento, ou, se é o caso, certificación en que conste que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes se continúa desempeñando a función docente.
|
|
Polas epígrafes 4.1, 4.2, 4.3 valorarase o seu desempeño como persoal funcionario. No caso de que se desempeñase simultaneamente máis dun destes cargos ou funcións, non poderá acumularse a puntuación e valorarase o que poida resultar máis vantaxoso para o persoal concursante. Para estes efectos, no caso de persoal funcionario de carreira dos corpos de catedráticos de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño, teranse en conta os servizos prestados nos devanditos cargos como persoal funcionario dos correspondentes corpos de profesores, incluídos os prestados como persoal funcionario dos antigos corpos de catedráticos de bacharelato, catedráticos de escolas oficiais de idiomas e profesores de termo de escolas de artes aplicadas e oficios artísticos.
|
|
5. Formación e perfeccionamento:
|
Máximo
15 puntos
|
|
|
5.1. Actividades de formación superadas:
Por actividades superadas que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre aspectos científicos e didácticos das especialidades do corpo a que pertenza o participante, ás prazas ou postos a que opte ou relacionadas coa organización escolar ou coas tecnoloxías aplicadas á educación, organizadas polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, as administracións educativas das comunidades autónomas, por institucións sen ánimo de lucro, sempre que as devanditas actividades fosen homologadas ou recoñecidas polas administracións educativas, así como as organizadas polas universidades.
Puntuaranse con 0,1000 puntos por cada 10 horas de actividades de formación acreditadas. Para estes efectos, sumaranse as horas de todas as actividades, non puntuándose o resto do número de horas inferiores a 10. Cando as actividades veñan expresadas en créditos, entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.
|
Ata 9,0000 puntos
|
Certificado destas expedido pola entidade organizadora en que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro, deberase, ademais, acreditar de forma fidedigna o recoñecemento ou homologación das devanditas actividades pola Administración educativa correspondente, ou certificado de inscrición no rexistro de formación da Administración educativa.
|
|
5.2. Pola impartición das actividades de formación e perfeccionamento indicadas na epígrafe 5.1.
Puntuarase con 0,1000 puntos por cada 3 horas de actividade de formación acreditadas. Para estes efectos sumaranse as horas de todas as actividades, non puntuándose o resto de número de horas inferiores a 3. Cando as actividades veñan expresadas en créditos, entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.
|
Ata 3,0000 puntos
|
Certificado ou documento acreditativo da impartición da actividade, en que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro, deberase, ademais, acreditar de forma fidedigna o recoñecemento ou homologación das ditas actividades pola Administración educativa correspondente, ou certificado de inscrición no rexistro de formación da Administración educativa.
|
|
5.3. Por cada especialidade da que sexa titular, correspondente ao corpo polo cal se concursa, e distinta á de ingreso neste, adquirida a través do procedemento de adquisición de novas especialidades previsto nos reais decretos 850/1993, do 4 de xuño, 334/2004, do 27 de febreiro e 276/2007, do 23 de febreiro.
(Para os efectos desta epígrafe, no caso dos corpos de catedráticos valoraranse as especialidades adquiridas no correspondente corpo de profesores).
|
1,0000 punto
|
Credencial de adquisición da nova especialidade expedida pola Administración educativa correspondente.
|
|
5.4. Os certificados de acreditación da competencia dixital que sexan emitidos polas distintas administracións educativas, valoraranse da seguinte forma:
|
Máximo 3 puntos
|
Documento acreditativo emitido pola Administración educativa competente.
|
|
a) Pola acreditación dun nivel A1 de competencia dixital
b) Pola acreditación dun nivel A2 de competencia dixital
c) Pola acreditación dun nivel B1 de competencia dixital
d) Pola acreditación dun nivel B2 de competencia dixital
e) Pola acreditación dun nivel C1 de competencia dixital
f) Pola acreditación dun nivel C2 de competencia dixital
Cando se acrediten distintos niveis de competencia dixital docente só se considerará a acreditación de nivel superior que presente a persoa participante.
|
0,5000 puntos
1,0000 punto
1,5000 puntos
2,0000 puntos
2,5000 puntos
3,0000 puntos
|
|
5.5. Aqueles certificados de coñecemento dunha lingua estranxeira, que acrediten a competencia lingüística nun idioma estranxeiro, segundo a clasificación do Marco común europeo de referencia para as linguas, valoraranse da seguinte forma:
a) Por cada certificado de nivel C2 do Consello de Europa:
b) Por cada certificado de nivel C1 do Consello de Europa:
c) Por cada certificado de nivel B2 do Consello de Europa:
d) Por cada certificado de nivel B1 do Consello de Europa:
Valoraranse por esta epígrafe os certificados de coñecemento de idiomas estranxeiros admitidos por ACLES (Asociación de Centros de Linguas de Educación Superior), conforme a táboa de certificados que estea vixente no momento de finalización do prazo de presentación de instancias.
Cando se presenten para a súa valoración neste apartado varios certificados acreditativos da competencia lingüística nun mesmo idioma, valorarase un só certificado por idioma que se corresponderá co de nivel superior.
Os certificados de coñecemento dun idioma estranxeiro, acreditados de acordo co disposto neste apartado ou no apartado 3, valoraranse por unha soa vez nun ou noutro apartado. Así mesmo, cando se presenten neses apartados para a súa valoración varios certificados dos diferentes niveis acreditativos da competencia lingüística nun mesmo idioma, valorarase un só certificado nun dos apartados que se corresponderá con aquel que acredite un nivel superior de coñecemento dese idioma.
|
4,0000 puntos
3,0000 puntos
2,0000 puntos
1,0000 punto
|
Título correspondente co certificado de acreditación dunha lingua estranxeira clasificado polo Marco común europeo de referencia para as linguas.
|
|
6. Outros méritos:
|
Máximo 15 puntos
|
|
|
6.1. Publicacións: (ver anexo XIX)
Por publicacións de carácter didáctico e científico sobre disciplinas obxecto do concurso ou directamente relacionadas con aspectos xerais do currículo ou coa organización escolar.
Aquelas publicacións que, estando obrigadas a consignar o ISBN en virtude do disposto polo Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, modificado polo Real decreto 2063/2008, do 12 de decembro, ou, se é o caso, ISSN ou ISMN, carezan deles, non serán valoradas, así como aquelas en que o autor/a sexa o seu editor/a.
Para a valoración destas publicacións deberanse presentar os documentos xustificativos indicados nesta epígrafe coas exixencias que así se indican.
Puntuación específica asignable aos méritos baremables por esta epígrafe:
a) Libros nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):
– Autor …….....………………........….. ata 1,000 punto
– Coautor ………….....................….... ata 0,5000 puntos
– 3 autores ………..................…….… ata 0,4000 puntos
– 4 autores …….…............................. ata 0,3000 puntos
– 5 autores ………….…...................... ata 0,2000 puntos
– Máis de 5 autores ….........................ata 0,1000 puntos
b) Revistas nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):
– Autor ………………….............…...... ata 0,2000 puntos
– Coautor …………………................... ata 0,1000 puntos
– 3 ou máis autores ….................….... ata 0,0500 puntos
|
Ata 8,0000 puntos
(ver anexo XIX)
|
– No caso de libros, a seguinte documentación: * A portada e a contraportada do libro, o certificado da editorial onde conste o título do libro, as persoas autoras, o ISBN, o depósito legal e a data da primeira edición, o número de exemplares e que a difusión destes foi en librarías comerciais.
