DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 7 de novembro de 2025 Páx. 57907

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 23 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se lles notifica aos interesados a constitución do depósito de pagamento do prezo xusto polas afectacións derivadas da construción dunha instalación eléctrica no concello do Pereiro de Aguiar (expediente IN407A 2022/153-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio cítanse os titulares dos predios relacionados no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ser posible a notificación prevista na citada norma, da constitución, por parte da empresa beneficiaria, dos depósitos de pagamento do prezo xusto acordado mediante a Resolución do Xurado de Expropiación de Galicia e os xuros de demora, relativos ás afectacións derivadas da construción da instalación eléctrica denominada LMT, CTC e RBT O Roupeiro, situada no concello do Pereiro de Aguiar.

As persoas titulares ou os seus representantes deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do BOE, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Na comparecencia terán que presentar unha copia do seu DNI/NIF, a documentación que os acredite como titulares dos predios afectados e unha certificación de titularidade da conta bancaria onde se lles ingresará a cantidade correspondente ao depósito constituído ao seu favor. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Ourense, 23 de outubro de 2025

A directora territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 140/2024, artigo 40.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Industria de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/153-3.

Instalación: LMT, CTC e RBT O Roupeiro.

Concello: O Pereiro de Aguiar.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Data do depósito

1

Prados

32059A094002290000OQ

Herdeiros de Antonio Armada

20 de outubro de 2025