En sesión que tivo lugar o 23 de outubro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 25 de abril de 2025 (DOG núm. 83, do 2 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría agronómica, convocado mediante a Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro),
ACORDOU:
Primeiro. Desestimar a única alegación presentada contra a Resolución do 1 de outubro de 2025, pola que se deu publicidade ás puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron ao segundo exercicio do proceso selectivo.
Segundo. Declarar exentas da realización do terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo todas as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio, por teren acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, ao abeiro do previsto na base II.1.1.3 da resolución de convocatoria.
Terceiro. Declarar finalizada a fase de oposición do proceso selectivo.
Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da resolución de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2025
Verónica Tellado Barcia
Presidenta do tribunal