– En relación cos libros editados por administracións públicas e universidades (públicas-privadas) que non se difundiron en librarías comerciais: a portada e a contraportada do libro, o título do libro, as persoas autoras, a data da primeira edición, o número de exemplares, os centros de difusión (centros educativos, centros docentes, institucións culturais, etc.).
– No suposto de que a editorial ou asociación desaparecese, os datos requiridos neste certificado terán que xustificarse por calquera medio de proba admisible en dereito.
– En caso de revistas, a seguinte documentación:
* A portada e a contraportada da revista, o certificado en que conste o número de exemplares, os lugares de distribución e venda, a asociación científica ou didáctica, legalmente constituída, a que pertence a revista, título da publicación, as persoas autoras, o ISSN ou ISMN, o depósito legal e a data de edición.
– En relación coas revistas editadas por administracións públicas e universidades (públicas-privadas), que non se difundisen en establecementos comerciais: o certificado onde conste o título da revista, as persoas autoras, a data da primeira edición, o número de exemplares, os centros de difusión (centros educativos, centros docentes, institucións culturais, etc.).
– No caso de publicacións soamente en formato electrónico, presentarase un informe en que o organismo emisor certifique que a publicación aparece na correspondente base de datos bibliográfica. Neste documento indicarase a base de datos, o título da publicación, as persoas autoras, o ano e a URL.
|
|
6.2. Por premios de ámbito autonómico, nacional ou internacional convocados polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes ou polas administracións educativas das comunidades autónomas.
Pola participación en proxectos de investigación ou innovación no ámbito da educación
|
Ata 2,5000 puntos
(ver anexo XIX)
|
A acreditación xustificativa de ter obtido os premios correspondentes, expedida polas entidades convocantes, ou de ter participado nos proxectos de investigación ou innovación, expedida pola Administración educativa correspondente.
|
|
6.3. Méritos artísticos, deportivos e literarios:
– Por premios en exposicións, concursos ou en certames de ámbito autonómico, nacional ou internacional.
– Por espectáculos teatrais ou circenses, composicións ou coreografías estreadas como autor ou gravacións con depósito legal.
– Por actuacións como director/a, actor ou actriz, intérprete, bailarín/a ou solista en orquestras ou en agrupacións camerísticas (dúos, tríos, cuartetos…).
– Por exposicións individuais ou colectivas.
– Por participar en institucións ou campañas de ámbito nacional ou internacional como conservador-restaurador de bens culturais.
– Por ter ou ter tido a condición de deportista de alto nivel…...................1,0000 punto
– Por ter ou ter tido a condición de deportista de alto rendemento...................... 0,5000 puntos
|
Ata 2,5000 puntos
(ver anexo XIX)
|
– No caso dos premios: certificado da entidade que emite o premio, onde conste o nome da/das persoa/s premiada/s, o seu ámbito e a categoría do premio.
– No caso dos espectáculos teatrais ou circenses, composicións e coreografías: certificado ou documento acreditativo en que figure que é a persoa autora e o depósito legal desta.
– No caso das gravacións: o certificado ou o documento acreditativo en que figure que é a persoa autora ou intérprete e o depósito legal desta.
– No caso das actuacións e concertos: programas onde conste a participación da persoa interesada e certificación da entidade organizadora, onde conste a realización da actuación ou do concerto e a participación como persoa directora, actor ou actriz, intérprete, bailarín/a ou músico/a solista ou solista con orquestra/grupo.
– No caso de exposicións: os programas onde conste a participación da persoa interesada e certificación da entidade organizadora.
– Para acreditar a participación no ámbito da conservación e a restauración: o certificado da entidade organizadora onde figure a participación como conservador/a-restaurador/a.
– Para acreditar a condición de deportista de alto nivel ou de alto rendemento: certificado emitido polo Consello Superior de Deportes.
|
|
6.4. Por cada ano de servizo desempeñando postos na Administración educativa de nivel de complemento de destino igual ou superior ao asignado ao corpo polo cal participa.
A fracción de ano computarase a razón de 0,1250 puntos por cada mes completo.
|
1,5000 puntos
|
Nomeamento expedido pola Administración educativa competente con dilixencia de posesión e cesamento ou, se é o caso, certificación de que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes se continúa no posto.
|
|
6.5. Por cada convocatoria en que se actuase efectivamente como membro dos tribunais dos procedementos selectivos de ingreso ou acceso aos corpos docentes a que se refire a LOE.
Por esta epígrafe unicamente se valorará ter formado parte dos tribunais a partir da entrada en vigor do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro (BOE do 2 de marzo).
|
0,5000 puntos
|
Certificado expedido polo órgano da Administración educativa convocante que teña a custodia das actas dos tribunais destes procedementos.
|
|
6.6. Por cada curso de titorización das prácticas do título universitario oficial de máster ou, se é o caso, da formación equivalente regulada pola Orde EDU/2645/2011, do 23 de setembro (BOE do 5 de outubro), para acreditar a formación pedagóxica e didáctica exixida para exercer a docencia en determinadas ensinanzas do sistema educativo, así como pola titorización das prácticas para a obtención dos títulos universitarios de grao que o requiran.
Por cada curso de titorización da fase de prácticas daquelas persoas aspirantes que resulten seleccionadas por superar as fases de oposición e concurso dos procedementos selectivos de ingreso, cando a dita fase de prácticas se realizou a partir do curso académico 2023/24, incluído.
|
0,1000 puntos
0,2000 puntos
|
Certificado expedido pola Administración educativa competente ou, se é o caso, pola dirección do centro público docente en que se realizase a titorización, con indicación do curso académico e duración das prácticas.
|
Disposición complementaria primeira
Os méritos alegados polas persoas participantes teranse cumpridos ou recoñecidos na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes. Unicamente se valorarán, polo tanto, os méritos perfeccionados e acreditados ata a finalización deste.
Disposición complementaria segunda. Antigüidade
Procederá asignarlles puntuación pola subepígrafe 1.1.3 ás persoas participantes no concurso que se encontren nas seguintes situacións:
a) As persoas que participen no concurso conforme a subepígrafe 1.1.1 con destino definitivo na praza, posto ou centro de especial dificultade.
b) As persoas que participen no concurso conforme a subepígrafe 1.1.2 e durante o tempo de provisionalidade que estivesen nunha praza, posto ou centro de especial dificultade.
c) As persoas participantes das subepígrafes 1.1.1 e 1.1.2 que teñan concedida unha comisión de servizos noutra praza, posto ou centro que teña a cualificación de especial dificultade.
Disposición complementaria terceira. Méritos académicos
1. Para poder obter puntuación por outras titulacións universitarias de carácter oficial, deberán presentarse cantos títulos se posúan, incluído o alegado para o ingreso no corpo.
2. Nas subepígrafes da epígrafe 3.1 valoraranse todos os títulos que se acheguen conforme os criterios que se establecen neles.
Non se baremará pola subepígrafe 3.1.2 ningún título de máster que a normativa estableza como un requisito para o ingreso á función pública docente no corpo correspondente.
