Na sesión que tivo lugar o 21 de outubro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de novembro de 2024 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 222, do 22 de novembro),
ACORDOU:
Primeiro. Desestimar a totalidade das alegacións presentadas contra a Resolución do 22 de xullo de 2025 (DOG núm. 145, do 31 de xullo), pola que se lle deu publicidade, entre outros acordos, ás puntuacións obtidas polas persoas aspirantes ao segundo exercicio do proceso selectivo, segundo o establecido na base II.1.1.2 da convocatoria.
Segundo. Declarar exentas da realización do terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo todas as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio, por teren acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, ao abeiro do previsto na base II.1.1.3 da resolución de convocatoria.
Terceiro. Declarar finalizada a fase de oposición do proceso selectivo.
Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da resolución de convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2025
Alfonso García Magariños
Presidente do tribunal
