DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 7 de novembro de 2025 Páx. 57952

VI. Anuncios

b) Administración local

Consello Municipal de Deportes de Ourense

ANUNCIO da convocatoria para a provisión, mediante concurso específico, do posto de xefe/a da Administración (expediente 705/2025).

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 210, do 31 de outubro de 2025, publicáronse integramente as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, mediante concurso específico, do posto de xefe/a da Administración do Consello Municipal de Deportes de Ourense.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

O que se fai público para os efectos oportunos e en cumprimento do artigo 205 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Ourense, 3 de novembro de 2025

Aníbal Pereira Novoa
Presidente do Consello Municipal de Deportes de Ourense