Así mesmo, para os efectos da subepígrafe 3.1.2, cando se alegue o título de doutor/a non se valorará o título de máster oficial que constitúa un requisito de acceso ao doutoramento.
3. No que respecta á baremación de titulacións de primeiro ciclo, non se entenderá como tal a superación dalgún dos cursos de adaptación. Para a valoración da epígrafe 3.2 non se considerarán como títulos distintos as diferentes mencións ou especialidades que se asenten nunha mesma titulación.
4. Cando os títulos se obtivesen no estranxeiro ou fosen expedidos por institucións docentes doutros países, deberá achegarse ademais a correspondente homologación ou declaración de equivalencia.
No caso de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria, deberá aterse ao Real decreto 104/1988, do 29 de xaneiro, sobre homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria, e demais normativa concordante e de desenvolvemento.
5. Non se baremarán polas epígrafes 3.1 e 3.2 as ensinanzas propias universitarias (títulos propios) que se expidan conforme o artigo 36 do Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade, e os estudos universitarios propios que sexan expedidos polas universidades no uso da súa autonomía.
6. Na epígrafe 3.2 non se valorarán as declaracións de correspondencia de títulos oficiais aos niveis do Marco español de cualificacións para a educación superior, emitidos ao abeiro do disposto no Real decreto 889/2022, do 18 de outubro.
Disposición complementaria cuarta. Valoración dos cargos directivos e outras funcións
1. Para os efectos previstos nas epígrafes 4.1, 4.2 e 4.3 do baremo de méritos, consideraranse centros públicos asimilados aos centros públicos de ensino secundario os seguintes:
– Institutos de bacharelato.
– Institutos de formación profesional.
– Centros de educación de persoas adultas, sempre que impartan as mesmas ensinanzas que os centros aos cales se refiren estas epígrafes.
– Centros de ensinanzas integradas.
Para estes mesmos efectos, considéranse centros públicos os que corresponden ás prazas dos corpos de catedráticos e profesores de música e artes escénicas de conservatorios de música:
– Conservatorios superiores de música ou danza.
– Conservatorios profesionais de música ou danza.
– Conservatorios elementais de música.
– Escolas superiores de artes dramáticas.
– Escola superior de canto.
Para estes mesmos efectos, considéranse centros públicos asimilados as escolas de artes plásticas e deseño os seguintes:
– Escolas de artes aplicadas e oficios artísticos.
– Escolas de arte.
– Escolas de arte e superiores de deseño.
– Escolas superiores de deseño.
– Escolas de restauración e conservación de bens culturais.
2. Para os efectos previstos na epígrafe 4.2 do baremo de méritos, consideraranse como cargos directivos asimilados aos centros públicos de ensino secundario os seguintes:
– Secretario/a adxunto/a.
– Os cargos aludidos neste punto desempeñados en seccións de formación profesional.
– Xefe/a de estudos adxunto/a.
– Xefe/a de residencia.
– Delegado/a de ou xefe/a de estudos de instituto de bacharelato ou similares en comunidades autónomas.
– Director/a-xefe/a de estudos de sección delegada.
– Director/a de sección filial.
– Director/a de centro oficial de padroado de ensino medio.
– Administrador/a en centros de formación profesional.
– Profesor/a delegado/a no caso da sección de formación profesional.
Disposición complementaria quinta
Os cursos de iniciación e perfeccionamento de galego e as súas validacións serán puntuables pola epígrafe 5.1 deste anexo. Non se valorarán as validacións cando de forma simultánea se acredite a realización dos correspondentes cursos. Ao mesmo tempo, puntuaranse por esta epígrafe 5.1 os cursos de especialización de lingua galega.
Disposición complementaria sexta
O nivel avanzado de galego da escola oficial de idiomas, o ciclo superior e o certificado de aptitude certificados con anterioridade á entrada en vigor do Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro, puntuaranse na epígrafe 3.3 como nivel B2.
O nivel intermedio de galego da escola oficial de idiomas e o ciclo elemental certificados con anterioridade á entrada en vigor do Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro, puntuaranse na epígrafe 3.3 como nivel B1.
Disposición complementaria sétima
En relación coa puntuación das epígrafes 6.1 e 6.3, non se baremarán publicacións que constitúan programacións didácticas, temarios de oposicións, traballos de materias de carreira, máster ou doutoramento, edicións de centros docentes e de formación do profesorado, publicacións de prensa nin artigos de opinión. Unha publicación só será valorada nunha das súas edicións. Aplicaranse os criterios de valoración establecidos pola Comisión de Avaliación do concurso de traslados convocado pola Orde do 8 de novembro de 2010.
Os criterios de valoración recóllense no anexo XIX.
Disposición complementaria oitava
As actividades realizadas a partir do 23 de maio de 2013, relacionadas na Orde do 14 de maio de 2013 pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro de actividades de formación permanente do profesorado, para que sexan baremables no concurso de traslados deberán estar debidamente rexistradas no Rexistro xeral das actividades de formación do profesorado.
Disposición complementaria novena
Para os efectos de desempate, a puntuación outorgada ao persoal que accedeu por concurso de méritos será a que lle correspondería proporcionalmente se o baremo deste concurso tivese unha puntuación máxima de 10 puntos.
ANEXO XVIII
Baremo de prioridades na adxudicación de destinos por medio de concurso de traslados no corpo de inspectores ao servizo da Administración educativa e no corpo de inspectores de educación
|
Méritos
|
Valoración
|
Documentos xustificativos
|
|
1. Antigüidade:
|
|
1.1. Por cada ano de permanencia ininterrompida como persoal funcionario de carreira con destino definitivo, no mesmo cadro de persoal provincial ou, se é o caso, das unidades territoriais en que estea organizada a Inspección educativa.
|
|
Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas tomas de posesión e cesametos que tivesen desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.
|
|
Polo primeiro e segundo ano:
A fracción de ano computarase a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo.
|
2,0000 puntos por ano
|
|
Polo terceiro ano:
A fracción de ano computarase a razón de 0,3333 puntos por cada mes completo.
|
4,0000 puntos por ano
|
|
Polo cuarto ano e seguintes:
A fracción de ano computarase a razón de 0,5000 puntos por cada mes completo.
|
6,0000 puntos por ano
|
|
No caso do persoal funcionario obrigado a concursar por perder o seu destino definitivo en cumprimento de sentenza ou resolución de recurso, por provir da situación de excedencia forzosa ou por supresión expresa con carácter definitivo da súa praza, considerarase como posto desde o cal participa, para os fins de determinar os servizos a que se refire esta epígrafe, o último servido con carácter definitivo, ao cal se acumularán, se é o caso, os prestados provisionalmente, con posterioridade, en calquera posto de inspección educativa.
Igualmente, os mesmos criterios serán de aplicación ao persoal funcionario que participe desde o destino adxudicado en cumprimento de sanción disciplinaria de traslado forzoso con cambio de localidade de destino.
|
|
1.2. Por cada ano como persoal funcionario de carreira en situación de provisionalidade.
A fracción de ano computarase a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo.
Cando este persoal participe por primeira vez con carácter voluntario desde o seu primeiro destino definitivo obtido por concurso, á puntuación correspondente á epígrafe 1.1 sumaráselle a obtida por esta epígrafe.
|
2,0000 puntos por ano
|
Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas tomas de posesión e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.
|
|
1.3. Antigüidade no corpo:
|
|
|
|
1.3.1. Por cada ano de servizos efectivos prestados en situación de servizo activo como persoal funcionario de carreira no corpo de inspectores ao servizo da Administración educativa ou no corpo de inspectores de educación:
As fraccións de ano computaranse a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo.
