En sesión que tivo lugar o 24 de outubro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 25 de abril de 2025 (DOG núm. 83, do 2 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado mediante a Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro),
ACORDOU:
Primeiro. Declarar exentas da realización do terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo a todas as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio por teren acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, ao abeiro do previsto na base II.1.1.3 da resolución de convocatoria.
Segundo. Declarar finalizada a fase de oposición do proceso selectivo.
Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da resolución de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2025
Verónica Tellado Barcia
Presidenta do tribunal
