DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 7 de novembro de 2025 Páx. 57951

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo dunha praza de alguacil da oferta de emprego público de 2024.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 246, do 25.10.2025, publicáronse integramente as bases do proceso selectivo para a cobertura, como funcionario de carreira, dunha praza de alguacil, escala de Administración xeral, subescala subalterna, grupo E, polo sistema de concurso-oposición pola quenda libre, incluída na oferta de emprego público do Concello de Sarria do ano 2024.

De conformidade co disposto nas citadas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica da páxina web municipal: https://sarria.sedelectronica.es

Sarria, 27 de outubro de 2025

Claudio Melquiades Garrido Martínez
Alcalde