Para os efectos de determinar a antigüidade nestes corpos, recoñeceranse os servizos efectivos prestados como persoal funcionario de carreira nos corpos de inspectores de orixe e os prestados desde a data de acceso como docentes á función inspectora, de conformidade coa disposición adicional décimo quinta da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública.
|
2,0000 puntos por ano
|
Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas tomas de posesión e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.
|
|
1.3.2. Por cada ano de servizos efectivos prestados en situación de servizo activo como persoal funcionario noutros corpos docentes a que se refire a LOE.
As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0833 puntos por cada mes completo.
|
1,0000 punto por ano
|
|
Os servizos aludidos na subepígrafe 1.3.2 non serán tidos en conta nos anos en que fosen simultáneos cos servizos das epígrafes 1.1 ou 1.2.
Para os efectos previstos nas epígrafes e subepígrafes 1.1, 1.2, 1.3.1 e 1.3.2, serán computados os servizos que se prestaron na situación de servizos especiais, expresamente declarados como tales nos apartados previstos no artigo 87 do TRLEBEP, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, así como as situacións de idéntica natureza, establecidas por disposicións anteriores á citada lei. Igualmente será computado, para estes fins, o tempo de excedencia por coidado de familiares declarada de acordo co artigo 89.4 do citado TRLEBEP, que non poderá exceder os tres anos.
|
|
2. Méritos académicos:
Para os efectos da súa valoración por este apartado, unicamente se terán en conta os títulos con validez oficial no Estado español (ver disposición complementaria segunda).
|
Máximo
10 puntos
|
|
|
2.1. Doutoramento, posgraos e premios extraordinarios:
|
|
2.1.1. Por cada título de doutor ou doutora.
|
6,0000 puntos
|
Título ou certificación do pagamento dos dereitos de expedición do título ou certificado supletorio da titulación, expedidos de acordo co previsto, se é o caso, na Orde do 8 de xullo de 1988 para a aplicación dos reais decretos 185/1985, do 23 de xaneiro, e 1496/1987, do 6 de novembro, en materia de expedición de títulos universitarios oficiais (BOE do 13 xullo), ou na Orde ECI/2514/2007, do 13 de agosto, sobre expedición de títulos universitarios oficiais de máster e doutor (BOE do 21 de agosto), ou no Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto, sobre expedición de títulos universitarios oficiais (BOE do 6 de agosto).
A mesma documentación xustificativa que se indica para xustificar o mérito da subepígrafe 2.1.1.
|
|
2.1.2. Por cada título oficial de máster universitario ou en ensinanzas artísticas, distinto do requirido para o ingreso na función pública docente, para cuxa obtención se exixisen, polo menos, 60 créditos.
En ningún caso se valorará o título universitario oficial de máster ou a formación equivalente que acredita a formación pedagóxica e didáctica para o ingreso á función pública docente, con independencia do corpo de orixe desde o cal se accedese ao corpo de inspectores.
Este mérito non se valorará cando se alegase o título de doutor ou doutora, salvo que se acredite que non foi utilizado como requisito de acceso ao doutoramento.
|
3,0000 puntos
|
|
2.1.3. Por cada recoñecemento de suficiencia investigadora ou certificado-diploma acreditativo de estudos avanzados.
Non se valorará este mérito cando os devanditos títulos fosen empregados para a obtención do título de doutor ou doutora que se alegue.
|
2,0000 puntos
|
Certificado-diploma correspondente.
|
|
2.1.4. Por obter premio extraordinario no doutoramento, na licenciatura ou grao, ou, no caso das ensinanzas artísticas superiores, por obter un premio extraordinario no grao ou, no caso das titulacións outorgadas polos conservatorios e escolas que impartan ensinanzas artísticas superiores, pola mención honorífica no grao superior.
|
1,0000 punto
|
Documentación xustificativa deste.
|
|
2.2. Outras titulacións de nivel superior:
As titulacións universitarias de carácter oficial, no caso de que non se exixisen con carácter xeral para o ingreso no corpo desde o cal se concursa ou para o acceso, no seu día, aos postos de inspección educativa, valoraranse da forma seguinte:
|
|
2.2.1. Titulacións de grao:
Por cada título oficial de grao universitario ou de grao en ensinanzas artísticas superiores, distinto do exixido con carácter xeral para o ingreso no corpo:
Cando a obtención do título de grao se realice a través doutras titulacións universitarias ou de ensinanzas artísticas superiores, das cales derive que non se cursaron a totalidade das ensinanzas que conformen o correspondente título, valorarase con 2,500 puntos.
Non se considerarán como títulos distintos as diferentes mencións ou especialidades que se asenten nunha mesma titulación.
|
5,0000 puntos
|
A mesma documentación xustificativa que se indica para xustificar os méritos da subepígrafe 2.1.1.
|
|
2.2.2. Titulacións de primeiro ciclo:
Pola segunda e restantes diplomaturas, enxeñarías técnicas, arquitectura técnica ou títulos declarados legalmente equivalentes e polos estudos correspondentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría.
Por esta subepígrafe non se valorarán, en ningún caso, o título ou estudos desta natureza que fose necesario superar para a obtención da primeira titulación de licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou grao que se presente, con independencia de que se ingresase no corpo a través dunha titulación declarada como equivalente para os efectos de docencia.
Non se considerarán como títulos distintos as diferentes mencións ou especialidades que se asenten nunha mesma titulación.
|
3,0000 puntos
|
Todos os títulos que se posúan ou certificado do pagamento dos dereitos de expedición, expedido de acordo co previsto na Orde do 8 de xullo de 1988 para a aplicación dos reais decretos 185/1985, do 23 de xaneiro, e 1496/1987, do 6 de novembro, en materia de expedición de títulos universitarios oficiais (BOE do 13 de xullo).
Para a valoración dos estudos correspondentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría, certificación académica de todos os títulos ou ciclos que se posúan, onde conste de forma expresa que se superaron todas as materias ou créditos conducentes á obtención do devandito título ou ciclos.
|
|
2.2.3. Titulacións de segundo ciclo:
Polos estudos correspondentes ao segundo ciclo de licenciaturas, enxeñarías, arquitecturas ou títulos declarados legalmente equivalentes.
Por esta subepígrafe non se valorará, en ningún caso, os estudos desta natureza que fose necesario superar (primeiro ciclo, segundo ciclo ou, se é o caso, ensinanzas complementarias) para a obtención do primeiro título de licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou grao que se presente, con independencia de que se ingresase no corpo a través dunha titulación declarada como equivalente para os efectos de docencia.
No caso de titulacións de só segundo ciclo e de títulos declarados equivalentes para todos os efectos ao título universitario de licenciatura, unicamente se valorarán como un segundo ciclo.
