DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 10 de novembro de 2025 Páx. 58153

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 4 de novembro de 2025 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado da senda na PO-313, treito Cadro-Cadrelo (Marín), de clave PO/24/113.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto; actuación susceptible de ser cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

A Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, recolle no seu artigo 6.2 aqueles elementos que teñen a consideración de elementos funcionais da estrada, entre os cales se atopan os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas. Así mesmo, o Consello da Xunta de Galicia aprobou o 6 de maio de 2024 a Estratexia galega de mobilidade, cuxo obxectivo é analizar e planificar en todo o seu conxunto a mobilidade na Comunidade Autónoma de Galicia e adaptala aos retos da sociedade do futuro en materia de mobilidade sostible.

Mediante a resolución da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas do 28 de outubro de 2025 aprobouse provisionalmente o proxecto referido, que se tramitará segundo o disposto na Lei 8/2013 e no Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto de trazado de senda na PO-313, treito Cadro-Cadrelo (Marín), de clave PO/24/113.06, no concello de Marín (Pontevedra), para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, por escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, de ser o caso, de acordo co disposto no artigo 21.1 da Lei 8/2013 e no artigo 50 do Decreto 66/2016.

Segundo. Someter ao tramite de información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito a rectificación dos posibles erros da relación publicada ou opoñerse á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos aos da relación para o fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Terceiro. Do mesmo xeito, sométese o presente proxecto á información pública para os efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.

Cuarto. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación do proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas, no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, na Casa do Concello de Marín; e na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, onde tamén se atopa un extracto do documento cos obxectivos, a localización e descrición da actuación:

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/informacion-publica/estudos

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2025

María Deza Martínez
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Senda na PO-313, treito Cadro-Cadrelo (Marín)

Clave PO/24/113.06

Concello de Marín

Referencia catastral

Polígono

Parcela

Titular

NIF

Sit. básica do solo

(RDL 7/2015)

Expropiación

Ocupación

temporal

Bens afectados

Cant.

Ud.

Descrición

1

36026A013002320000LB

13

232

Francisco Acuña Novegil

***0369**

Rural

2,50

2

36026A013002310000LA

13

231

Emilio Acuña Piñeiro

---

Rural

9,88

3

36026A013001990000LB

13

199

Francisco Acuña Novegil

***0369**

Rural

9,62

4

36026A020000030000LU

20

3

Isaura Pastoriza Lafuente

***3523**

Rural

39,17

5

36026A020001090000LL

20

109

Josefa Soage Acuña

***6829**

Rural

16,40

7

m2

Construción

Susana Boullosa Soage

***9695**

Josefa Boullosa Soage

***9787**

Eva Boullosa Soage

***9787**

6

36026A020001100001BW

20

110

Francisco Sobral Souto

***8106**

Urbanizado

1,50

7

36026A020001110001BA

20

111

Aurelia Piñeiro Nogueira

---

Urbanizado

6,83

8

36026A020001120001BB

20

112

Francisco Sobral Souto

***8106**

Urbanizado

2,70

9

36026A020001200000LK

20

120

Francisco Sobral Souto

***8106**

Rural

15,87