Non se considerarán como títulos distintos as diferentes mencións ou especialidades que se asenten nunha mesma titulación.
|
3,0000 puntos
|
|
2.3. Titulacións oficiais das ensinanzas de formación profesional, das ensinanzas profesionais artísticas, deportivas e das ensinanzas de idiomas:
As titulacións de ensinanzas de réxime especial outorgadas polas escolas oficiais de idiomas, conservatorios profesionais e escolas de arte, así como as da formación profesional específica, no caso de non seren as exixidas como requisito para o ingreso na función pública docente ou, se é o caso, que non sexan necesarias para a obtención do título alegado, valoraranse da forma seguinte:
|
|
a) Por cada certificado de nivel C2 do Consello de Europa:
|
4,0000 puntos
|
Para valorar os certificados das escolas oficiais de idiomas e o título profesional de música ou danza:
Certificado/título que se posúa ou, se é o caso, certificación acreditativa da expedición do título ou certificación acreditativa de ter superado os estudos conducentes á súa obtención.
Para valorar as titulacións do apartado e), deberá presentarse a certificación académica en que conste, de forma expresa, que se superaron todas as materias ou créditos conducentes á obtención dos devanditos títulos.
|
|
b) Por cada certificado de nivel C1 do Consello de Europa:
|
3,0000 puntos
|
|
c) Por cada certificado de nivel B2 do Consello de Europa:
|
2,0000 puntos
|
|
d) Por cada certificado de nivel B1 do Consello de Europa:
|
1,0000 punto
|
|
Cando cumpra valorar as certificacións sinaladas nos apartados anteriores, só se considerará a de nivel superior que presente a persoa participante por cada idioma.
Os certificados de coñecemento dun idioma estranxeiro, acreditados de acordo co disposto neste apartado ou no apartado 3, valoraranse por unha soa vez nun ou noutro apartado. Así mesmo, cando se presenten neses apartados, para a súa valoración, varios certificados dos diferentes niveis acreditativos da competencia lingüística nun mesmo idioma, valorarase un só certificado nun dos apartados, que se corresponderá con aquel que acredite un nivel superior de coñecemento dese idioma.
|
|
e) Por cada título de técnica ou técnico superior de artes plásticas e deseño, técnica ou técnico deportivo superior ou técnica ou técnico superior de formación profesional ou equivalente:
|
2,0000 puntos
|
|
f) Por cada título profesional de música ou danza:
|
2,0000 puntos
|
|
3. Formación e perfeccionamento:
|
Máximo
15 puntos
|
|
|
3.1. Actividades de formación superadas:
Por actividades superadas que teñan por obxecto o perfeccionamento na función inspectora ou con aspectos relacionados coa organización escolar ou co ensino, organizadas polo Ministerio de Educación, por administracións educativas das comunidades autónomas, por institucións sen ánimo de lucro, sempre que as devanditas actividades fosen homologadas ou recoñecidas polas administracións educativas, así como as organizadas polas universidades.
Puntuaranse con 0,1000 puntos por cada 10 horas de actividades de formación acreditadas. Para estes efectos, sumaranse as horas de todas as actividades e non se puntuará o resto de número de horas inferiores a 10. Cando as actividades viñesen expresadas en créditos, entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.
|
Ata
9,0000 puntos
|
Certificado expedido pola entidade organizadora en que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro deberase, ademais, acreditar de forma fidedigna o recoñecemento ou homologación das devanditas actividades pola Administración educativa correspondente ou certificado de inscrición no rexistro de formación da Administración educativa.
|
|
3.2. Pola impartición, dirección ou coordinación de actividades de formación que teñan por obxecto o perfeccionamento na función inspectora ou nos aspectos relacionados coa organización escolar ou co ensino, organizadas polo Ministerio de Educación, polas administracións educativas das comunidades autónomas, por institucións sen ánimo de lucro, sempre que fosen homologadas ou recoñecidas polas administracións educativas, así como as organizadas polas universidades.
Puntuarase con 0,1000 puntos por cada 3 horas de actividade de formación acreditada. Para estes efectos, sumaranse as horas de todas as actividades e non se puntuará o resto de número de horas inferiores a 3. Cando as actividades viñesen expresadas en créditos, entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.
|
Ata
4,0000 puntos
|
Certificado ou documento acreditativo da impartición en que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro deberase, ademais, acreditar de forma fidedigna o recoñecemento ou homologación das devanditas actividades pola Administración educativa correspondente ou certificado de inscrición no rexistro de formación da Administración educativa.
|
|
3.3. Os certificados de acreditación da competencia dixital que sexan emitidos polas distintas administracións educativas, valoraranse da seguinte forma:
a) Pola acreditación dun nivel A1 de competencia dixital:
b) Pola acreditación dun nivel A2 de competencia dixital:
c) Pola acreditación dun nivel B1 de competencia dixital
d) Pola acreditación dun nivel B2 de competencia dixital
e) Pola acreditación dun nivel C1 de competencia dixital
f) Pola acreditación dun nivel C2 de competencia dixital
Cando se acrediten distintos niveis de competencia dixital docente, só se acreditará a de nivel superior que presente a persoa participante.
|
Máximo 3 puntos
0,5000 puntos
1,0000 punto
1,5000 puntos
2,0000 puntos
2,5000 puntos
3,0000 puntos
|
Documento acreditativo emitido pola Administración educativa competente.
|
|
3.4. Aqueles certificados de coñecemento dunha lingua estranxeira que acrediten a competencia lingüística nun idioma estranxeiro segundo a clasificación do Marco común europeo de referencia para as linguas valoraranse da seguinte forma:
a) Por cada certificado de nivel C2 do Consello de Europa:
b) Por cada certificado de nivel C1 do Consello de Europa:
c) Por cada certificado de nivel B2 do Consello de Europa:
d) Por cada certificado de nivel B1 do Consello de Europa:
Valoraranse por esta epígrafe os certificados de coñecemento de idiomas estranxeiros admitidos por ACLES (Asociación de Centros de Linguas de Educación Superior), conforme a táboa de certificados que estea vixente no momento de finalización do prazo de presentación de instancias.
Cando se presenten para a súa valoración nesta epígrafe varios certificados acreditativos da competencia lingüística nun mesmo idioma, valorarase un só certificado por idioma que se corresponderá co de nivel superior.
Os certificados de coñecemento dun idioma estranxeiro, acreditados de acordo co disposto neste apartado ou no apartado 2, valoraranse por unha soa vez nun ou noutro apartado. Así mesmo, cando se presenten neses apartados, para a súa valoración, varios certificados dos diferentes niveis acreditativos da competencia lingüística nun mesmo idioma, valorarase un só certificado nun dos apartados, que se corresponderá con aquel que acredite un nivel superior de coñecemento dese idioma.
|
4,0000 puntos
3,0000 puntos
2,0000 puntos
1,0000 punto
|
Título correspondente co certificado de acreditación dunha lingua estranxeira clasificado polo Marco común europeo de referencia para as linguas.
|
|
4. Outros méritos:
|
Máximo
20 puntos
|
|
|
4.1. Publicacións: (ver anexo XX).
Por publicacións de carácter didáctico e científico directamente relacionadas co ensino.
Aquelas publicacións que, estando obrigadas a consignar o ISBN en virtude do disposto polo Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, modificado polo Real decreto 2063/2008, do 12 de decembro, ou, se é o caso, o ISSN ou ISMN, carezan deles, non serán valoradas, así como aquelas en que o autor sexa o editor destas.
Para a valoración destas publicacións deberanse presentar os documentos xustificativos indicados nestas epígrafes coas exixencias que se indican.
Puntuación específica asignable aos méritos baremables por esta epígrafe:
a) Libros nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):
– Autor …………..................................… ata 1,000 punto
– Coautor …………................................. ata 0,5000 puntos
– 3 autores.……….................................. ata 0,4000 puntos
– 4 autores ….…..................................... ata 0,3000 puntos
– 5 autores …….…................................. ata 0,2000 puntos
– Máis de 5 autores................................. ata 0,1000 puntos
b) Revistas nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):
– Autor ……………................................. ata 0,2000 puntos
– Coautor …………................................ ata 0,1000 puntos
– 3 ou máis autores ata.......................... 0,0500 puntos
|
Máximo
5,0000 puntos
|
– No caso de libros, a seguinte documentación:
* A portada e a contraportada do libro, o certificado da editorial onde conste o título do libro, as persoas autoras, o ISBN, o depósito legal e a data da primeira edición, o número de exemplares e que a difusión destes foi en librarías comerciais.
– En relación cos libros editados por administracións públicas e universidades (públicas-privadas) que non se difundiron en librarías comerciais: a portada e a contraportada do libro, o título do libro, as persoas autoras, a data da primeira edición, o número de exemplares, os centros de difusión (centros educativos, centros docentes, institucións culturais, etc.).
– No caso de que a editorial ou asociación desaparecese, os datos requiridos neste certificado terán que xustificarse por calquera medio de proba admisible en dereito.
– No caso de revistas, a seguinte documentación:
* A portada e a contraportada da revista, o certificado en que conste o número de exemplares, os lugares de distribución e venda, a asociación científica ou didáctica, legalmente constituída, a que pertence a revista, o título da publicación, as persoas autoras, o ISSN ou ISMN, o depósito legal e a data de edición.
– En relación coas revistas editadas por administracións públicas e universidades (públicas-privadas), que non se difundiron en establecementos comerciais: o certificado onde conste o título da revista, as persoas autoras, a data da primeira edición, o número de exemplares, os centros de difusión (centros educativos, centros docentes, institucións culturais, etc.).
– No caso de publicacións soamente en formato electrónico, presentarase un informe en que o organismo emisor certifique que a publicación aparece na correspondente base de datos bibliográfica. Neste documento indicarase a base de datos, o título da publicación, as persoas autoras, o ano e a URL.
|
|
4.2. Valoración do traballo desenvolvido:
|
Máximo
10 puntos
|
|
|
4.2.1. Por cada ano de servizo en postos de subdirector/a xeral da inspección de educación, inspector/a xeral ou inspector/a xefe/a da inspección central de educación básica, de bacharelato ou ensino medio do Estado, coordinador/a xeral de formación profesional, ou en postos equivalentes dependentes doutras administracións educativas.
A fracción de ano computarase a razón de 0,1250 puntos por cada mes completo.
|
1,5000 puntos
|
Nomeamento expedido pola Administración educativa competente con dilixencia de toma de posesión e cesamento ou, se é o caso, certificación en que conste que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes se continúa no cargo.
|
|
4.2.2. Por cada ano de servizo en postos de inspector/a central, inspector/a central de educación básica, bacharelato ou ensino medio do Estado, ou coordinador/a central de formación profesional, secretario/a ou administrador/a da inspección central, inspector/a da Subdirección Xeral da Inspección de Educación, ou en postos equivalentes dependentes doutras administracións educativas.
As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0833 puntos por cada mes completo.
|
1,0000 punto
|
|
4.2.3. Por cada ano de servizo en postos de inspector/a xefe/a provincial de educación básica ou inspector/a xefe/a de distrito de bacharelato ou ensino medio do Estado ou coordinador/a xefe/a provincial de formación profesional, ou xefe/a de servizo provincial de inspección técnica de educación, xefe/a de división, ou en postos equivalentes dependentes doutras administracións educativas.
As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0625 puntos por cada mes completo.
|
0,7500 puntos
|
|
4.2.4. Por cada ano como inspector/a xefe/a de distrito, xefe/a adxunto/ a, coordinador/a de equipos sectoriais, coordinador/a de demarcación, ou en postos equivalentes dependentes doutras administracións educativas.
As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0416 puntos por cada mes completo.
|
0,5000 puntos
|
|
4.2.5. Por cada ano de servizos desempeñando postos da Administración educativa de nivel de complemento de destino igual ou superior ao asignado ao corpo polo cal participa, sempre que sexan distintos dos enumerados nas subepígrafes 4.2.1 a 4.2.4 deste anexo.
As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0625 puntos por cada mes completo.
|
0,7500 puntos
|
|
No caso de que se desempeñase simultaneamente máis dun cargo dos indicados nas subepígrafes 4.2.1 a 4.2.5, non poderá acumularse a puntuación e valorarase o que puidese resultar máis vantaxoso para o concursante.
|
|
4.3. Por ser persoal funcionario de carreira dos corpos de catedráticos de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas, de música e artes escénicas e de artes plásticas e deseño.
|
3,0000 puntos
|
Título administrativo ou da credencial ou, se é o caso, do boletín ou diario oficial en que apareza o seu nomeamento.
|
Disposición complementaria primeira
Os méritos das persoas participantes deberán estar cumpridos ou recoñecidos na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes. Unicamente se valorarán, polo tanto, os méritos perfeccionados e acreditados ata a finalización deste.
Disposición complementaria segunda. Méritos académicos
1. Para poder obter puntuación por outras titulacións universitarias de carácter oficial, deberán presentarse cantos títulos se posúan, incluído o alegado para o ingreso no corpo.
2. Nas subepígrafes de 2.1 valoraranse todos os títulos que se acheguen conforme os criterios que se establecen neles. En ningún caso se valorará o título universitario oficial de máster ou a formación equivalente que acredita a formación pedagóxica e didáctica para o ingreso á función pública docente, con independencia do corpo de orixe desde o cal se accedeu ao corpo de inspectores. Así mesmo, para os efectos da subepígrafe 2.1.2, cando se alegue o título de doutoramento non se valorará o título de máster oficial que constitúa un requisito de acceso ao doutoramento.
3. No que respecta á baremación de titulacións de primeiro ciclo, non se entenderá como tal a superación dalgún dos cursos de adaptación. Para a valoración da epígrafe 2.2, non se considerarán como títulos distintos as diferentes mencións ou especialidades que se asenten nunha mesma titulación.
4. Cando os títulos se obtivesen no estranxeiro ou fosen expedidos por institucións docentes doutros países, deberá achegarse, ademais, a correspondente homologación ou declaración de equivalencia.
No caso de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria, deberá aterse ao Real decreto 104/1988, do 29 de xaneiro, sobre homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria, e demais normativa concordante e de desenvolvemento.
5. Non se baremarán polas epígrafes 2.1 e 2.2 as ensinanzas propias universitarias (títulos propios) que se expidan conforme o artigo 36 do Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade, e os estudos universitarios propios que sexan expedidos polas universidades no uso da súa autonomía.
6. Na epígrafe 3.2 non se valorarán as declaracións de correspondencia de títulos oficiais aos niveis do Marco español de cualificacións para a educación superior, emitidos ao abeiro do disposto no Real decreto 889/2022, do 18 de outubro.
Disposición complementaria terceira
En relación coa puntuación da epígrafe 4.1, non se baremarán publicacións que constitúan programacións didácticas, temarios de oposicións, traballos de materias de carreira, máster ou doutoramento, edicións de centros docentes e de formación do profesorado, publicacións de prensa nin artigos de opinión. Unha publicación só será valorada nunha das súas edicións. Aplicaranse os criterios de valoración establecidos pola Comisión de Avaliación do concurso de traslados convocado pola Orde do 8 de novembro de 2010.
Os criterios de baremación recóllense no anexo XX.
ANEXO XIX
Criterios de valoración das epígrafes 6.1, 6.2 e 6.3 do concurso de traslados
6.1. Publicacións: ata 8 puntos.
Por publicacións de carácter didáctico e científico sobre disciplinas obxecto do concurso ou directamente relacionadas con aspectos xerais do currículo ou coa organización escolar.
Aquelas publicacións que, estando obrigadas a consignar o ISBN en virtude do disposto polo Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, modificado polo Real decreto 2063/2008, do 12 de decembro, ou, se é o caso, ISSN ou ISMN, carezan deles, non serán valoradas, así como aquelas en que o autor/a sexa o seu editor/a.
Non se baremarán publicacións que constitúan programacións didácticas, temarios de oposicións, traballos de materias de carreira, máster ou doutoramento, edicións de centros docentes e de formación do profesorado, publicacións de prensa nin artigos de opinión.
Con carácter xeral, valoraranse exemplares publicados por unha empresa editorial ou organismos de prestixio que aseguren a aplicación de filtros de calidade.
Unha publicación só será valorada nunha das súas edicións.
Puntuación específica que se poderá asignar aos méritos baremables por esta esta epígrafe:
|
Recensións e colaboracións en revistas, libros, etc., así como a impresión de folletos, programas, etc.:
1 autor ou colaborador
2 autores ou colaboradores
Máis de 2 autores ou colaboradores
|
0,025
0,0125
0,00625
|
|
Tradución dunha revista:
Autor
2 autores
Máis de 2 autores
|
0,1
0,05
0,025
|
|
Tradución ou ilustración dun libro:
1 tradutor ou ilustrador
2 tradutores ou ilustradores
3 tradutores ou ilustradores
4 tradutores ou ilustradores
5 tradutores ou ilustradores
Máis de 5 de tradutores
|
0,5
0,25
0,166
0,125
0,1
0,05
|
|
Revistas nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):
Autor
2 autores
3 ou máis autores
|
0,2
0,1
0,05
|
|
Libros nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):
Autor
2 autores
3 autores
4 autores
5 autores
Máis de 5 autores
|
1
0,5
0,4
0,3
0,2
0,1
|
Para a valoración destas publicacións deberanse presentar os documentos xustificativos coas exixencias que se indican a seguir:
– No caso de libros, a seguinte documentación:
* A portada e a contraportada do libro, o certificado da editorial onde conste o título do libro, as persoas autoras, o ISBN, o depósito legal e a data da primeira edición, o número de exemplares e que a difusión destes foi en librarías comerciais.
En relación cos libros editados por administracións públicas e universidades (públicas-privadas) que non se difundiron en librarías comerciais: a portada e a contraportada do libro, o título do libro, as persoas autoras, a data da primeira edición, o número de exemplares, os centros de difusión (centros educativos, centros docentes, institucións culturais, etc.).
Para o caso de que a editorial ou asociación desaparecesen, os datos requiridos neste certificado terán que xustificarse por calquera medio de proba admisible en dereito.
– No caso de revistas, a seguinte documentación:
* A portada e a contraportada da revista, o certificado en que conste o número de exemplares, os lugares de distribución e venda, a asociación científica ou didáctica, legalmente constituída, a que pertence a revista, o título da publicación, as persoas autoras, o ISSN ou ISMN, o depósito legal e a data de edición.
En relación coas revistas editadas por administracións públicas e universidades (públicas-privadas), que non se difundiron en establecementos comerciais: certificado onde conste o título da revista, as persoas autoras, a data da primeira edición, o número de exemplares, os centros de difusión (centros educativos, centros docentes, institucións culturais, etc.).
No caso de publicacións soamente en formato electrónico, presentarase un informe en que o organismo emisor certifique que a publicación aparece na correspondente base de datos bibliográfica. Neste documento indicarase a base de datos, o título da publicación, as persoas autoras, o ano e a URL.
6.2. Por premios de ámbito autonómico, nacional ou internacional convocados polo Ministerio de Educación ou polas administracións educativas das comunidades autónomas en proxectos de investigación ou innovación no ámbito da educación ou pola participación nestes proxectos: ata 2,5 puntos.
Nesta epígrafe non se valorarán as actividades convocadas pola universidade.
Puntuación específica que se asignará aos méritos baremables por esta epígrafe:
|
Premios
|
1º
|
2º
|
3º
|
Accésit
|
|
Puntuación
|
1
|
0,75
|
0,5
|
0,25
|
A participación nun proxecto de investigación ou innovación valorarase con 0,15 puntos.
No caso de premios compartidos, dividirase polo número de premiados (se non aparece no documento dividirase, polo menos, entre catro).
Para a valoración destes premios e actividades deberanse presentar os documentos xustificativos coas exixencias que se indican a seguir:
A acreditación xustificativa de ter obtido os premios correspondentes, expedida polas entidades convocantes, ou de ter participado nos proxectos de investigación ou innovación expedidos pola Administración educativa correspondente (non por centros docentes).
6.3. Méritos artísticos e literarios: ata 2,5 puntos.
– Por premios en exposicións, en concursos ou en certames de ámbito autonómico, nacional ou internacional:
Con carácter xeral, non se valorarán os premios convocados en ámbitos restrinxidos.
* Por premios en concursos ou en certames literarios de ámbito autonómico, nacional ou internacional:
Puntuación específica que se asignará aos méritos baremables por esta epígrafe:
|
Premios
|
1º
|
2º
|
3º
|
Accésit
|
|
Puntuación
|
1
|
0,75
|
0,5
|
0,25
|
No caso de premios compartidos, dividirase polo número de premiados (se non aparece no documento dividirase, polo menos, entre catro).
* Por premios en exposicións, en concursos ou en certames artísticos:
Puntuación específica que se asignará aos méritos baremables por esta epígrafe:
|
Premios
|
1º
|
2º
|
3º
|
Accésit
|
|
Internacionais
|
1,5
|
1
|
0,5
|
0,25
|
|
Nacionais
|
1
|
0,75
|
0,4
|
0,2
|
|
Autonómicos
|
0,5
|
0,25
|
0,10
|
0,05
|
|
Locais
|
0,25
|
0,15
|
0,05
|
0,025
|
No caso de premios compartidos, dividirase polo número de premiados (se non aparece no documento dividirase, polo menos, entre catro).
Para a valoración destes premios artísticos e literarios deberanse presentar os documentos xustificativos coas exixencias que se indican a seguir:
Certificado da entidade que emite o premio, onde conste o nome da/das persoa/s premiada/s, o seu ámbito e a categoría do premio.
– Por composición estreada como autor ou gravacións con depósito legal:
Puntuación específica que se asignará aos méritos baremables por esta epígrafe:
|
Composicións ou gravacións:
1 autor
coautor
3 autores
4 autores
5 autores
Máis de 5 autores
|
1
0,5
0,4
0,3
0,2
0,1
|
|
Gravacións:
1 intérprete
2 intérpretes
3 intérpretes
4 intérpretes
5 intérpretes
Máis de 5 intérpretes
|
0,5
0,25
0,166
0,125
0,1
0,05
|
Cando unha obra é puntuada como composición non pode ser valorada como gravación. Si é compatible a puntuación de intérprete e autor.
Para a valoración destas composicións e gravacións deberanse presentar os documentos xustificativos coas exixencias que se indican a seguir:
No caso das composicións: certificado ou documento acreditativo en que figure que é a persoa autora e o depósito legal desta. As alegacións valoradas por esta epígrafe non se terán en conta na epígrafe 6.1.
No caso das gravacións: certificado ou documento acreditativo en que figure que é a persoa autora ou intérprete e o depósito legal desta.
– Concertos como director, solista, solista na orquestra ou en agrupacións camerísticas (dúos, tríos, cuartetos...).
Puntuación específica que se asignará aos méritos baremables por esta epígrafe:
|
A/B/C
|
Director, solista,
compositor.
Protagonista
|
Participante en grupos de cámara ou similar (<15 compoñentes).
Actor secundario
|
Integrante de orquestras, bandas, coros, non de cámara.
Actor de elenco/figuración
|
|
Repertorio sinfónico: coro, orquestra, banda.
Obra de teatro de gran formato, zarzuela
(<1,5 h de duración)
|
1 / 0,5 / 0,25
|
0,5 / 0,25 / 0,1
|
0,25 / 0,1 / 0,05
|
|
Outros xéneros:
(flamenco, jazz, etc.)
Pezas breves (0,5-1 h)
|
0,5 /0,25 / 0,1
|
0,25 / 0,1 / 0,05
|
0,1 / 0,05 / 0,025
|
|
Música lixeira, rock, etc.
Lectura dramatizada, recital de poemas, etc.
|
0,25 / 0,1 / 0,05
|
0,1 / 0,05 / 0,025
|
0,05 / 0,025 / 0,01
|
A: primeira categoría: concerto de importancia internacional.
B: segunda categoría: importancia nacional.
C: terceira categoría: importancia autonómica.
A puntuación dividirase polo número de directores e solistas.
Para a valoración destes concertos ou obras deberanse presentar os documentos xustificativos coas exixencias que se indican a seguir:
No caso de concertos: programas onde conste a participación da persoa interesada e a certificación da entidade organizadora, onde conste a realización do concerto e a participación como persoa directora, solista ou solista con orquestra/grupo.
No caso das obras: programas onde conste a participación da persoa interesada e da certificación da entidade organizadora, onde conste a realización da obra e a participación como protagonista, actor/actriz secundario/a ou actor/actriz de elenco/figuración.
– Por exposicións individuais ou colectivas:
Puntuación específica que se asignará aos méritos baremables por esta epígrafe:
|
Exposición individual: 2,5 puntos
|
|
Exposición de obra seleccionada en concursos (certificación):
|
|
– Internacionais:
– Nacionais:
– Autonómicas:
|
0,5
0,25
0,125
|
|
Esta puntuación é incompatible con premios en exposicións.
|
|
Exposición colectiva: =0,5/número de artistas
|
Mínimo: 0,025
|
Para a valoración destas exposicións deberanse presentar os documentos xustificativos coas exixencias que se indican a seguir:
Programas onde conste a participación da persoa interesada e a certificación da entidade organizadora (museos, fundacións, administracións). Nos concursos, o certificado onde se especifique a concesión deste.
ANEXO XX
Criterios de valoración da epígrafe 4.1 do concurso de traslados
4.1. Publicacións: ata 5 puntos.
Por publicacións de carácter didáctico e científico sobre disciplinas obxecto do concurso ou directamente relacionadas con aspectos xerais do currículo ou coa organización escolar.
Aquelas publicacións que, estando obrigadas a consignar o ISBN, en virtude do disposto polo Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, modificado polo Real decreto 2063/2008, do 12 de decembro ou, se é o caso, o ISSN ou o ISMN, carezan deles, non serán valoradas, así como aquelas en que o/a autor/a sexa o seu editor/a.
Non se baremarán as publicacións que constitúan programacións didácticas, temarios de oposicións, traballo de materias de carreira, máster ou doutoramento, edicións de centros docentes e de formación do profesorado, publicacións de prensa nin artigos de opinión.
Con carácter xeral valoraranse exemplares publicados por unha empresa editorial ou organismos de prestixio que aseguren a aplicación de filtros de calidade.
Unha publicación só será valorada nunha das súas edicións.
Puntuación específica que se asignará aos méritos baremables por esta epígrafe:
|
Recensións e colaboracións en revistas, libros, etc., así como a impresión de folletos, programas, etc.:
1 autor ou colaborador
2 autores ou colaboradores
Máis de 2 autores ou colaboradores
|
0,025
0,0125
0,00625
|
|
Tradución dunha revista:
Autor
2 autores
Máis de 2 autores
|
0,1
0,05
0,025
|
|
Tradución ou ilustración dun libro:
1 tradutor ou ilustrador
2 tradutores ou ilustradores
3 tradutores ou ilustradores
4 tradutores ou ilustradores
5 tradutores ou ilustradores
Máis de 5 de tradutores
|
0,5
0,25
0,166
0,125
0,1
0,05
|
|
Revistas nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):
Autor
2 autores
3 ou máis autores
|
0,2
0,1
0,05
|
|
Libros nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):
Autor
2 autores
3 autores
4 autores
5 autores
Máis de 5 autores
|
1
0,5
0,4
0,3
0,2
0,1
|
Para a valoración destas publicacións deberanse presentar os documentos xustificativos coas exixencias que se indican a seguir:
– No caso de libros, a seguinte documentación:
* A portada e a contraportada do libro, o certificado da editorial onde conste o título do libro, as persoas autoras, o ISBN, o depósito legal e a data da primeira edición, o número de exemplares e que a difusión destes foi en librarías comerciais.
En relación cos libros editados por administracións públicas e universidades (públicas-privadas) que non se difundiron en librarías comerciais: a portada e a contraportada do libro, o título do libro, as persoas autoras, a data da primeira edición, o número de exemplares, os centros de difusión (centros educativos, centros docentes, institucións culturais, etc.).
Para o caso de que a editorial ou asociación desaparecese, os datos requiridos neste certificado terán que xustificarse por calquera medio de proba admisible en dereito.
– No caso de revistas, a seguinte documentación:
* A portada e a contraportada da revista, o certificado en que conste o número de exemplares, os lugares de distribución e venda, a asociación científica ou didáctica, legalmente constituída, a que pertence a revista, o título da publicación, as persoas autoras, o ISSN ou o ISMN, o depósito legal e a data de edición.
En relación coas revistas editadas por administracións públicas e universidades (públicas-privadas), que non se difundiron en establecementos comerciais: o certificado onde conste o título da revista, as persoas autoras, a data da primeira edición, o número de exemplares, os centros de difusión (centros educativos, centros docentes, institucións culturais, etc.).
Para o caso de publicacións soamente en formato electrónico, presentarase un informe en que o organismo emisor certifique que a publicación aparece na correspondente base de datos bibliográfica. Neste documento indicarase a base de datos, o título da publicación, as persoas autoras, o ano e a URL.